9
Concha Blanco Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Concha Blanco naceu en Lires (Cee) no ano 1950. Tras os seus estudos de Maxisterio exerceu sempre pola zona de Cee (Ézaro, Brens, Muxía...). Como escritora destaca polo seu labor en literatura infanto-xuvenil con obras como Andrómenas (1989), Catuxa quere saber (2012) ou a última titulada Cos ollos do avó (2014). Outras obras narrativas súas son Berta non soubo voar (1995), Coa carauta posta (2009)... Tamén participou na elaboración de diferentes libros de texto. viernes 4 de abril de 2014

Concha Blanco

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Entrevista feita polos alumnos de Literatura Galega do século XX e da actualidade a Carmen Blanco.

Citation preview

Page 1: Concha Blanco

Concha Blanco

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Concha Blanco naceu en Lires (Cee) no ano 1950. Tras os seus estudos de Maxisterio exerceu sempre pola zona de Cee (Ézaro, Brens, Muxía...). Como escritora destaca polo seu labor en literatura infanto-xuvenil con obras como Andrómenas (1989), Catuxa quere saber (2012) ou a última titulada Cos ollos do avó (2014). Outras obras narrativas súas son Berta non soubo voar (1995), Coa carauta posta (2009)... Tamén participou na elaboración de diferentes libros de texto.

viernes 4 de abril de 2014

Page 2: Concha Blanco

Si. O das tres “B” puido ser terrible, aínda que imaxino que lle sacaría algo bo que minimizase os efectos.

O sitio no que naces non o elixe un, o mesmo que ocorre coa familia, e nos dous casos inflúen moito na persoa (amais doutras cousas, por suposto). Eu fun afortunada. Lires, naquela década dos 50, era un lugar illado, tanto que nin había estrada de acceso a el, iso chegou máis tarde, pero dotado dun encanto e unha beleza especiais. Quizais por iso a veciñanza era tremendamente unida e no tocante á rapazada, eramos tantos que cada día era unha festa, aínda que se colaborase no traballo dos grandes, pero tiñamos tempo para todo. Todo iso fixo que en min se asentase a solidariedade, a empatía e a non esquecer nunca de onde vin nin onde están as miñas raíces.

Concha Blanco

1. Comezos daqueles anos 50, unha cativa nace ao pé dunha ría máxica que aparece e desaparece e case pasa á historia cos tres “B”... Que lembranzas ten daqueles primeiros anos de vida e como marcaron á futura Concha Blanco a nivel persoal?

2. Se as circunstancias de xuventude soen marcar fondamente ás persoas, que circunstancias puideron marcar á futura obra literaria de Concha Blanco? Cantas veces tivo que abrir a porta da súa gaiola -igual que ocorre en Nano- para dar vida aos seus personaxes?

Eu, xa moi noviña, con só 20 anos, comecei a miña docencia por varias localidades (Nemiña, O Ézaro, Brens, Dumbría e Cee), primeiro en escolas con alumnado moi variado e de todos os niveis e logo, os 13 últimos anos nun Instituto, con adolescentes. Foron 40 anos de docencia, onde recibín e vin todo tipo de situacións, nas que podía constatar como as circunstancias da vida trataban de forma tan diferente a uns e a outros. Esas vivencias dos discentes ás veces facíalas túas e comprometíaste na procura dunha mellora para ese alumno ou alumna que o estaba pasando mal. Por iso, como as levabas dentro, afloraron e seguen aflorando na miña obra literaria. Os meus dous primeiros libros, Cousiñas para a escola e Contos para a escola foron especialmente feitos para o meu alumnado da Escola de Dumbría, co que pasei 6 anos e no 1º os protagonistas son aqueles nenos e nenas da miña escola aos que eu suplantaba para contar, en primeira persoa, as súas propias cousas cotiás. Eses traballos foron feitos sen pensar que nun futuro próximo se converterían en libros. Esa foi outra historia. No caso de Nano, como en tantos outros títulos, eu trataba temas que coñecía de cerca, a homosexualidade, alcolismo, emigración …

viernes 4 de abril de 2014

Page 3: Concha Blanco

Pois certamente desde o principio non fun consciente, pois dedicábaste a preparar os contidos da materia para examináreste deles e superar a proba. Tampouco había quen te aleccionase sobre o que pasaba arredor da lingua, por exemplo, e foi cando rematada a carreira pola túa conta ías descubrindo que había unha historia “por descubrir” (redundancia provocada). A nosa historia, da que ninguén che falara, e na procura de libros que tocaban a triste realidade social, outros cos que dabas ao chou e parolas con algúns compañeiros e compañeiras de profesión. E, sobre todo, a vida do meu alumnado do rural no que moitos se consideraban inferiores por ser da aldea e falar o galego. Coma se iso fose un estigma de nacemento. Así que…Había que poñerse a traballar sobre as actitudes!

Superado na actualidade? Non totalmente, pero si que se mellorou. Podería poñer ducias de exemplos.

