2
PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO OS CELEIROS DO ARROZ Hai moitos anos, moitos anos, cando o mundo era tan recente que moitas cousas carecían de nome, a xente e as plantas eran máis fortes e sans, porque os pecados e a corrupción aínda non chegara aos corazóns dos homes, e a natureza entregaba os seus froitos xenerosamente para todos os campesiños. Éste era o caso do arroz. Ao principio, cada gran de arroz era tan grande como a cabeza dunha persoa, e cando maduraba non se precisaba apañalo: el mesmo desprendíase e rolaba ata o celeiro. Con tan só un gran de arroz a xente comía e quedaba cheo, e non existía a fame no mundo. Dadeema, unha anciá que vivía coa súa neta Potte, tiña a casa preto dos campos de arroz, e decidiu enriquecerse construíndo uns celeiros onde amorear todos os grans que rolaban ata a porta da súa casa. Cando polo solsticio de inverno os seus veciños lle pediron uns grans de arroz, ela negouse a entregarllos se non pagaban unha gran suma de diñeiro. Como a xente non tiña con que pagarlle, o gran acabou apodrecendo no seu celeiro e a anciá tivo que tiralo, e moita xente pasou fame. Ao ano seguinte, a natureza, ao ver que tanta xente pasara fame, fixo unha colleita de arroz que fose aínda máis abundante. Ao ver a cantidade de arroz que crecía, Dadeema díxolle a Potte: -Imos construir celeiros máis grandes, para que colla todo o arroz. Pero os grans de arroz, grandes coma cabezas, rolaron ata a súa casa antes de que os celeiros estivesen completos, e a ancián queimou o excedente, pois non quería que os seus veciños famentos se aproveitasen del. -Oxalá os grans de arroz fosen máis pequenos! -queixouse a anciá. Os gran que brotaron do solo ao ano seguinte foron máis pequenos cá uña do dedo maimiño, pero igual de abundantes, e a anciana encheu o celeiro. Aquel ano, a anciá enfermou e tivo que gardar cama. Cando os veciños viñeron a pedir arroz, Potte entregoulles unha cunca a cada un. -Oxalá os grans de arroz non crecesen con tanta facilidade!- maldiciu Dadeema, ao ver a xenerosidade da súa neta. E rabeou, rabeou tanto que morreu da carraxe. A natureza ao ver a ingratitude de Dadeema, xa non entregou con tanta facilidade o seu froito, pero Potee e todos os seus descentes seguiron dando unha cunca de arroz aos máis necesitados, ainda que para conseguilo tivesen que dobrar o lombo baixo o sol e gañalo coa súar da súa frente.

TRADICIÓN INDIA

  • Upload
    andrea

  • View
    247

  • Download
    6

Embed Size (px)

DESCRIPTION

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO.

Citation preview

Page 1: TRADICIÓN INDIA

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO

OS CELEIROS DO ARROZ

Hai moitos anos, moitos anos, cando o mundo era tan recente

que moitas cousas carecían de nome, a xente e as plantas eran

máis fortes e sans, porque os pecados e a corrupción aínda non

chegara aos corazóns dos homes, e a natureza entregaba os

seus froitos xenerosamente para todos os campesiños.

Éste era o caso do arroz. Ao principio, cada gran de arroz era tan

grande como a cabeza dunha persoa, e cando maduraba non se precisaba

apañalo: el mesmo desprendíase e rolaba ata o celeiro. Con tan só un gran de

arroz a xente comía e quedaba cheo, e non existía a fame no mundo.

Dadeema, unha anciá que vivía coa súa neta Potte, tiña a casa preto dos

campos de arroz, e decidiu enriquecerse construíndo uns celeiros onde

amorear todos os grans que rolaban ata a porta da súa casa. Cando polo

solsticio de inverno os seus veciños lle pediron uns grans de arroz, ela negouse

a entregarllos se non pagaban unha gran suma de diñeiro. Como a xente non

tiña con que pagarlle, o gran acabou apodrecendo no seu celeiro e a anciá tivo

que tiralo, e moita xente pasou fame.

Ao ano seguinte, a natureza, ao ver que tanta xente pasara fame, fixo unha

colleita de arroz que fose aínda máis abundante. Ao ver a cantidade de arroz

que crecía, Dadeema díxolle a Potte:

-Imos construir celeiros máis grandes, para que colla todo o arroz.

Pero os grans de arroz, grandes coma cabezas, rolaron ata a súa casa antes

de que os celeiros estivesen completos, e a ancián queimou o excedente, pois

non quería que os seus veciños famentos se aproveitasen del.

-Oxalá os grans de arroz fosen máis pequenos! -queixouse a anciá.

Os gran que brotaron do solo ao ano seguinte foron máis pequenos cá uña do

dedo maimiño, pero igual de abundantes, e a anciana encheu o celeiro. Aquel

ano, a anciá enfermou e tivo que gardar cama. Cando os veciños viñeron a

pedir arroz, Potte entregoulles unha cunca a cada un.

-Oxalá os grans de arroz non crecesen con tanta facilidade!- maldiciu

Dadeema, ao ver a xenerosidade da súa neta. E rabeou, rabeou tanto que

morreu da carraxe.

A natureza ao ver a ingratitude de Dadeema, xa non entregou con tanta

facilidade o seu froito, pero Potee e todos os seus descentes seguiron dando

unha cunca de arroz aos máis necesitados, ainda que para conseguilo tivesen

que dobrar o lombo baixo o sol e gañalo coa súar da súa frente.

Page 2: TRADICIÓN INDIA

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO

TRADICIÓNS DA INDIA

Baradin ki shubh kamnaaye!

É moi habitual que na India, para dar un ambiente de Nadal ao fogar, se decore

cun abeto de plástico ou un bananeiro, con todos os adornos típicos do Nadal.

Que orixinal!

Nas portas das casa colgan grandes luces de cor branca e cando chega a noite

parecen estrelas que descenderan ata a Terra para amosarnos un marabilloso

espectáculo.

O prato típico desta época é o vindaloo, un cocido de carne de porco marinado

nunha vinagreta de allo e viño, e o bibingka, unha sobremesa a base de capas

de coco e manteca.