19
MÚSICA

ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Músicas desde Galicia, España e o mundo www.culturactiva.org

Citation preview

Page 1: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

Música

Page 2: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

NOVODISCO2014-15

+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }Unha das voces máis celebradas e recoñecidas do pano-

rama musical galego. Guadi Galego leva toda unha vida enriba

do escenario, levando o seu talento a diversos proxectos.

Cantante, compositora e gaiteira, foi –até o ano 2008- a voca-

lista do xa desaparecido grupo Berrogüetto. Tamén formou

parte de nordestin@as, xunto a Abe Rábade e Ugía Pedreira, e

con Guillerme fernández lanzou o disco Espido en 2005. Con

fernández embarcouse, na compaña tamén de Xabier Díaz

e Xosé Lois Romero, no grupo aCadaCanto. A nivel individual,

Guadi publicou o seu primeiro disco en solitario en 2009. Titu-

lado Benzón, explorou diversos camiños creativos dentro do folk

grazas á revisión que realiza de diversas melodías tradicionais

que sempre impresionaron a cantante. naquela primeira aven-

tura en solitario, Guadi contou coa colaboración dun feixe de

artistas, dende Uxía até Leilía, pasando por Abe Rábade, Quim

farinha ou Ugia Pedreira.

o espectáculo }Guadi Galego publicou en novembro de 2014 o seu segundo

disco en solitario: Lúas de outubro e agosto (fol Música). neste

novo traballo discográfico preséntase cun son e unha expresión

artística máis madura e, ao tempo, máis atrevida. o álbum reco-

lle fermosas cancións cunha serie de nexos comúns: a natureza

das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción,

a intensidade. Tamén a delicadeza e o risco. Todo un exercicio

de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer

unha música chea de sinceridade que non deixa de sorprender.

o disco inclúe un total de dez cancións, entre as que destacan

temas como Mergullei ou Matriarcas.

Ficha artística }guadi galego: Voz e tecladosguillerme Fernández: GuitarraPaco charlín: Baixoisaac Palacín: BateríaPachi alis: Produción Musica

GUADI GALEGO { LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO }

Page 3: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }talabarte significa a confluencia artística de tres músicos

imprescindibles do noso país. Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin

García crean un novo concepto de formación en Galicia, estrita-

mente acústico e baseado na música tradicional.

O violín de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pascual e

o contrabaixo de Kin García propoñen unha viaxe a través das

músicas populares de Galicia, mais tamén doutras latitudes. O

repertorio complétase con composicións propias, enfiadas con

distintos enfoques estéticos que van dende o jazz até a música

tradicional europea, pasando por sensibilidades tan singulares

como o tango.

o espectáculo }Quim Farinha é un sospeitoso habitual dos escenarios en Galicia

dende finais dos anos oitenta. O seu violín deuse a coñecer en

grupos como Fía na Roca, soou dende as súas orixes en Berro-

güetto e forma parte de grupos como A Banda das Crechas, Os

d’Abaixo ou o propio Talabarte. Pedro Pascual, pola súa banda, é

un virtuoso do acordeón diatónico, sendo profesor no Conser-

vatorio de Música Tradicional. Colaborador habitual de diferen-

tes músicos e cantantes, formou parte dende a súa fundación

do grupo Marful. Kin García é un dos contrabaixos máis desta-

cados de Galicia e acompaña habitualmente á intérpretes como

Susana Seivane, Uxía, Dulce Pontes, Berrogüetto...

Ficha artística }Quim Farinha: ViolínPedro Pascual: Acordeón diatónicoKin garcía: Contrabaixo

TalabarTe

Page 4: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }tannus é, hoxe por hoxe, un dos artistas máis completos da “safra

brasileira”. Autodidacta e cidadán do mundo, o artista comezou a

súa traxectoria musical profesional moi cedo, aos 14 anos. Despois

de moitos anos acompañando a diversos artistas, decidiu gravar o

seu primeiro proxecto musical en solitario titulado Múltiplos camin-

hos, onde asinou todas as composicións e arranxos. Dese xeito

Tannus confirmaba e consolidaba a súa versatilidade e calidade

musical, gravando todos os instrumentos do álbum. Grazas a este

traballo emprendeu unha longa xira por diversos países europeos,

como francia, Alemaña e Portugal. no seu periplo polo vello conti-

nente descubriu Compostela, onde decidiu quedar a vivir.