Concha Blanco

4. Foi consciente Vostede desde a súa primeira toma en contacto coa pedagoxía das eivas que esta especialidade tiña con respecto a Galiza e ao noso idioma, algo que a levou a traballar arreo nesta especialidade? Están superadas estas circunstancias na actualidade?

3. A comezos dos anos sesenta vaise estudar para o Ferrol e a finais a Santiago para facer a carreira de Maxisterio. Que supuxeron estas dúas cidades un tanto dispares (industria/cultura) para Vostede? Sabemos que Santiago é para Vostede algo semellante á Ría de Lires no que á maxia se refire. Que lembra daquela sociedade compostelá tan convulta de fins do franquismo?

Moi diferentes estas dúas cidades. Certo. Con 10 anos aparecín en Ferrol (a razón de miña nai elixir esa cidade foi porque miña tía ao casar, vivía alí). Unha cidade con moita xente de fóra polo que á vida militar se refería. As clases sociais eran notorias. E a lingua? De galego nada. Entón non quedaba outra, se querías sobrevivir, que facer tradución simultánea (mental – verbal). A familia presentoume unhas rapazas da mesma rúa e pronto me adaptei. Teño que dicir que foi alí onde me cambiaron o nome. En serio. A min preguntáronme “Cómo te llamas? E eu coa miña timidez disimulada: “Mª Concepción” “Entonces eres Conchy”, e non me atrevín a dicir que na miña aldea todos me chamaban “Marujiña”. A verdade é que aínda teño moi boas amizades daquela época e fun moi ben acollida. Elas seguen a me chamar “Conchy”. En Santiago era outro mundo. Estabas como máis na casa. O ambiente non tiña nada que ver co de Ferrol. Escoitabas falar galego e falábalo como a cousa máis normal. Pero a verdade é que vivía alí con miña nai e tampouco tiña esa liberdade que che dá o compartir piso con outros estudantes. Aínda así lembro as manifestacións nas que nalgunha tiven que correr sen estar nela. Pero o que non esquezo son aquelas sesións de estudo no Bar Azul con outra xente, sobre todo preparando Oposicións.

viernes 4 de abril de 2014

Page 4: Concha Blanco

5. Que supuxo para Vostede ter a sorte de impartir clase sempre na súa zona de nacemento? Supuxo este feito unha maior implicación co ensino e cos ensinados?

Nunca pensara nisto, pero coido que o feito de estar sempre na miña zona impartindo a docencia non supuxo ningún cambio meu de comportamento nin de implicación. Eu seguiría facendo o mesmo nos Ancares ou na Guarda. Pero unha sorte si foi porque estaba arredor da miña xente e as distancias daquela eran distancias e non as de agora. Cando eu estudaba en Ferrol para vir á casa a Lires precisaba todo un día. É máis doado ir agora a Madrid. Pero tamén tiña a outra parte, que ao seres da zona, coñecíante e sempre estabas máis cuestionada e condicionada.

6. O seu primeiro contacto coa literatura foi xa de nena (O gato con botas). Foi por isto que a súa literatura é practicamente toda adicada a estas idades?

Ai, El gato con botas! Que lembranzas! A mestra Dna. Rosita foi quen mo regalou. O primeiro libro de meu. Líao e relíao. Sabíao de memoria.O de que a miña maior parte da obra sexa máis ben para a xente miúda, foi porque o alumnado co que eu traballaba era desas idades, logo xa no Instituto xa naceron Nano e algún outro título para maiores. Pódese dicir que o alumnado era quen me facía chegar os temas. De calquera detalle podía saltar a chispa para un novo tema, para unha nova historia.

Supón que unha educadora, coma no meu caso, ten o mundo dos cativos máis explorado. Coñéceo porque realmente tamén forma parte del e entón xogas con vantaxe.

En canto á imaxinación non ten por que ser máis nin menos, pero si que che permite moitas variantes pois a ficción non ten límites e na literatura para pequenos cabe de todo sempre que sexa ben feito, porque os rapaces son moi listos.

7. Que supón para unha educadora, para unha persoa adulta, o se mergullar no mundo dos máis cativos para escribir? Cómpre máis imaxinación que ante unha obra máis adulta?

Concha Blanco

viernes 4 de abril de 2014

Page 5: Concha Blanco

8. O que máis lle gusta a Vostede é “soñar”. Até que punto a maior parte das súas obras son froito deses soños? Que soño(s) lle gustaría cumprir?

Nos soños está a graza da vida. Deixar de soñar dáme un pouco de medo. Entendo os soños no sentido de ter ilusión por algo, que desde logo non ten por que ser material. Confórmome con cumprir o soño de non deixar nunca de soñar.

9. Tamén fixo Vostede incursións na prensa escrita. Que tivo que ocorrer para que o noso idioma perdese un tan importante espazo na prensa escrita que acadara nos anos oitenta, noventa...? Poderase volver a ocupar este espazo ou ben abonda con que aumente a súa presenza na prensa virtual?

