40
O IMPERIALISMO COLONIAL Profesor Eleuterio J. Saura O dominio europeo do mundo (1870-1914)

Imperialismo colonial

Embed Size (px)

Citation preview

O IMPERIALISMO

COLONIAL

Profesor Eleuterio J. Saura

O dominio europeo do mundo (1870-1914)

No último terzo do s. XIX, unha No último terzo do s. XIX, unha Segunda Segunda Revolución IndustrialRevolución Industrial transformou a transformou a economía e a sociedade das principais economía e a sociedade das principais potencias europeas.potencias europeas.

Aproveitando a súaAproveitando a súa superioridade técnica, superioridade técnica, militar e financeiramilitar e financeira, ,

Europa lanzouse ao dominio político e Europa lanzouse ao dominio político e económico do resto do mundoeconómico do resto do mundo. Ese . Ese dominio plasmouse en termos de dominio plasmouse en termos de ocupación territorial, e entre 1870 e 1914, ocupación territorial, e entre 1870 e 1914, as principais potencias expandíronse fóra as principais potencias expandíronse fóra das súas fronteiras, creando das súas fronteiras, creando grandes grandes imperios coloniaisimperios coloniais..

Isto significou a explotación directa dos Isto significou a explotación directa dos recursos de África, Asia Latinoamérica, recursos de África, Asia Latinoamérica, así como o control político de grande parte así como o control político de grande parte dos seus territorios, xa que ados seus territorios, xa que a maioría das maioría das colonias estaban gobernadas desde a colonias estaban gobernadas desde a metrópolemetrópole..

A ambición por destacar na carreira A ambición por destacar na carreira colonial levou a enfrontamentos entre colonial levou a enfrontamentos entre potencias, tanto nas colonias coma en potencias, tanto nas colonias coma en Europa, sendo Europa, sendo unha das causas da unha das causas da Primeira Guerra Mundial.Primeira Guerra Mundial.

O soño de Rhodes

Concepto de imperialismo colonialConcepto de imperialismo colonialImperialismo:: Sistema en que a cultura, a

política e a economía están organizados en función do dominio duns países sobre os outros.

Colonialismo: : Ocupación dun territorio por

outro país. Comporta a ocupación militar, o asentamento de poboación orixinaria do país dominante e a explotación dos seus recursos económicos en beneficio deste.

Metrópole: País dominanteColonia: País ou territorio sometido,

gobernado e explotado por outro.

- Atopar novos mercados

- Materias primas baratas

- Investimento de capitais

- Superioridade técnica e militar

- Asentamento de poboación europea

- Válvula de escape a tensións sociais

- Superioridade do home branco

- Misión civilizadora de Europa

- Evanxelización

- Darwinismo social

- Poder militar e estratexia

- Poder e prestixio internacional

- Nacionalismo

*Económicas

• Sociais e demográficas

• Ideolóxicas

• Políticas

CAUSAS

Causas económicasCausas económicas

“A política comercial é filla da industrialización. O consumo en Europa está saturado: é imprescindible descubrir novos filóns de consumidores noutras partes do mundo. Inglaterra tomou a dianteira no movemento industrial porque foi a primeira en prever tan afastados horizontes. A política colonial é unha expresión internacional das leis da competencia.” Jules Ferry, 1.890

• Estabelecer novos mercados onde exportar produción industrial en réxime de monopolio

• Conseguir materias primas baratas e abundantes

• Man de obra barata para reducir custos

• Novos territorios onde investir capital

“O imperialismo é a fase superior do capitalismo” (Lenin)

ELEMENTOS QUE FACILITARON O IMPERIALISMOELEMENTOS QUE FACILITARON O IMPERIALISMO

Armamento ferrocarril barco de vapor

teléfono telégrafo radio superioridade militar

“Onte asistín a unha xuntanza de desempregados do barrio obreiro do East End de Londres. E non se ouvía máis ca un berro: “pan, pan”. Reflexionei e sentinme aínda máis convencido da importancia do Imperialismo. É asolución ao problema social: para salvar os 40 millóns de británicos dunha guerra civil, nós, os colonizadores, debemos conquistar novas terras para instalarmos nelas o excedente da nosa poboación e dar saída os produtos das nosas fábricas”.

