28
II CONCURSO DE RELATOS CURTOS E POESÍA “João de Novoa” Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística IES SAN MAMEDE

Certame Literario Joao de Novoa

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Traballos premiados

Citation preview

Page 1: Certame Literario Joao de Novoa

II CONCURSO DE RELATOS CURTOS E POESÍA

“João de Novoa”

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

IES SAN MAMEDE

Page 2: Certame Literario Joao de Novoa

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

IES SAN MAMEDE

SEMANA DAS LETRAS

II CONCURSO DE RELATOS CURTOS E POESÍA“Joao de Novoa”

I. TEMÁTICA:As obras deberán estar escritas en lingua galega, tanto na modalidade de RELATO CURTO como na de POESÍA. O tema será libre.

II. PARTICIPANTES:Todo o alumnado do IES San Mamede e o de 6º de Educación Primaria dos centros adscritos, distribuído en catro categorías, en cada modalidade:

-1ª categoría: alumnado de 6º de Educación Primaria.-2ª categoría: alumnado de 1º e 2º ESO.-3ª categoría: alumnado de 3º e 4º ESO e mais PCPI.-4ª categoría: alumnado de 1º e 2º Bacharelato e mais ESI.

III. OBRAS:

-Os traballos serán orixinais e inéditos.-Presentaranse baixo un título, a dobre espazo e por unha soa cara:

cunha extensión máxima de dous folios na modalidade de relato curto. cunha extensión mínima de 10 versos e máxima de 50 versos para poesía.

-Os datos persoais do autor/a (nome e apelidos, curso) deberán aparecer nun folio á parte, xunto co título do relato presentado.

IV. PRAZO E LUGAR DE ENTREGA:-O prazo de presentación dos traballos (relato curto e poema), rematará o venres 22 de maio de 2009.-Os orixinais poderán ser enviados, xunto cos datos persoais do autor/a, por correo electrónico ao seguinte enderezo: [email protected]. Tamén poderán ser entregados a calquera membro do ENDL ou do Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES San Mamede.

Page 3: Certame Literario Joao de Novoa

V. PREMIOS:-Outorgaranse dous premios por cada modalidade (relato curto e poesía) e categoría. -A entrega de premios da 1ª categoría terá lugar durante a xornada de acollida que se desenvolverá no noso centro o vindeiro 26 de maio.-A entrega de premios das 3 últimas categorías terá lugar o xoves 28 de maio no segundo recreo.

Page 4: Certame Literario Joao de Novoa

PREMIO NA MODALIDADE DE POESÍA PARA ALUMNADO DE 6º DE E. PRIMARIA

A bolboreta

A bolboreta voa,voa polo valado.A bolboreta canta,canta demasiado.

Revoa polo ceo,un ceo nubrado.Ela está triste,por este mundo endebedado.

A bolboreta non o soporta,está moi enfadada.Ela desexa que apareza a súa fada.

Esperou e esperoue a súa fada chegou.E a partir de alío mundo cambiou.

A bolboreta voa,voa polo valado.A bolboreta canta,canta demasiado.

Revoa polo ceoun ceo azulado.Ela está contentapor este mundo cambiado.

Natalia Araujo Pérez, 6º E.P.Colexio Virxe Milagrosa, Maceda

Page 5: Certame Literario Joao de Novoa

PREMIO NA MODALIDADE DE RELATO PARA ALUMNADO DE 6º DE E. PRIMARIA

O paro e a crise

Estaban dous homes falando da vida que levan hoxe en día. Un é traballador nunha empresa de Leite Río e o outro é un pai de familia sen traballo. Un dicíalle ao outro:

─ Mira, o outro día cando cheguei ao traballo, encontreime con que despediran a 1000 traballadores e que a empresa estaba en quebra e que pronto ía cerrar.

─ Si, pois o meu aínda é peor –contestoulle o parado–. A miña muller, que traballaba nunha tenda de zapatos europeos, acábana de despedir porque xa ninguén compra calzado europeo, xa que está máis barato o de China e outros países.

─ Xa, pero se nos pomos así é igual ou peor o meu –argumentou o primeiro–, xa que ningún galego merca leite galego, senón que compra leite francés ou de por aí.

