24
TRABALLO DE VIVEIROS PRODUCIÓN DE PLANTA NO VIVEIRO O REGO (Cambre) Módulo: Xestión e organización da producción de planta Curso: 2010-2011 Alumno: Jesús Manuel Sánchez Sánchez

Viveiro O Rego

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Traballo sobre viveiros de XOPPL

Citation preview

Page 1: Viveiro O Rego

TRABALLO DE VIVEIROS

PRODUCIÓN DE PLANTA NO VIVEIRO

O REGO (Cambre)

Módulo: Xestión e organización da producción de planta

Curso: 2010-2011

Alumno: Jesús Manuel Sánchez Sánchez

Page 2: Viveiro O Rego

DESCRICIÓN SEGÚN GUIÓN

Situación

A Pena 21 15.660 Cambre (A Coruña)

Coordenadas UTM

Huso 29 X: 553420,60 Y: 4791896,31

Propiedade

Privada individual

Historia

Comezo da actividade no ano 1993, coa produción de pseudotsuga e piñeiros das especies pinaster e radiata.

Un ano máis tarde, a súa propietaria promove xunto con un reducido grupo de viveiristas a constitución da Asociación de viveiros forestais de Galicia Vifoga

http://vifoga.org/

No ano 1996 da comezo a produción das cepas nai de castiñeiro híbrido, converténdose pronto na principal actividade deste viveiro.

Page 3: Viveiro O Rego

Tipo de viveiro

Por destino das plantas: comercial

Por forma de venda: principalmente de produción (ao por maior)

Por idade das plantas: de multiplicación (semente e acodo)

Por grao de especialización: forestal especializado

Por forma de produción: en envase e a raíz núa

Dimensións. Croquis

Primeiro término, cultivo en bandexa, ao fondo plantas nai

Page 4: Viveiro O Rego

Catálogo de especies

Coníferas Frondosas

Piñeiro pinaster Castiñeiro híbrido

Pseudotsuga ou abeto Douglas Ameneiro

Sequoia Bidueiro

Esquemas de produción

a) Reprodución por semente

A excepción do castiñeiro, a multiplicación realízase por sementeira en bandexa, na que se finaliza o cultivo.

Parcelas de cultivo en bandexa forestal

Page 5: Viveiro O Rego

Pinus pinaster

Producción de 50.000 plantas en bandexa forestal

Mes X F M A Mi Xñ Xl Ag S O N D

1º ano

2º ano

Sementeira

Durante o mes de xuño

Procedencia Noroeste litoral

Semente certificada procedente do Sequeiro de Carballo (Xunta de Galicia)

Certificación de semente libre do fungo Fusarium

Sustrato a base de toxo compostado, turba rubia e vermiculita

Bandexa PS-60/150

Cultivo

Entre a xerminación e o inverno

Tratamentos preventivos contra fungos e vermes

Rega por microaspersión entre xuño e setembro (a demanda)

Desherbado manual

Bandexa sobreelevada (20 cm)

Venda

Etiqueta de semente de procedencia identificada Bandexa PS

Page 6: Viveiro O Rego

Pseudotsuga menziesii Producción de 125.000 plantas en bandexa forestal

Mes X F M A Mi Xñ Xl Ag S O N D

1º ano

2º ano

Sementeira

Durante o mes de abril

Procedencia Washington 422

Sustrato a base de toxo compostado, turba rubia e vermiculita

Bandexa Forest-pot

Cultivo

Entre a xerminación e o outono

Tratamentos preventivos contra fungos e vermes

Rega por microaspersión entre abril e setembro (a demanda)

Desherbado manual

Bandexa sobreelevada (según pata)

Venda

Partida de pseudotsuga lista para entrega

Page 7: Viveiro O Rego

Sequoia sempervirens Producción de 15.000 plantas en bandexa forestal

Mes X F M A Mi Xñ Xl Ag S O N D

1º ano

2º ano

Sementeira

Durante o mes de abril

Procedencia California

Sustrato a base de toxo compostado, turba rubia e vermiculita

Bandexa Forest-pot

Cultivo

Entre a xerminación e o outono

Tratamentos preventivos contra fungos e vermes

Rega por microaspersión entre abril e setembro (a demanda)

Desherbado manual

Bandexa sobreelevada (según pata)