Pois que se dese unha Normalización Lingüística real, acabando coa diglosia, co autoodio e con tantas actitudes negativas cara á nosa lingua. Non sei se se conseguirá. A min gustaríame velo.

10. Até que punto empregou a pedagoxía para se mergullar no seu mundo literario? Pensou algunha vez á hora de escribir que o obxectivo final desa obra fose educar ademais de entreter?

É difícil separar a profesión da obra que fas. A miña intención non é que o obxectivo final sexa educar, pero se amais de entreter, forma… non ten por que molestar.

11. Nas súas obras tamén apareceu o mundo da emigración (Quero que veñan meus pais). Que pensa Vostede deste mundo actual onde a nosa xuventude ten que revivir esa experiencia?

Unha pena. Xente tan formada ten que buscar fóra un posto de traballo, porque a situación no país está como está. E hai que vivir, hai que comer, hai que realizarse. Con todo, grazas a esa formación, os novos emigrantes non han pasar, iso espero, o que os da emigración da que eu falo pasaron. E non só os que se ían senón tamén os que quedaban. Cantas viúvas de vivos aguantaron os efectos da emigración transoceánica nos anos 50 – 60 …

Concha Blanco

viernes 4 de abril de 2014

Page 6: Concha Blanco

Concha Blanco

12. Vostede é amante das “luces” e danlle “arrepíos” as sombras. Como conseguirmos que os cativos ollen esta vida, esta sociedade, con luces -que a fin de contas son as que producen as sombras- e sen sombras?

Que profunda esta pregunta/reflexión!Metendo a cabeza debaixo da terra desde logo que non é o propio. Coa loita podemos conseguir esa luz e arremeter contra as sombras. Caer e levantarse ata conseguir manterse en pé.

13. Cre Vostede, que é unha persoa experimentada neste ámbito, que deberían de existir máis certames literarios para o público máis xove?

Quizais máis ca certames literarios onde non sempre gañan os mellores traballos (cuestión de gustos) houbese máis soportes nos que poder expoñer as creacións dos máis novos. Ver a túa obra publicada nunha revista, nun blog, nun xornal… é fermoso e sobre todo moi motivador. Iso habería que traballalo máis, nos colexios, nos institutos, pero o de sempre: non hai tempo. Canto me sorprende esta entrevista en 2º de Bacharelato, curso que estresa e pasa coma un lóstrego pola vida destes estudantes (e dos seus profesores tamén).

14. Que pensa cando ve un novo neto literario (obras de María Canosa), vostede que xa ten unha familia moi numerosa?

Ha ha ha! Dáme moita alegría. Quero pensar e crer que algo tiven que ver na afección dela á literatura. Sei que con esa dedicación nunca se vai aburrir.

15. A maior parte das súas obras literarias son ilustradas. Por que cre que este detalle pasa moi desapercibido para a maior parte da literatura infanto-xuvenil?

Supoño que lle dan máis importancia ao texto que á imaxe e, no caso de textos para os máis pequenos, é un erro total. Hai imaxes que elas soas crearían unha fantástica historia sen necesidade de ningunha verba de apoio.

viernes 4 de abril de 2014

Page 7: Concha Blanco

CUESTIONARIO

Retrato de Concha Blanco realizado por:

Andrea Rodríguez Eiras, alumna do MGB

viernes 4 de abril de 2014

Page 8: Concha Blanco

A Torre de

Hércules

Un monumento

salientábel?

Autor, Castelao. Obra,

Memorias dun neno

labrego.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Concepción Arenal e Kennedy

Un personaxe galego e un estranxeiro?

E. Hem

ingway. El viejo

y el mar.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiro

s?

Sara (da miña obra SARA)

Un personaxe literario co que se

identifique?

Cadena perpetua

Unha película de cine?

Inspíranme momentos, sensacións, paisaxes, colores, formas … pero teño que confesar que non sempre é a inspiración a que chega a min;

son eu quen vou moitas veces na súa procura.

Cal é a súa fonte de inspiración

Bicos con LinguaUnha obra teatral?

viernes 4 de abril de 2014

Page 9: Concha Blanco

É persoal. Prefiro non

publicalo.Un anceio por rea

lizar?

Necesito cambiar. Sempre o mesmo

angústiame.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Volvería a Roma. Para descansar, calquera curruncho que me proporcionase tranquilidade e tivese diferentes opcións para elixir. Hai moitos preto de nós, por sorte.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A evacuación polo

embarrancamento

do Cason

Un feito histórico?

Que se acabe o paro

XA.

Unha utopía?

O sofá do salón da miña casa.

Un lugar axeitado para a lectura?

En función do estado de ánimo podo cambiar. Canción: Dos gardenias para ti.

Un tipo de música? Unha canción?

Non me identifico con ninguén, sinceramente.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Escoitar a radio polas mañás

Outro entretemento ademais da lectura?

viernes 4 de abril de 2014