Download pdf - Amieira (Alnus glutinosa)

Transcript

Amieiraameneiro

(Alnus glutinosa)alisoalderaulne

amieiro

CLASEAnxiospermasORDEFagalesFAMILIABetuláceas

COPA alta e regular, cónica nos exemplares novos e tendendo a esférica nos máis vellos. Pode acadar os 25 m de altura.

Árbore orixinaria do norte de África, Europa e sudeste de Asia. Abonda en toda a Galiza nas zonas de pouca altitude, á beira dos ríos, onde forma bosques de ribeira e nas zonas lamacentas.

TALOO toro é recto, ramificado frecuentemente desde a base. A tona é de cor gris a parda e nos exemplares máis vellos case negra e dividida en anchas placas.

FOLLASCaedizas, simples, de forma redondeada de ata 10 cm de lonxitude, coa beira dentada, de cor verde escura e lustrosa polo dereito. As follas novas son visguentas e douradas.

FLORESUnisexuais, nacen, agrupados en acios, no mesmo pé. As masculinas son de cor castaña-crara, teñen catro estames rodeados de catro sépalos formando amentos longos. As femininas son espidas e forman pequenos amentos globosos de cor vermella.Aparecen no veran, permanecen durante o inverno e maduran de febreiro a marzo

FROITOS Aquenios protexidos por un envoltorio seco e leñoso que semella unha pequena piña (pseudoestóbilo), de cor negra cando madura.

CICLO ANUAL-AMIEIRA

Folla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

As amieiras teñen unha gran importancia ecolóxica. Son un elemento importante dos bosques de ribeira, descontaminantes das augas e protectores das beiras dos ríos.As súas raíces teñen unhas bacterias asociadas (Frankia alni) que lle axudan a fixar nitróxeno atmosférico.

A Fervenza (O Corgo, Lugo)

Unha amieira de 4,85 m de perímetro víctima dos fungos.

Desde hai uns anos as amieiras están a padecer unha agresiva praga de fungos, especialmente o Phytophttora alni, que está matando árbores por toda a cunca do Miño-Sil, no Eume, no encoro de Cecebre... co conseguinte efecto ecolóxico sobre as ribeiras e as augas dos ríos.

Phytophttora alni

Amieiras mortas na ribeiras do Miño en Lugo.

Os Vaos (A Fonsagrada), á beira do río RodilVarias amieiras: 4,60 e 4, 10 m de perímetro.

San Sadurniño, á beira do río Grande de Xuvia

Meis, á beira do rego da ArmenteiraMonforte de Lemos

Parque de Castrelos (Vigo)

-2,75 m de perímetro.

A Fervenza (O Corgo, Lugo)

-3,76 m de perímetro.

USOSA madeira de amieira é resistente á podremia e emprégase para facer pontes e muíños. Úsase tamén en ebanistería, para facer torneados, zocos e outros obxectos pequenos. A cinza úsouse para fabricar pólvora e a tona en curtiduría.En medicina popular úsanse as follas para sandar os pés doentes ou retirar o leite da muller que cría, e a tona para endurecer as enxivas e fixar os dentes, e para a dor de gorxa.

CANTIGAS POPULARES

Glorioso San Sebastiánfeito de pau de ameneiro,primo carnal dos meus zocos,curmán do meu tabaqueiro.

Santo San Bras de Vianafeito de pau de amieiro, irmán das miñas zamancasfeitas no mes de xaneiro.

Salgueiro prende de ponla,ameneiro de raíz,amores que foron doutranon servides para min.

... Agora o cuco de abril,en que altos amieiroscucará abriles sin fin?

Aquilino Iglesias Alvariño “Nenias”

“A nosa voz, na soledá perdida,morrerá sen deixar xiquera ise ecoque a brisa melencónica do outonodeixa na copa azul dos ameneiros”...

Manuel Curros Enríquez. “Aires da miña terra”

MONTAXE e FOTOS Adela Leiro, Mon Daporta

Marzo 2015


Recommended