Desde a súa chegada a Galicia, ven compartindo experiencias e

colaboracións, como músico acompañante e/ou produtor musical,

con artistas como Uxía, Antonio Zambujo, Carlos do Carmo, Chico

Cesar, Lenine, João Afonso, Kepa Junkera, entre moitos outros.

o espectáculo }Un proxecto de gran porte e numerosos colaboradores, con

cancións e arranxos orixinais do propio Tannus, sempre apoiado

pola formación base que conforma o seu trío xunto a Gutier Álva-

rez e Paulo Silva.

Acompañárono en Son Brasilego moitos daqueles artistas gale-

gxs que o coñeceron e que compartiron con el grandes momen-

tos musicais en todos eses anos que leva vivindo en Galicia. É un

traballo que aposta polo intercambio, polo achegamento cultural

e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e as raíces comúns.

Trae ademais da música intuitiva, a reflexión sobre a nosa identi-

dade e irmandade -e por riba de todo- sobre o futuro das mesmas

a través da música e desa sonoridade atlántica que nos fai a todos

ser “brasilegos”.

.Ficha artística }Sergio tannus: Guitarras, voz e percusiónsgutier Álvarez: Zanfona, violín e gaitaPaulo Silva: Percusión

Sergio TannuS { Son BraSiLego }

Page 5: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }Xesús Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres músi-

cos sen os que a música galega actual non se podería compren-

der. As súas traxectorias individuais abranguen dende a música

de raíz até o folk, a fusión ou o jazz, pasando pola composición e

dirección musical. Sempre recibiron o recoñecemento do público

e, como docentes e estudosos da nosa tradición, o respecto do

sector. os seus nomes están vencellados a algúns dos mellores

artistas da música galega. o seu talento únese habitualmente,

grazas a diversas colaboracións, á música de, entre outros moitos,

Mercedes Peón, fuxan os Ventos, aCadaCanto, Susana Seivane,

Leilía, Guadi Galego ou Xabier Díaz. Con eles teñen actuado en

varios continentes, dende Xordania a nova York, pasando por

Zimbabwe ou Bos Aires. En 2006, deciden unir os seus talentos

para amosar a súa particular visión da música popular.

o espectáculo }Con esta nova entrega, Vaamonde, Lamas e Romero afondan

na súa estética artística, coa que mesturan as melodías co

humor, co obxectivo de desacralizar a música tradicional e ache-

gala dun xeito diferente ao público. Deste xeito, convertéronse

dende 2006 no trío máis retranqueiro da música actual. nesta

ocasión, preséntanos unha proposta escénica na que se repasa

un repertorio composto exclusivamente por temas dunha forma-

ción única na historia de Galicia: os Trinta de Trives. ofrécennos

a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarto que

triunfou fai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras,

cuxa traxectoria resulta ser un conxunto de anécdotas e vangar-

dismo. Para Vaamonde, Lamas e Romero os de Trives impulsaron

un concepto que precisa ser reivindicado: o cosmopolitismo da

montaña ourensá.

Ficha artística }Xesús vaamonde: Gaita, percusión, vozPedro lamas: Saxo soprano, vozXosé lois romero: Acordeón, voz

Vaamonde, Lamas & RomeRo { o TamboR de pRaTa }

Page 6: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }o Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro

de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban

parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon,

Gum, Mutenrohi e The Pigmalions.