Cecil Rhodes, 1895

O enorme crecemento natural da poboación europea e os conflitos sociais pola falta de emprego serviron de argumento os Estados para xustificaren a conquista de novos territorios onde asentaren colonos

No entanto, a emigración europea foi maior a outras zonas non coloniais

Emigración europea en millóns de persoas

Causas ideolóxicasCausas ideolóxicasIdeais racistas

Defendían a superioridade da raza branca sobre as demais

En primeiro lugar, creo no Imperio Británico, e en segundo, na raza británica, a maior raza imperial coñecida polo mundo.

Entre todas as nacións tan só nós fomos quen de fundar e conservar colonias nas condicións máis diversas e en todas as rexións do mundo. Asegurámonos a fiel submisión de todos os cidadáns británicos e a simpatía de todas as razas que viven á sombra da bandeira británica. Joseph Chamberlain, 1895

“Deducións xerais:

1. As similitudes entre negros e simios son máis grandes que entre simios e europeos.

2. O negro é inferior intelectualmente ao europeo.

3. O negro é máis humano na súa natural subordinación ao home europeo que en calquera outra circunstancia.

4. O negro tan só pode ser humanizado e civilizado polos europeos”.

Sesión científica, Sociedade Antropolóxica de Londres, 1863

•Exaltación nacionalista

Os grandes estados coloniais afirmaban a súa superioridade e proclamaban o deber de difundir a cultura e a civilización europeas por todo o mundo.

•Chovinismo: cualificativo en Francia do patriotismo exaxerado, que considera que o propio do país ao que un pertence é o mellor do mundo.

•Xingoísmo: Nacionalismo británico exaltado, partidario da expansión violenta sobre outras nacións. Tiña un carácter racista e consideraba necesario o imperialismo para dominar a “razas inferiores”

Asumide a carga do home branco,

Enviade os mellores dos vosos rapaces,

dirixide vosos fillos ao exilio

para que eles sexan os servidores dos seus cautivos,

para que eles velen, pesadamente ataviados,

sobre pobos axitados e salvaxes,

metade demos, metade cativos

R. Kipling, 1899

• Civilizar Responsabilidade do home branco de levar o progreso e os bos costumes aos pobos inferiores

• Paternalismo Protector

• Evanxelización de pobos primitivos e idólatras

• Finalidade científica Moitas sociedades xeográficas e científicas estimularon o colonialismo como vía natural do proceso científico. Así financiáronse innumerables expedicións científicas e antropolóxicas

“A colonización é a forza expansiva dun pobo, a súa potencia de reprodución, a súa dilatación e a súa multiplicación a través do espazo; é a submisión dunha parte do universo á súa lingua, aos seus costumes, ás súas ideas e ás súas leis. Un pobo que coloniza pon as bases da súa grandeza futura. O número de individuos que forman a raza aumenta; a cantidade de recursos e de produtos novos, de equivalentes de cambio que demandan a intervención da industria metropolitana, é inconmensurable; o campo que se abre aos capitais das metrópoles e o dominio explotable son infinitos. Sexa cal for o punto de vista, sempre nos atoparemos cunha verdade incontestable: o pobo que coloniza máis é o primeiro pobo; e se non o é hoxe, xa o será mañá”.

P. Leroy-Beaulieu: De la colonisation chez les peuples modernes. París, 1870.

REPARTO COLONIAL DE AFRICA, ASIA E OCEANÍA

A principios do s. XIX, os europeos só dispuñan de factorías costeiras ou pequenas colonias en África. O resto era descoñecido, e só existían algúns estados independentes. Na segunda metade do século, exploradores e misioneiros percorreron o continente e internáronse nas bacías dos ríos Níxer, Nilo, Congo e Zambeze.

A partir de 1870, as potencias europeas, especialmente Francia e Inglaterra, lanzáronse a conquistar e colonizar África: os primeiros co proxecto de controlaren unha franxa de Leste a Oeste e os segundos de Norte a Sur. Isto provocou conflitos entre eles e receos das outras potencias europeas.

