21

Mat didacti dixit

  • Upload
    xcarg

  • View
    133

  • Download
    8

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Mat didacti dixit
Page 2: Mat didacti dixit

Nos centros de ensino para persoas adultas somos conscientes de que amplos

sectores da sociedade teñen o dereito e a necesidade de incorporar á súa

bagaxe de competencias aquelas consideradas básicas para vivir e traballar

no século XXI. Por iso, queremos poñer a disposición do profesorado

ferramentas para complementar a súa tarefa profesional coas plataformas

virtuais de aprendizaxe. Este labor permitirá a transformación dos procesos

de aprendizaxe para ser moito máis abertos e flexibles, de modo que o

alumnado poida ter itinerarios individuais adaptados ás súas necesidades e

gozar da igualdade de oportunidades en calquera etapa da súa vida. Nese

sentido, as actividades multimedia son unha contribución de gran utilidade,

pois permiten unha aprendizaxe construtiva e significativa, respectan os

diferentes estilos de aprendizaxe, teñen unha maior flexibilidade, facilitan a

aprendizaxe autónoma e resultan máis motivadoras.

Page 3: Mat didacti dixit

Os recursos elaborados deben ter en conta as seguintes cuestións pedagóxicas:

a. Cantidade, calidade e pertinencia das actividades.b. Claridade e resposta ao programa de obxectivos e contidos.c. Adaptación ás necesidades e ao nivel de coñecemento do alumnado.d.de orientacións para posibilitar a aprendizaxe autónoma.e. Eficiencia (mellores resultados con menor inversión e esforzo).f. Presenza de elementos motivadores.g. Adecuación dos métodos didácticos ao medio.h. Información sobre os erros cometidos.

Page 4: Mat didacti dixit

Os textos

A meirande parte dos textos cos que traballa o alumnado nunha plataforma virtual de aprendizaxe non presentan unha información secuencial e eminentemente verbal. Monereo1 (2005) constata que a web está producindo un sincretismo de medios sorprendente, no que o texto escrito é soamente unha parte ás veces dominante e outras subordinada á significación máis xeral imposta pola composición da páxina. De feito, o material multimedia caracterízase por integrar dous ou máis medios, potenciar a interactividade, romper o método de estudo secuencial e favorecer o establecemento de relacións con outros materiais. A alfabetización electrónica implica, xa que logo, que o alumnado se familiarice con diferentes sistemas semióticos (escritura, imaxe, audio, vídeo), con diferentes tipos de texto e con distintas estratexias e habilidades cognitivas (como buscar, seleccionar, enlazar e organizar información). Desde o punto de vista do profesorado, temos á nosa disposición multitude de aplicacións na rede que serven para facilitar as aprendizaxes mediante a creación de mensaxes multimedia de carácter hipertextual.

Page 5: Mat didacti dixit

Citaremos algunhas das máis coñecidas para que cada quen traballe aquelas que lle resulten de maior interese na materia que imparte.

Page 6: Mat didacti dixit

Wordle: Convirte calquera texto nunha nube de palabras.

http://www.wordle.net/

Page 7: Mat didacti dixit

http://www.glogster.com/

Glogster: Permite a creación de murais dixitais que poden combinar texto, imaxe, ligazóns, audio e vídeo. Ten finalidades educativas diversas: resumo de contidos, presentación atractiva dunha actividade, dar difusión a un proxecto, ofrecer recursossobre un tema…

Page 8: Mat didacti dixit

MindMeister: utilízase para crear esquemas e mapas conceptuais, de gran utilidade para representacións visuais do coñecemento e das relacións que se establecen entre as distintas ideas.

http://www.mindmeister.com/#all

Page 9: Mat didacti dixit

Slideshare: Para aloxar e compartir presentacións multimedia de ata 100 MB con diferentes formatos: pdf, ppt, pps, pptx, ppsx, pot, potx (Powerpoint); odp (OpenOffice); key, zip (Apple Keynote), doc, docx, rtf (MSOffice); odt, ods (OpenOffice); Apple iWork Pages... Tamén permite compartir vídeos.

https://www.slideshare.net/login

Page 10: Mat didacti dixit

Imaxes

Existen varios servizos que permiten a procura de imaxes con licenzas flexibles que facilitan a súa reutilización con fins educativos.

Page 11: Mat didacti dixit

Flickr é unha rede social onde publicar e compartir fotografías gratuitamente. O usuario pode escoller sobre o modo de compartir as súas fotos: con copyright ou con licenzas abertas que permitan distintos graos de uso. Para usar imaxes alleas, haberá que comprobar que teñen unha licenza que o permita.

http://www.flickr.com/

Page 12: Mat didacti dixit

INTEF conta cun banco de imaxes e sons para uso universal e gratuíto, sempre que se trate dun uso educativo non comercial. O seu principal obxectivo é facilitar recursos audiovisuais que estimulen o desenvolvemento de contidos educativos.

http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/

Page 13: Mat didacti dixit

Morguefile é un repositorio de imaxes de gran calidade, que permite a súa utilización sen citar o autor, sempre que a fotografía estea modificada e o usuario non se atribúa a obra orixinal.

http://www.morguefile.com/

Page 14: Mat didacti dixit

http://www.gimp.org/

GIMP é un dos programas de software libre máis axeitado para optimizar as imaxes e despois insertalas no documento multimedia. Na web, é aconsellable o uso de imaxes cunha resolución que non supere 72 ppp, para que os arquivos pesen o menos posible.

Page 15: Mat didacti dixit

Hai moitos programas que permiten crear actividades e cada un deles merecería un curso de formación completo para familiarizarse co seu uso. Agora mencionaremos algúns dos máis interesantes

Actividades didácticas

Page 16: Mat didacti dixit

JClic: Programa gratuíto que permite crear de forma bastante simple unha ampla variedade de actividades multimedia.

http://clic.xtec.cat/es/jclic/download.htm

Page 17: Mat didacti dixit

Edilim: Programa en galego para deseñar actividades en forma de libro interactivo multimedia: crebacabezas, sopas de letras, identificar imaxes ou sons, preguntas de opción múltiple, identificar imaxes...

http://www.educalim.com/index.htm

Page 18: Mat didacti dixit

Hotpotatoes: É outra aplicación moi usada para elaborar actividades para internet e da que podemos atopar moitos exemplos na rede.

http://hotpot.uvic.ca/

Page 19: Mat didacti dixit

Ardora: permite a creación de actividades didácticas en liña con textos, imaxes, gráficos, vídeo e audio.

http://webardora.net/

Page 20: Mat didacti dixit
Page 21: Mat didacti dixit