Estreáronse en ourense, a súa cidade natal, o 20 de decem-

bro. A partir dese debut, percorreron durante os seguintes anos

toda a xeografía galega con máis de 150 concertos. En moitos

deles compartiron escenario con músicos como Manu Chao&Ra-

dio Bemba Sound System Shantel&Bucovina Club orkestra, Los

Delinqüentes ou Tonino Carotone.

o espectáculo }Ao longo do ano 2011, a banda prepara o seu primeiro disco:

A onda sonora (chega do interior). Producido por Kaki Arkarazo

e con deseño de David Rubín, o álbum inclúe un total de trece

cancións nas que fica de manifesto a múltiple visión musical do

conxunto ourensán, baseado nunha mestura de cumbia, reggea,

rock, rancheira, boleros ou vallenato. o Sonoro Maxín fala do seu

disco con estas palabras:

“Chega a onda sonora. Chega do interior, dun océano interno.

Dun mar quente e profundo que, aínda que ten morada certa,

non aparece nos mapas. Trae con ela as cumbias que non son

cumbias. Esperta os bailes que aínda están por inventar. Vén

cargada con ritmos descompasados que derrotan ás cadeiras

no primeiro compás, de harmonías dunha soa nota e de esque-

cidas melodías atopadas no fol dun acordeón. A onda sonora

transmítese cara todos os ouvidos no mesmo momento. Nun

pestanexo. Nas novas formas de contar o tempo, nun bico, nunha

aperta, nun sorriso. Cara a todos e todas coa mesma intención:

ser escoitada”.

Ficha artística }ico: Vocesabraham “el niño”: guitarracristina asenjo: acordeónXurxo Brea: baixoJaime Mateo: batería e percusiónsMiguel Xanceda: Son en directoDavid rubín: Deseño e ilustracións do disco

O SOnOrO Maxín { a Onda SOnOra (Chega dO InterIOr) }

Page 7: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

NOVODISCO2014-15

+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }Coanhadeira nace no ano 2006 como unha banda de música

folque que amosa aqueles “restos” musicais conservados até

os nosos días a través da tradición oral da cultura galega. Dese

espírito vén o seu nome, xa que as coanhadeiras eran nalgúns

puntos de Galiza as mulleres (tamén a vasoira que empregaban)

encargadas de varrer os restos do cereal durante a malla.

Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus direc-

tos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns

e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque do sur

de Europa, como o festival de Pardiñas, A Carballeira de Zas, o

festival intercéltico de ortigueira, o Sauga folk de Cantabria,

o Trobada de Buners (Andorra) ou o festival interceltique de

L’orient, entre outros.

o espectáculo }Coanhadeira regresa cun novo disco. neste nadal entrarán no

estudio de gravación onde gardarán nunha caixiña todas as

pequenas e grandes ideas xurdidas ao longo dos últimos cinco

anos. Bicos con luva pretende sumarse en positivo á musica

feita en Galiza, sen prexuízos e facer bailable calquera lugar, atei-

gar do poder percusivo, de letras sorprendentes, de atmosferas

sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un

dos compoñentes da formación e do camiño conxunto até hoxe

de Coanhadeira.

Por eses camiños, este grupo folque continuará unha traxec-

toria musical que xa recolleu o recoñecemento do público e da

crítica. Gañadora do concurso nsaio no Camiño 2007 ou do folk

Escenario Prau de Cantabria, Coanhadeira está considerado xa,

mesmo antes de lanzar este novo traballo discográfico, como

un grupo referente para o sector.

Ficha artística }Patricia lópez: Voz e PercusiónXerardo Quintela: Acordeónchechu Pérez: Gaitas e zanfonaKinhos Saburido: PercusiónsÓscar Freire: saxo soprano e tenorSamuel Soto: BouzukiPaula conde: baixo

Coanhadeira { BiCoS Con LUVaS }

Page 8: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }Kin García, un dos instrumentistas máis destacados do panorama

galego, acompáñase do piano de Jacobo de Miguel e mais da bate-

ría de noli Torres para crear un son propio, diferente e para engaio-

lar o público coa calidade do seu jazz. De contrastada traxectoria

e presenza impoñente no escenario, Kin García participa nun feixe

de proxectos e colabora con todo tipo de formacións e cantantes.

Deste xeito, é un sospeitoso habitual nos traballos discográficas

e nas actuacións de autores da talla de Tom Guyon, Tony Lanzan,

Uxía, Berrogüetto, Dulce Pontes, Joao Afonso ou Rodrigo Romaní.