Conferencia Internacional

en Berlín

Convocada polo chanceler alemán Von Bismarck, co obxectivo de estabelecer as bases do reparto de África

• Libre navegación por grandes ríos africanos

• Obriga de ocuparen efectivamente o territorio reclamado por cada potencia

• Delimitación de áreas de influencia de cada potencia

• Aumentar o benestar moral e material dos conquistados

Acordos básicos

RESOLUCIÓNS DO CONGRESO DE BERLÍN (1885)

“No nome de Deus Todopoderoso A Súa Maxestade o Rei de España; a súa Maxestade o Emperador de Alemaña, etc.; Desexando concertar de común acordo as condicións máis favorables ao desenvolvemento do comercio e da civilización en certas rexións de Africa, e asegurar a todos os pobos a avantaxe da libre navegación nos dous principais ríos africanos; desexando evitar as desavenencias e cuestións que máis adiante puidense suscitarse polas novas tomas de posesión na costa de África, e atendendo, ademais, á maneira de aumentar o benestar moral e material das poboacións indíxenas, resolveron::1°. Unha Declaración relativa á liberdade do comercio na bacía do Congo., 2°. Unha Declaración referente á trata de escravos e ás operacións que por terra ou por mar proporcionan escravos para a trata.4°. Unha Acta de navegación do Congo, e do Níxer CAPITULO VIArt. XXXIV. A potencia que en adiante tome posesión dun territorio nas costas do continente africano, situado fóra das súas posesións actuais ou que as adquira máis adiante, así como a potencia que asuma un protectorado, achegará a Acta respectiva unha notificación dirixida ás demais potencias signatarias da actual, a fin de que, se houber lugar a isto, podan facer valer as súas reclamacións.Art. XXXV. As potencias asinantes desta Acta recoñecen a obriga de manter, nos territorios que ocupen na costa do continente africano, a autoridade competente para facer respectar os dereitos adquiridos e, en caso necesario, a liberdade de comercio e de tránsito nas condicións que se estipulasenl”.

África antes e despois da Conferencia de BerlínÁfrica antes e despois da Conferencia de Berlín

CONFLITOS COLONIAIS AFRICANOS ENTRE POTENCIASCONFLITOS COLONIAIS AFRICANOS ENTRE POTENCIAS

As guerras Boers

Desenvovidas entre 1880 e 1902 entre colonos holandeses e o Imperio Británico polo desexo deste de extender o seu dominio a toda a África Austral.

Fue unha loita desigual entre granxeiros e o exército inglés. Finalmente as pequenas repúblicas boers de Orange e Transvaal foron incorporadas ao Imperio Británico.

O incidente de Fashoda

(1.898)

Visión francesa Visión británica

Os exércitos coloniais francés e británico marcharon sobre Fashoda (entre Chad e o Altp Nilo) co fin de ocupalo e pechar a súa banda de dominio continental: os franceses entre o Atlántico e o Indico, e os ingleses entre o Mediterráneo e Sudáfrica. A guerra estivo a punto de estourar, mais os franceses retiráronse

A canle de SuezA canle de Suez Fundamental para o poder imperial de Fundamental para o poder imperial de

Inglaterra e Francia no século XIX.Inglaterra e Francia no século XIX. A canle, construída polos Lesseps e A canle, construída polos Lesseps e

baixo control de Francia e Inglaterra.baixo control de Francia e Inglaterra.

Paso estratéxico esencial Permite o Paso estratéxico esencial Permite o acceso dende o Mediterráneo ao acceso dende o Mediterráneo ao océano Índico a través do mar Roxo, océano Índico a través do mar Roxo, para chegar máis rápido e barato ás para chegar máis rápido e barato ás súas colonias de Asia, así como súas colonias de Asia, así como fundamental para o transporte de fundamental para o transporte de petróleo desde Oriente Medio a petróleo desde Oriente Medio a Europa.Europa.

Inauguración da canle de SuezInauguración da canle de Suez

Para os fastos de inauguración encargouse especialmente unha ópera :

“Aída”, de Verdi

Supuxo un aforro de 9.000 km

A ocupación de AsiaNo “Asalto de Asia” interviron, ademais das potencias tradicionais, Rusia, EE.UU e Xapón.

