7
XVI ENCONTRO REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS Un ano máis iniciamos o curso cun encontro en Rede, para poder compartir unha xornada lúdica e pedagóxica con outros mozos e mozas da Rede Solidaria da Mocidade Entrecuturas. Nesta ocasión un total de 22 alumnos/as (a representación masculina recaeu en dúas novas incorporacións: Zito (1º ESO) e Álex (3º ESO) e dúas profesoras dedicamos un soleado sábado (25 outubro 2014) para viaxar cara a Santiago e dirixímonos ao Instituto Arcebispo Xelmirez I, centro anfitrión deste encontro. A xornada comezou cunha cálida acollida, non só polo sol que brillaba no ceo neste anodino día outonal, senón por parte dos alumnos/as e profesores/as do Xelmirez, que prepararon este evento con moito cariño e ilusión. Tras unha breve presentación do planning do día, todos os rapaces e rapazas realizaron diferentes dinámicas centradas na temática dos dereitos humanos, mentres que os docentes realizabamos a nosa formación, adquirindo novas ferramentas didácticas para abordar a educación emocional. E despois de tanto traballardevoramos ao aire libre o xantar que nos estaba esperando, pizza e macarroni, mamma mía!! E de postre… a elaboración das axendas solidarias. O multitudinario grupo do CPI Virxe da Cela (coidadosamente uniformados coas súas xa características camisetas amarelas) reuniuse nunha escaleira para decidir as posibles actividades a realizar durante este curso académico 2014-2015: as que xa son case que “oficiais” (rastro solidario, operación quilo, recollida de tapóns, etc), e tamén novas ideas como visitar un asilo de anciáns, realizar unha “chiculatada solidaria”, gravar un videoclip, etc. E antes de que cada centro expuxese a súa axenda, dúas alumnas do Xelmirez impartiron unha interesantísima charla sobre a súas vivencias en Nicaragua. Como broche final os/as profes asistentes ao encontro subiron ao escenario a facer unha pequena actuación-homenaxe á Rede Solidaria, que en Galicia cumpriu nin máis nin menos que 10 anos de existencia!! A despedida foi espectacular, a ritmo de capoeira. Todos os rapaces e rapazas asistiron a unha demostración desta curiosa danza afro-brasileira realizada no patio, e non soamente ollaron coa boca aberta as acrobacias dos bailaríns, senón que tiveron a oportunidade de recibir unha pequena clase de achegamento a esta disciplina, tanto na práctica instrumental como no movemento. Está claro que con este tipo de encontros a Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas ten garantidos polo menos outros dez anos máis de andainas!!!

Crónica xvi encontro entreculturas

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Crónica xvi encontro entreculturas

XVI ENCONTRO REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

Un ano máis iniciamos o curso cun encontro en Rede, para poder compartir unha xornada

lúdica e pedagóxica con outros mozos e mozas da Rede Solidaria da Mocidade Entrecuturas. Nesta

ocasión un total de 22 alumnos/as (a representación masculina recaeu en dúas novas incorporacións:

Zito (1º ESO) e Álex (3º ESO) e dúas profesoras dedicamos un soleado sábado (25 outubro 2014) para

viaxar cara a Santiago e dirixímonos ao Instituto Arcebispo Xelmirez I, centro anfitrión deste encontro.

A xornada comezou cunha cálida acollida, non só polo sol que brillaba no ceo neste anodino día

outonal, senón por parte dos alumnos/as e profesores/as do Xelmirez, que prepararon este evento con

moito cariño e ilusión. Tras unha breve presentación do planning do día, todos os rapaces e rapazas

realizaron diferentes dinámicas centradas na temática dos dereitos humanos, mentres que os docentes

realizabamos a nosa formación, adquirindo novas ferramentas didácticas para abordar a educación

emocional.

E despois de tanto traballar… devoramos ao aire libre o xantar que nos estaba esperando, pizza

e macarroni, mamma mía!! E de postre… a elaboración das axendas solidarias. O multitudinario grupo

do CPI Virxe da Cela (coidadosamente uniformados coas súas xa características camisetas amarelas)

reuniuse nunha escaleira para decidir as posibles actividades a realizar durante este curso académico

2014-2015: as que xa son case que “oficiais” (rastro solidario, operación quilo, recollida de tapóns, etc),

e tamén novas ideas como visitar un asilo de anciáns, realizar unha “chiculatada solidaria”, gravar un

videoclip, etc. E antes de que cada centro expuxese a súa axenda, dúas alumnas do Xelmirez impartiron

unha interesantísima charla sobre a súas vivencias en Nicaragua. Como broche final os/as profes

asistentes ao encontro subiron ao escenario a facer unha pequena actuación-homenaxe á Rede

Solidaria, que en Galicia cumpriu nin máis nin menos que 10 anos de existencia!!

A despedida foi espectacular, a ritmo de capoeira. Todos os rapaces e rapazas asistiron a unha

demostración desta curiosa danza afro-brasileira realizada no patio, e non soamente ollaron coa boca

aberta as acrobacias dos bailaríns, senón que tiveron a oportunidade de recibir unha pequena clase de

achegamento a esta disciplina, tanto na práctica instrumental como no movemento. Está claro que con

este tipo de encontros a Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas ten garantidos polo menos outros

dez anos máis de andainas!!!

Page 2: Crónica xvi encontro entreculturas
Page 3: Crónica xvi encontro entreculturas
Page 4: Crónica xvi encontro entreculturas
Page 5: Crónica xvi encontro entreculturas
Page 6: Crónica xvi encontro entreculturas
Page 7: Crónica xvi encontro entreculturas