Ademais, xunto a Quim farinha e Pedro Pascual, forma o trío Tala-

barte.

o ovetense Jacobo de Miguel, pola súa banda, inicialmente

centrou a súa formación no ámbito clásico, pero rapidamente

descubriu a maxia do jazz, campo no que se licenciou no Conser-

vatorio Superior da Coruña. Como docente exerceu en cursos

de músicos de oviedo e Xixón até converterse en profesor da

fundación de Música Moderna de Avilés.

noli Torres iniciouse no mundo clásico no Conservatorio de

Pontevedra, estudando disciplina de batería con Tony Patchi e

fernando Llorca. A súa formación proseguiu en Madrid, na Escola

de Música Creativa, onde coincidiu con instrumentistas como

Guillermo McGuill, Perico López ou Manolo Calleja. Ten traballado

en formacións de moi diferente natureza, como son Jazzers,

Peter Delphinich and friends ou Alem.

Ficha artística }Kin garcía: ContrabaixoJacobo de Miguel: PianoNolo torres: Batería

KIN GARCÍA TRÍO

Page 9: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

MÚSICA { BOOKING GALICIA + PORTUGAL }

Page 10: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }la troba Kung-Fú parte de tres reivindicacións esenciais: a

troba como actitude de facer cancións e compoñer música,

ao xeito dos antigos xograres e trobadores, atopando inspira-

cións e melodías na vida que rodea o artista; o Kung-fú, que é a

disciplina esencial que permite chegar á perfección, e a Rumba

catalá, xénero creado polos xitanos a mediados da década do

rock and roll e que algúns paios intelectuais conceptualizaron

como música urbana e popular, xenuína de Barcelona.

o nacemento da formación procede do encontro entre varios

músicos que quixeron reivindicar a Rumba catalá como linguaxe

musical que certificaba o arraigo ás orixes. Dese xeito, en 1995,

Joan Garriga funda Dusminguet con outros músicos. Neses

tempos, gañou fama como acordeonista e así comezou a cola-

borar con Marià Roch, camarada de territorio e enerxía musicais.

Do encontro xurdiu a Troba Kun-Fú.

o espectáculo }Santalegría supón o terceiro disco dunha banda que vive o seu

mellor momento creativo. Esta entrega, coa que comezaron a

xirar no verán de 2013, zumega vida, positivismo ritmo e forza.

o grupo, fortemente vencellado á rumba catalá, reinventa o

xénero achegándolle ao mundo a chamada Rumbia Vallesana

que, como as silveiras, medra a esgalla, pincha e dá froitos. Ese

son e esa enerxía son os elementos que reivindican, amosando

sempre a súa marca de identidade, persoal e intransferible. Un

selo propio de boa música que se deu a coñecer nos primeiros

traballos da formación pero que agora, tras este terceiro álbum,

acada a consolidación e confirma o que calquera amante da

música agardaba: La Troba Kung-Fú naceu para quedar con nós.

Ficha artística }Joan garriga: Accordion from hell e veu gladiatorPep terricabras: Batería rumberaMarià roch: Ultrabases e coros con sentimentoMuchacho: Ventilador tomado e coros guapostoti arimany: The red baron of dub

LA TROBA KUNG-FÚ { SANTALEGRÍA }

Page 11: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }Chegados do Raval, o Barrio máis multicultural de Barcelona,

txarango está a revolucionar dende o ano 2011 o panorama

musical catalán. falamos dunha banda de fusión musical, cunha

frescura única e cuxo carácter festivo a converte nunha refe-

rencia tanto das boas melodías como das mellores vibracións.

no 2011, no primeiro ano de vida da banda, comezou a chamar

a atención tanto do público como da crítica. ofreceron máis de

cincuenta concertos, congregaron a máis de 40.000 especta-

dores e as súas cancións superaron as 100.000 escoitas na

súa páxina web. o balance do primeiro ano resultou espectacu-

lar. E aínda non viramos nada. Porque un ano despois, chegou o

estoupido. Máis de 80 actuacións en oito meses, superando os

300.000 espectadores e unha recepción sen igual co seu disco

Benvinguts al llarge viatge, co que chegaron a romper fronteiras

e pechar unha xira internacional nos países escandinavos.

o espectáculo }o ano pasado, Txarango volveu subir aos escenarios. fíxoo na

compaña dun novo disco Som Riu, dun novo espectáculo e

dunha xira que permitiu ampliar os horizontes sonoros deste

proxecto marcado por un son enérxico que mestura o reggae,

cos ritmos latinos e outras músicas contemporáneas e de raíz.