Gran Bretaña: Asentada nos portos de Madrás, Calcuta e Bombai a través da Compañía Inglesa das Indias desde o s. XVIII, aproveitaá a revolta dos cipaios para tomar o control total. Nomearon un Vicerrei e anexionaron Birmania e Malasia.

Francia: Centrouse no SL asiático creando a Unión Indochina que abranguía Laos, Annam (Vietnam) e os protectorados de Camboxa, Tonkin e Siam (máis tarde con autonomía e neutral como fronteira entre os imperios francés e inglés).

Rusia: Estenderase por Siberia até China. Entrará en conflito con Inglaterra (Persia) e Xapón (Manchuria).

Holanda: Presente en Asia desde o s. XVII, asentada nas illas da Sonda (Indonesia).

Desde 1898

EUROPA LÁNZASE SOBRE CHINAEUROPA LÁNZASE SOBRE CHINA

Emperatriz Xi Ci

As potencias europeas só foran capaces de estabelecern encraves comerciais na costa chinesa.

Os ingleses equilibraban as compras en China coa venta de opio. Malia a prohibición deste comercio de opio polas autoridades chinesas (1839), seguiu a facerse, o que desembocou nas “guerras do opio”.

A derrota chinesa permitiu aos británicos ocupar o encrave de Hong Kong, así como abrir ao comercio internacional 12 portos, polos que entrou a influencia das potencias imperialistas.

““Barcos bárbaros empéñanse en Barcos bárbaros empéñanse en vir comerciar coa intención de vir comerciar coa intención de acadar grandes beneficios. As acadar grandes beneficios. As riquezas de China son arrebatadas riquezas de China son arrebatadas en proveito dos bárbaros. Con que en proveito dos bárbaros. Con que dereito utilizan a droga velenosa dereito utilizan a droga velenosa para prexudicar ao pobo chinés? para prexudicar ao pobo chinés? Mesmo no caso de que os Mesmo no caso de que os bárbaros non desexaren nos bárbaros non desexaren nos prexudicar, co seu inmoderado prexudicar, co seu inmoderado afán de lucro, no se preocupan afán de lucro, no se preocupan polo mal que ocasionan ao polo mal que ocasionan ao próximo. Preguntámonos: onde próximo. Preguntámonos: onde está a vosa conciencia?”está a vosa conciencia?” Comisionado Lin Zexu á raíña Comisionado Lin Zexu á raíña Victoria (Gran Bretaña), 1839Victoria (Gran Bretaña), 1839

O consumo de opio, antes reservado ás clases máis altas, popularizouse na China grazas ao tráfico inglés (que o abaratou). O número de consumidores aumentou e o país encheuse de fumadoiros. Isto, unido á superioridade técnica e militar, permitiu ás potencias europeas controlaren as riquezas de China sen necesidade de ocupala.

“China non se decata de que a súa civilización é vella, inservible para loita coa do mundo occidental; crese raíña das nacións, o centro da sabedoría e da ciencia. Os seus dirixentes e toda a súa poboación só teñen menosprezo para “os diaños de Occidente”. Polo que respecta aos mandaríns, (...) cómpre dividilos en tres categorías: quen teñen horror ás innovacións e que de boa fe consideran todo perdido se se mudar algo o estado de cousas estabelecido polos antigos;quen temen, polo seu interese persoal, as innovacións diabólicas de Occidente (telégrafos, ferrocarrís); e, en fin, os moi escasos que comprenden a inferioridade da maior parte das institucións de China, o seu illamento e a súa debilidade”.J,. Challey: “La Chine” en L´Economiste français, 7 de xaneiro de1888.

Houbo reaccións nacionalistas como o “Levantamento dos 100 días” (1898) ou a revolta popular dos “boxers” baixo o berro “Morte ao extranxeiro!”. Ambas as dúas fracasaron ante a unión das tropas de todos os países coloniais ubicadas en China.

O imperialismo dos Estados UnidosO imperialismo dos Estados UnidosTralo gran crecemento económico dos EE.UU a fins do s. XIX e o intenso proteccionismo europeo, foille necesario buscar novos mercados e practicar unha política expansionista.

As bases ideolóxicas e a xustificación viñeron da aplicación da teoría da supervivencia das especies de Darwin (Darwinismo social).