Venda

Partida de sequoia lista para entrega

Page 8: Viveiro O Rego

Betula pubescens Producción de 35.000 plantas en bandexa forestal

Mes X F M A Mi Xñ Xl Ag S O N D

1º ano

2º ano

Sementeira

Durante o mes de abril

Procedencia Galicia - Montañas e mesetas interiores

Semente certificada procedente do Sequeiro de Carballo (Xunta de Galicia)

Sementeira en camas de semillado (terreo)

Trasplante/repicado

Durante os meses de maio e xuño, despois de agromar

Trasplante manual a bandexa forestal

Sustrato a base de toxo compostado, turba rubia e vermiculita

Bandexa Forest-pot 200

Cultivo

Entre o trasplante e a caída da folla

Tratamento preventivo contra royas, a base de cobre

Rega por microaspersión no verán

Desherbado manual

Bandexa sobreelevada (según pata)

Venda

Bandexas de bidueiro na zona de cultivo

Page 9: Viveiro O Rego

Alnus glutinosa Producción de 10.000 plantas en bandexa forestal

Mes X F M A Mi Xñ Xl Ag S O N D

1º ano

2º ano

Sementeira

Durante o mes de abril

Procedencia Galicia - Montañas y mesetas interiores

Semente certificada procedente do Sequeiro de Carballo (Xunta de Galicia)

Sementeira en camas de semillado (terreo)

Trasplante/repicado

Durante os meses de maio e xuño, despois de agromar

Trasplante manual a bandexa forestal

Sustrato a base de toxo compostado, turba rubia e vermiculita

Bandexa Forest-pot 200

Cultivo

Entre o trasplante e a caída da folla

Tratamento preventivo contra royas, a base de cobre

Rega por microaspersión no verán

Desherbado manual

Bandexa sobreelevada (según pata)

Venda

Bandexas de ameneiro na zona de cultivo

Page 10: Viveiro O Rego

b) Reprodución por acodo baixo

Multiplicación vexetativa de castiñeiro híbrido por acodo baixo sobre plantas nai de Castanea crenata x Castanea sativa inscritas no

rexistro de materiais de base de castiñeiro para a produción de madeira (RD 289/2003).

Inverno, despois da extracción dos brotes enraizados

Mantemento das cepas mediante limpeza da terra e corte das raíces adventicias (barbas)

Febreiro, despois do período de xeadas

Tratamento preventivo a base de cobre sobre cepas limpas

Marzo - abril

Fertilización arredor das cepas con abono mineral composto rico en fósforo

Fresado superficial con rotovator ao longo das calles para desmiuzar a terra

Maio - xuño, en canto os novos brotes superan os 20 cm. de altura

Limpeza das follas dos brotes ata media altura

Anelado na base dos brotes, con arame

Raspado basal en dous lados opostos, por encima do anelado

Hormonado con AIB + ANA en excipiente pastoso a base de talco e mel

Primeiro aporcado, mecanizado, mediante apertura de suco con arado de vertedeira a 20 cm. da cepa, por ambos lados da mesma

O remate do aporcado e acondicionamento final de cada cepa realízase manualmente

Verán

Mantemento ordinario consistente en repasar o aporcado despois de chuvias fortes e podas en verde dos brotes

Novembro, á caída da folla

Descalce das cepas, corte dos brotes á altura do anelado e clasificación dos barbados en función de:

Clon

Tamaños

Calidade da raíz

O material xeralmente é comercializado de inmediato tras a súa clasificación, podendo aviveirarse unha pequena porcentaxe do clasificado en certos días.

Entre aqueles barbados que non superan os requisitos de calidade establecidos na clasificación, obtarase por:

o Trasplante en feixes clasificados e mantemento nunha zona do viveiro destinada ao desenvolvemento e mellora radicular

o Trituración en biotrituradora de aqueles clons que se estime que non son mellorables mediante o trasplante descrito anteriormente, obténdose un serrín que será empregado para acolchados.

Page 11: Viveiro O Rego

Instalacións necesarias e automatismos

Nave dotada de: Almacén de sustratos, abonos, envases, ferramentas, etc Garaxe para tráctor e apeiros (arado de vertedeira, fresadora e

remolque) Sala de almacenaxe de fitosanitarios de sementes Oficina Aseos

Sistema de rega

A rega implántase únicamente na superficie adicada a cultivo en bandexa, sin afectar polo tanto aos campos de plantas nai de castiñeiro, nos que a humidade edáfica pode ser perxudicial.