Deron a coñecer as cancións deste segundo álbum dentro dunha

xira titulada La Tempesta. Con ela, retomaron a vida nómade e

compartiron Som riu de praza en praza. nesta viaxe propagaron

grazas á ventada o seu lema: “Somos un río que sempre avanza.

Da guerra faremos danza.”

Ficha artística }alguer Miquel (voz)Marcel lázara tito (Guitarra e voz)Sergi carbonel Hipi (Teclista)Quim canais (Batería)alex Pujols (Baixista)Pau Puig (Percusións)Jordi Bamola (Trompeta)iván lópez (Saxo)

TXARANGO { SOM RIU }

Page 12: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }Falar de Yacine Belahcene significa falar dun músico de refe-

rencia no panorama barcelonés. A finais dos anos noventa,

converteuse no fundador e líder de Cheb Balowski, banda mítica

de son árabe, balcánico e mestizo da cidade condal. A continua-

ción natural daquel proxecto foi Nour, un grupo que seguía esa

mesma liña de fusión ao mesturar sons do Mediterráneo. Ambas

as dúas bandas xiraron amplamente por España e Europa, con

incursións nos países árabes.

Yacine reinvéntase unha vez máis con Yacine & the oriental

groove, un combo multicultural dirixido por Yannis Papaioannou,

laudista grego afincado en Barcelona. Xuntos compuxeron no

ano 2011 o disco Parábolic, traballo que se podería definir como

“folclore do ciberespazo.” Presaxiando as revoltas e movemen-

tos na beirarrúa sur do Mediterráneo, era un compendio de

cancións sustentadas nun son urbano moi potente.

o espectáculo }O último traballo de Yacine & The Oriental Groove continúa a liña

creativa do seu traballo anterior. Achégannos música de aquí e

de todas partes. Ese é o espírito deste álbum, que vai da elec-

trónica até o folk alxerino, pasando polo pop occidental, as melo-

días gregas ou o funk. Crean así unha paisaxe sonora e propoñen

unha dialéctica artística na que non caben os discursos baleiros

sobre a multiculturalidade. Van máis aló. Porque poden. E tamén

porque deben. Yacine ten claro que é tempo de madurez, de

mirar de fronte á sociedade e explicar a realidade a partir da súa

música, das súas letras. Tamén dende a súa fonda creatividade.

Ficha artística }Yacine Belahcene (voz) e Yannis Papaionnou (laúde) dirixindo a Oriental Groove:Jordi Hereros: bateríaBernat guardia: baixoÓscar Ferret: tecladosarniol lópez: Percusións

Yacine & The OrienTal GrOOve { l’esTima vença la salvaTGia }

Page 13: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }o grupo catalá está formado por Josep Montero (voz e guita-

rra), Arnau Altimir (batería), Joan Borràs (teclado), Guillem Realp

(baixo), Miquel Biarnés (trombón), Miquel Rojo (trompeta) e Josep

Valldeneu (saxo). A súa natureza pertence á estirpe das bandas

multiinstrumentais, próximas a formacións que nos poden levar

a sensibilidades que agroman dende nova orleáns. ou non,

porque son iso ou todo o contrario. Consíderanse só xente que

explica o que vive e o que sente, con cancións e sen cancións.