EE.UU. deberían competir encarnizadamente con outras nacións para sobreviviren no contexto internacional. A opinión maioritaria defendeu que o continente americano era o seu espazo natural de expansión e que os EE.UU. podían e debían intervir en calquera lugar do continente para defenderen os seus intereses.

A “doutrina Monroe” ou a “Big stick politic” (política do gran garrote) de Theodore Roosevelt foron as vías de actuación.

a

En 1823, o presidente dos EE. UU. James Monroe lanzou a idea do destino manifesto que se simplificou na frase "América para os americanos", e que na práctica significaba a vocación do seu país por dominar todo o seu hemisferio, relevando aos estados europeos.

A "doutrina Monroe" foi dando importantes pasos durante todo o s. XIX e fíxose realidade a fins de século: todo o continente ficaba baixo a influencia económica e política do EE.UU., despois da anexión de Cuba e Porto Rico.

“Os nosos intereses son semellantes os dos nosos veciños do sur. Estes pobos teñen grandes riquezas naturais, e se neles reinan a xustiza e as leis básicas de toda sociedade civilizada, poden estar seguros de que os trataremos con simpatía cordial ey afectuosa. Non interviremos nos seus asuntos máis que como último recurso, ou se se fixer evidente a súa incapacidade ou mala vontade, violaren os dereitos dos Estados Unidos, ou solicitaren axuda extranxeira en prexuízo da nación americana. É obvio que cada nación en América que desexar conservar a súa liberdade e independencia, debe ser consciente que terá ese dereito só se souber facer bo uso dela.”

T. Roosevelt, 1904

Comezouse coa compra de Alaska a Rusia (1867) para controlar a navigación do estreito de Bering.

A guerra contra España en 1898, supuxo o control de Cuba, Porto Rico e Filipinas.

O colonialismo estadounidense, a diferenza do europeo e do xaponés non se baseou na conquista territorial e na imposición dunha administración metropolitana, senón pola inxerencia nos asuntos internos dos países da zona e na sumisión económica dos gobernos autóctonos aos seus intereses (neocolonialismo).

En todas as pequenas repúblicas do Caribe e Centroamérica, os intereses das grandes compañías norteamericanas foron protexidos por unha intervención directa, incluíndo a militar, na formación de gobernos dependentes ou na xestión dos asuntos económicos, dando lugar á “diplomacia do dólar”.

Construída polos Estados Unidos entre 1901-14, era de vital Construída polos Estados Unidos entre 1901-14, era de vital importancia para o tráfico comercial e militar entre as costas leste importancia para o tráfico comercial e militar entre as costas leste e oeste do país. Fomentouse unha guerra contra Colombia para e oeste do país. Fomentouse unha guerra contra Colombia para independizar Panamá e sometelo ao control dos EE.UU. Foi independizar Panamá e sometelo ao control dos EE.UU. Foi básica para o control militar de América Central e o Caribe.básica para o control militar de América Central e o Caribe.

A Canle de Panamá

O imperialismo xaponés

Trala revolución Meiji, que supuxo un espectacular desenvolvemento económico e financeiro de corte capitalista, Xapón non só se abriu a Occidente e reformouse institucionalmente, senón que se preparou para ser unha potencia rexional que rapidamente construirá o seu propio imperio colonial.

En 1895, trala guerra contra China, Xapón consiguiu a soberanía sobre as Illas dos Pescadores e sobre Formosa, e participou na represión da rebelión dos Boxers en 1900, con idénticas vantaxes comerciais ás potencias occidentais.

Entre 1904 e 1905 desenvolveuse a guerra ruso-xaponesa: a primeira vez que un país oriental derrotaba a un imperio europeo. Coa súa vitoria Xapón conseguiu a metade da illa Saxalín e Port Arthur.

O avance territorial xaponés incrementouse ao comezar o século XX. O control sobre Manchuria e Corea culmina coa anexión desta península en 1910, confirmando a vontade expansiva do novo imperio.

A organización das coloniasA organización das colonias

Colonias de explotaciónColonias de explotaciónEstaban baixo a soberanía e la administración da potencia.

Control político e explotación económica por parte da metrópole.