O sistema consiste en microaspersores elevados alimentados por tuberías de PE. O viveiro abastécese de auga mediante traída, almacenándoa nunha balsa cuberta (para evitar contaminacións por sementes, fungos, algas, etc). Unha bomba acionada polo programador aspira a auga da balsa para impulsala pola rede de tuberías xerais e finais.

A pesares de contar con programador de rega, neste viveiro a selección da rega e fundamentalmente manual, aplicándose auga entre abril e setembro en función das necesidades observadas. O momento da aplicación e a dose decídese en base á experiencia do persoal, sin utilización de cálculos de rega.

Vista da balsa, caseta da bomba/programador, tuberías e microaspersores

Page 12: Viveiro O Rego

Sistema de abonado

Para a produción en envase estanse a empregar diferentes formulacións de Osmocote (abonos complexos de liberación controlada) según as necesidades das distintas especies. Estos abonos aplícanse durante a preparación por mistura do sustrato.

Para a fertilización das cepas nai emprégase un abono mineral complexo rico en fósforo.

Comercialización

A comercialización faise principalmente ao por maior. Este momento implica unha mudanza da planta a outra bandexa, aproveitando para inspeccionar, seleccionar e uniformizar a planta entregada.

Man de obra

Ao longo do ano este viveiro da traballo a 2 empregados fixos, xerente e encargado, máis 3 empregados temporais que adoitan cubrir simultaneamente o periodo dos 9 meses de maior actividade, fora do verán.

Page 13: Viveiro O Rego

ENGADIDOS

Acodo baixo. Descrición

Método de propagación vexetativa no que se provoca a emisión de raíces adventicias nun talo que está adherido aínda a planta nai. Posteriormente o talo enraizado é separado para que de lugar a unha nova planta (barbado) que medra sobre as súas propias raíces. Os barbados teñen entre 1 – 1,5 m. de altura e diámetros basais de 2 cm. aproximadamente.

acodo en montículo (corte e recalce)

A emisión de raíces adventicias en talos adheridos á planta nai vese favorecida por dúas situacións:

Tratamentos do talo mediante manipulación (cortes, anelado, dobrado, raspado, machuque, etc) que ocasionan interrupcións na translocación cara abaixo das substancias nutritivas. Estes materiais acumúlanse preto do punto de tratamento e sucede o enraizamento como no caso dos esgallos de talo

Ausencia de luz. Por en escuridade a parte do tallo que vai desenrolar as raíces é unha característica común a todos os métodos de acodo

O cultivo “in vitro”

Entre as novas técnicas de reprodución experimentadas, o cultivo “in vitro” ou micropropagación e a única técnica que permite a día de hoxe a comercialización de clons híbridos de castiñeiro superando certos inconvenientes do acodo baixo.

No cultivo “in vitro” o enraizamento acontece in vivo, paralelamente á aclimatación das plantiñas en túneis de aclimatación, con sistemas de nebulización tipo 'fog-air', seguido de un ou dous anos de cultivo en viveiro (para aumentar o tamaño da planta).

Esta técnica de multiplicación clonal preséntase como a mais prometedora en castiñeiro, pero da experiencia actual obsérvase un lento establecemento en monte, porte deficiente en moitas plantas e maior produción de polas laterais, que fai precisa a poda antes de saír do viveiro.

Page 14: Viveiro O Rego

Plantas nai agromadas

Cepa agromada

Page 15: Viveiro O Rego

Operación de limpeza

Acompañada de desbarbado

Page 16: Viveiro O Rego

Límpanse de follas os gromos

Para facilitar o anelado

Page 17: Viveiro O Rego

Cepa anelada

Logo ráspase a base

Page 18: Viveiro O Rego

E aplícaselle a hormona

Page 19: Viveiro O Rego

Realización dun primeiro aporcado, mecanizado

O aporcado debe rematarse manualmente

Page 20: Viveiro O Rego

Feixes de clons trasplantados

Vista dunha plantación clonal para futura produción

Page 21: Viveiro O Rego

Pé listo para recepe

Cepa nai a finais do inverno

Page 22: Viveiro O Rego

ENTREVISTA con Inmaculada López, propietaria de Viveiros O Rego

Na práctica forestal e ata datas recentes, o acodo baixo ven a ser o método cos mellores resultados para multiplicar planta de castiñeiro híbrido resistente á doenza da tinta. A pesares desta constatación, a bibliografía especializada recolle unha serie de inconvenientes que adoitan presentarse na produción de planta mediante esta sistema.