Vense como músicos, mais tamén como momentos, como

calquera e coma todos. Do seu traballo discográfico, cargado

de rechamantes sons e depurada técnica, un ha de destacar

Digue-n’hi com vulguis. oques Grasses é unha das formacións

revelación na música catalá dos últimos tempos.

oques grasses defínense a si mesmo sen definirse, coas

palabras xustas que valen para case todo. Porque, no fondo,

sérvense da música para contar o que senten, o que viven,

como son e como deixan de ser. o pentagrama tamén lles

serve para escoitar a xente, para poñerlle notas ao que ven ao

seu redor e as sensacións que os envolven, tanto a eles coma

o público. Son un transmisor de latexos, de palabras, de tons.

Coa súa creatividade póñenlle música a todo o seu mundo, un

mundo que comparten con todos e todas, sen distincións. non

hai fronteiras entre eles e o espectador, son o mesmo. ou todo

o contrario. Non é fácil definirse. Polo menos coa palabra. Eles

prefiren facelo no espello do escenario, cos seus espectadores

como único reflexo. Aí está a verdade, alí se atopan eles, alí se

recoñecen. A súa música colle forma no cara a cara co público.

Ficha artística }Josep Montero: Voz e guitarraamau altimir: BateríaJoan Borràs: Tecladoguillem realp: BaixoMiquel Biarnés: TrombónMiquel rojo: TrompetaJosep valldeneu: Saxo

OQUES GRASSES { DIGUE-NH́I COM VULGUIS }

Page 14: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

MÚSICA DE RÚA { GALICIA }

Page 15: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }A Magnifique bande dos homes sen medo. Ese é o nome a ter

en conta. non o poden esquecer, porque dende fai xa máis dun

lustro este simpático grupo de galopins musicais animan as

nosas vidas e divírtennos coas súas trasnadas harmónico-con-

trapuntísticas cunha elegancia natural e un gusto innato polas

boas melodías e os arranxos de éxito.

A banda condúcenos polo máis destacado da historia musi-

cal con momentos clásicos, fílmicos, jazzísticos, funkeiros ou

rockanroleiros.

Dende as súas orixes non deixaron de xirar por toda Galiza,

amosando a súa rochosa sección rítimica integrada por tuba,

fagot, bombo, caixa guitarra e clavinent e a sección de aires,

formada por trompeta, trombón, saxo alto e saxo tenor.

o EspEctáculo }A Magnifique Bande principiaron a súa andaina Sen Medo no ano

2007. Dende aquela, aparecen nos carteis de todo tipo de festi-

vais, tanto nos de Galicia coma nos de fóra do país. oos seus

directos provocan un berro de admiración parte do público, que

sempre acaba por unirse o seu espírito de troula, de big band, de

todo e mais.

As súas actuacións preséntanse en dous formatos básicos.

o primeiro deles, o de rúa. Son concertos itinerantes que van de

praza en praza, pola rúa, nos que a banda soamente precisa dos

seus instrumentos e o seu derroche de inxenio para deleitar a

paseantes e incrédulos. o segundo deles, acóllese ao escenario

clásico.Soben as táboas e ofrecen a mesma diversión e enerxía

que nos seus pasarrúas, contaxiando a público da sala.

Ficha artística }Alvaro Trillo: Percusión Miguel Paz: PercusiónOscar “Bochu” Barcala: Tuba Abel Leonardo: GuitarraAlex Salgueiro: organo Manuel Espiño: TrombónMartiño D. Mato: Saxo TenorManuel Paino: TrompetaOlivier Cano: Saxo alto/frauta

A MAgnifique BAnde dos HoMes sen Medo { sen Medo!! }

Page 16: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }Grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico,

que vai das melodías balcánicas a coñecidas pezas da música

clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina,

achegándolle sempre o espírito necesario para o baile e a festa.

A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e

percusións varias. A formación principal a compoñen: trompeta,

clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa

re-adornada, timbais e bombo-platos.

As influencias musicais son varias, comeza polas fanfarrias

de Europa do Leste, os “brass ensembles” de new orleans, as

charangas carnavalescas caribeñas e brasileiras e a música

tradicional galega.

os integrandes de banda proceden de varios grupos do pano-

rama musical galego: os Cuchufellos, os Bechuchos, Pelepau,

Skandalo Gz, Pan de Capazo, os festicultores, os Podirdos, A

Vaga Banda ou A compañía do Ruído.

ninguén queda impasible e moito menos inmóbil co brutal

espectáculo que ofrece este particular conxunto musical. Con

eles un pode saber cando comeza a música e a festa, pero non

cando remata.