Abundante poboación indíxena, cunha elite europea e colonos explotando (India).

ConcesiónsConcesións

Algúns países independentes conceden ás potencias portos e vantaxes comerciais (China: Hong Kong, Macao), sempre encraves cobizados polo seu interese estratéxico ou comercial.

ProtectoradoProtectoradoA potencia “protectora” controlaba as riquezas e a política exterior mentres que un goberno controlado nativo se ocupaba da política interior.(Marrocos)

Dominio ou colonia de poboamentoDominio ou colonia de poboamentoTerritorio con escasa poboación indíxena e ocupado en masa por colonos europeos con formas de vida e organización europeas (Australia).

Consecuencias para os colonizadosConsecuencias para os colonizadosA civilización que nos vén de Europa é voraz e dominante: consome os pobos que invade e extermina as razas que se opoñen á súa conquista. É unha civilización caníbal: oprime os débiles e enriquece os fortes. É unha máquina de triturar. Alá onde vai, sementa conflitos e divisións. É unha civilización científica, mais non humana. Concentra todas as súas forzas no único obxectivo de se enriquecer, coma un millonario que vende a súa alma por unha fortuna.

R. Tagore, 1916

Os territorios colonizados sufriron un profundo impacto que transformou o modo de vida das poboacións indíxenas no económico, social, demográfico ecultural

Consecuencias para os colonizadosConsecuencias para os colonizadosEconómicasAgás para as elite locais, a situación empeorou.Produciuse un proceso de expropiación de terras indíxenas que favoreceu aos colonizadores. Abandonáronse os cultivos tradicionais e potenciáronse as plantacións de monocultivo extensivo por intereses das metrópoles.Igualmente produciuse unha explotación intensiva dos recursos mineiros, o que provocaría unha futura dependencia destes territorios.

“En Alxeria, todas as terras fértiles estaban xa cultivadas ao chegaren as tropas francesas. Así a pretendida “explotación de terras” foi, máis ben, a explotación dos seus habitantes.

Afrancesando e divindo a propiedade, provocouse unha fenda na vella sociedade tribal e substituíronse as forzas colectivas polas individuais, ao tempo que se creaba unha man de obra barata que compensaba os gastos de transporte dos produtos á metrópole e aseguraba os beneficios das empresas coloniais. A colonización transformou os alxerinos nun

inmenso proletariado agrícola”. J. P. Sartre, 1956

A República colonial, segundo unha revista satírica francesa, 1911

CulturaisProduciuse un proceso de aculturación e perda das tradicións e crenzas propias.

SociaisO aumento da poboación rompeu o equilibrio poboación-recursos.Desorganizaouse a vida tribal, unidades étnicas foron divididas ou unidas de xeito artificial, o que provocará futuros violentos conflitos. Utilizaranse determinados grupos indíxenas para recrutar corpos do exército de choque e controlar as revoltas indíxenas (cipaios en India, mamelucos en Egipto, gurkas en Nepal)Tamén se escravizou a parte da poboación.

Consecuencias para os colonizadosConsecuencias para os colonizados

Económicas

As potencias puideron continuar o seu crecemento. Aprovisionáronse de materias primas e venderon os seus produtos industriais ás colonias. Construíron estradas, camiños de ferro e porto. Grazas a todo isto conseguiron grandes beneficios.

Chegaron a Europa grandes cantidades de produtos coloniais (té, cacao, café) a baixo custo pola explotación da man de obra indíxena.

Culturais

Estendeuse a cultura occidental en todos os continentes. Os europeos tiveron a oportunidade de coñecer outras civilizacións. Reforzouse o sentimento de superioridade dos occidentais.

Consecuencias para os colonizadores

As tensións nacionalistas do colonialismo chegaron ao extremo cara a 1910. As diversas alianzas entre potencias e a carreira de armamentos desembocará na Primeira Guerra Mundial.

Políticas

Algúns filmes sobre este tema

Y un libro fundamental

El libro negro del colonialismo Marc Ferro (coord). Trad: Carlo A. Caranci.

La Esfera de los Libros, Madrid 2005.

Después de vermos isto, pódese dicir que os países do Terceiro Mundo teñen débeda externa?