Aos alumnos do noso ciclo formativo gustaríanos coñecer a opinión e as solucións, de habelas, sobre tales afirmacións da boca dunha especialista na produción de castiñeiro por acodo baixo.

Vamos coa primeira afirmación: Baixa produción por unidade de superficie (10.000-20.000 plantas/ha)

A produción que nos temos é dunhas 25.000 plantas nunha superficie de 6.000 m2. Como ves lonxe das 10.000-20.000 plantas por ha que falan os libros.

Larga espera para a entrada en produción das plantas nai (uns 4 anos)

Isto é certo, pero no método de acodo, unha vez que as cepas entran en producción, os ciclos son anuais obténdose planta perfectamente viable cunha savia, Nos outros métodos precísanse como mínimo dous anos entre enraizado, aclimatación e medra para que a planta poida ir ao monte.

Custes de produción elevados

Os custes de produción non son particularmente elevados, principalmente é man de obra 5 ou 6 meses ao ano. O investimento inicial sería a finca, o tractor, os apeiros e poucas ferramentas máis.

Necesidade dun número elevado de xornais concentrados en curtos períodos

Como ben dis, concentran moita man de obra en curtos períodos de tempo (iso pode ser o problema: conseguir ter xente cando a necesites e logo non ter traballo que darlles). Pero se prorrateas as xornadas a todo o ano, as necesidades de man de obra serían as mesmas que nos outros métodos.

Page 23: Viveiro O Rego

Plantas de calidade deficiente, descompensadas e con un sistema radical asimétrico e pouco desenvolvido (o peso seco da raíz nunca é superior ao 10% do peso do talo)

En canto ao tema da calidade deficiente da planta pola descompensación parte aérea-raíz, no viveiro vas a ver plantas que indican todo o contrario. É certo que sempre sae unha porcentaxe de planta deficiente, pero non é un problema inherente ao método senón cuestión de sabelo facer ben ou non. Iso, e tamén a nai natureza que é dabondo caprichosa e facendo as cousas sempre igual despois cada planta responde como lle peta. Pero en xeral unha planta de acodo ben feita ten un sistema radical tan bo o mellor que unha planta feita de semente. Pode que mellor porque vai repicada.

Á vista dos avances recentes co cultivo “in vitro”, ¿que futuro auguras para o sistema de produción que ves traballando?

En canto ao cultivo “in vitro” eu nunca diría que é o método chamado a superar os inconvenientes do método de acodo. Os supostos inconvenientes como ves son relativos e, do outro lado, xa temos falado dos problemas do cultivo in vitro. Hoxe por hoxe eu non vexo que sexa capaz de producir grandes cantidades de planta de calidade dun xeito rápido. Polo menos as empresas que están a producir por ese método non dan sacado de momento produccións grandes, Pode que se trate dunha cuestión de tempo e de lograr optimizar o método ou pode que o castiñeiro dea máis problemas que outras especies ornamentais que si responden ben a ese método multiplicación .

Outra posibilidade de produción de planta de castiñeiro híbrido é o método do estaquillado, que non precisa unhas instalacións tan caras e especializadas como o de in vitro, aínda que os que están a producir por este método tampouco dan sacado grandes producións.

De tódolos xeitos eu non quero plantexar un debate de cal dos tres métodos é o mellor. Creo que os tres métodos son capaces de facer planta moi boa, que os tres se complementan, e que cada un dentro do noso temos que seguir esforzándonos en aumentar a calidade da planta ofertada e lograr producir en cantidade suficientes para cubrir a demanda▪

Page 24: Viveiro O Rego

Exemplos de barbados (clons) obtidos en O Rego mediante acodo baixo.

Raíz en cabeleira. Planta equilibrada Raíz escasa. Planta desequilibrada