FANFARRIA TAquIkARDIA

Ficha artística }Estilo: fanfarria - Música de rúaDuración: VariablePúblico: Para todas as idadesEspazo: Exterior

Page 17: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }A claridade das lámpadas de cores, o cheiro a pólvora, o arre-

cendo das friameiras, até a xeometría dos cadros dos manteis se

levantan e brindan pola oportunidade dada ao “frote” e ao “arre-

chuche” contaxiada polos ritmos máis modernos da orquestra

“os Modernos”.

Como consecuencia da súa constate ansia por se renovar e a

experiencia a través de tantas xiras por Europa e América do Sur

e do norte, a orquestra os Modernos, ofrécelles un repertorio

renovado de bailes como manda a última moda: foxfrot, baiao,

chotis, habanera ou tango americano, corrido, rumba, mazurca

e mesmo un avant-garde twist, se esquecer tampouco eses

ritmos máis arcaicos e propios do noso folclore como a muíñeira

ou a xota.

Os bailadores e bailadoras confidentes, séntense protago-

nistas arroupados ao tempo que illados ao estar a música exclu-

sivamente ao servizo do seu baile.

Ninguén fica sentado cando toca a Orquestra Os Modernos.

Resulta imposible. Cando saen a actuar, enchen o recinto coa

súa presenza. o seu estilo, a súa calidade musical. non pode-

mos ficar quedos, porque o seu son fainos viaxar do aquí agora

ao antes sempre. Sempre e máis despois. E todo grazas ao

conxunto de múisicos e voces que se reúnen nesta formación,

dende Alonso Caxade até Xosé Tuñas, pasando por Joám Casas,

Lois Mouriño, iria Pinheiro, Martín nogueira e Paco nogueira.

Todos eles son os Modernos. A todos eles débemoslle este

novo vello son que enche as rúas en calquera festa.

Ficha artística }Xosé tuñas: CaixaJoám casas: Clarinetelois Mouriño: Saxo e gaita de folalonso caxade: Bombardinoiria Pinheiro: Rosalie de ChoixMartín Nogueira: TrompetaPaco Noegueiras: Bombo-chis

Orquestra Os MODerNOs

Page 18: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org

Banda/Grupo }Baixo cé orquestra Pantasma agóchase o vigués César freiria,

músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais.

Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música

tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados

estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos

tan dispares entre si, como A Roda ou a banda de punk oxtiax

ke te Pariu.

Dende comezos do verán de 2008 e con máis de 150

concertos por ano, este músico leva percorrido toda a xeogra-

fía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país

levando ás costas a súa proposta: Cé orquestra Pantasma, un

proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e

variado repertorio, no que se conxuga a perfección toda unha

vida musical.

o EspEctáculo }Apoiándose na recuperación da figura do Home Orquestra, cé

orquestra Pantasma convértese na fórmula perfecta para esca-

par do mundo por uns intres, deixándose levar, entregádose por

completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos,

unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público

deixa de ser espectador para converterse en protagonista. As

posibilidades que ofrece Cé orquestra abranguen calquera cele-

bración. A súa especialidade, a animación musical e as actua-

cións de rúa, poden adaptar a calquera tipo de festas,romarías

ou feiras de época. As súas actuacións tamén son accesibles

aos espazos pechado e pode participar en todo tipo de inicia-

tivas, dende recitais poéticos até en celebracións e bailes para

os nosos maiores.

Ficha artística }Elenco: César freiríaEstilo: animación musicalDuración: VariablePúblico: para todos os públicos

CÉ ORQUESTRA PANTASMA { HOME ORQUESTRA }

Page 19: ROSTER 2015_Portugal_CULTURACTIVA

981 582 [email protected]

www.culturactiva.org

roxinho
roxinho
roxinho
+34