─ Intenta comprendelos; ti, cando vas ao supermercado ou a unha tenda de zapatos e ves o produto galego ou europeo a 1’10 euros e o estranxeiro a 0’90 céntimos, cal mercas?

─ Pois tamén tes razón. Pero ... pensa que o feito de mercar máis barato supón que moitos dos nosos traballadores queden no paro!

─ De acordo. Non obstante, ponte no lugar dos dous. Que fas?─ Mira, póndose nos dous lugares xa non sabes que facer. Pois que

cada un faga o que lle diga a súa conciencia!

Ana Baltar Janeiro, 6º E.P.Colexio Virxe Milagrosa, Maceda

Page 6: Certame Literario Joao de Novoa

PREMIO NA MODALIDADE DE POESÍA PARA ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO

Amor

Hoxe espertei,era un día tristepois tiven que despedirme.

Os teus beizos dicían que volveríase o teu corazón que me queríase de pronto á miña cabeza tola volvías,cando me dixeches que non me queríase o meu corazón en dous partías.

Silvia Domínguez Navarro, 1º ESO A

Page 7: Certame Literario Joao de Novoa

PREMIO NA MODALIDADE DE POESÍA PARA ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO

Unha árbore caída

Fai once anosunha árbore plantei,hoxe en día xa creceu,pero axiña a cortarei.

Mañá esa árbore caeráe para o palleiro iráporque a leña ten que secarpara cando pase o verán.

Pobre árbore, mañá caerá,pero para podela recordaroutra árbore hei plantar.

Samuel González Fernández, 2º ESO C

Page 8: Certame Literario Joao de Novoa

PREMIO NA MODALIDADE DE RELATO PARA ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO

Un neno diferente

Nunha escola coma esta, nunha clase igual, houbo unha vez un neno que non era coma todos. Tiña un nome raro, falaba un idioma que ninguén entendía e tiña a pel coma se alguén lla pintase con tizóns. O neno chamábase AISIB RABULL, pero todos lle chamaban “O negro”.

─ Viches ao negro?─ Vin. Está onda sempre, só, sen amigos. Está triste.Así andou moitos días AISIB, o neno que non era igual a todos, e por non

ser igual, todos o miraban distinto, tan diferente que o máis bonito que lle dicían era feo, ¡feo!, sen contar que o mellor saúdo era ..., mellor non dicilo. E despois disto, sempre viñan os máis atrevidos que lle facían a cambadela, os que lle pegaban cunha vara de vimbio como din os nosos avós que facían antes cando os nenos non eran obedientes.

Unha vez xuntáronse varios nenos e pegáronlle a AISIB, pegáronlle moito como algunha xente incivilizada lles pega aos animais. E gravaron todo isto no móbil para despois ir ensinándoo. Eu tamén o oín, e cando o vin deume noxo e sentín vergoña de vivir nun mundo así. Sentinme tan mal que decidín escribir este relato.

Despois, veu un amigo que llo deu á mestra e decidiu lelo na clase para que todos fosen conscientes da estupidez que os nenos poden facer. Aquel día foi para recordar sempre, tan extraordinario que a partir de entón todo cambiou. AISIB era un neno coma todos, por unha razón moi sinxela: “ninguén é diferente a alguén”.

Jordi Mantilla Bouzas, 1º ESO A

Page 9: Certame Literario Joao de Novoa

PREMIO NA MODALIDADE DE RELATO PARA ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO

Dúas probas e unha apócema

Hai moito tempo existiu un reino que estivo gobernado por un rapaz de doce anos, Arturo. Vivía nun palacio co seu pai, Francisco, e moitos criados, entre os que destacaba Pepa que era malvada e odiaba ó fillo de Francisco.

Unha noite Pepa entrou no palacio e secuestrou a Arturo. Antes de marchar quitou un dente do peto e tirouno no chan.

Á mañá seguinte cando o pai entrou no cuarto decatouse de que seu fillo desaparecera. Cando viu o dente pensou que o seu fillo fora secuestrado por unha bruxa coñecida polos asasinatos cometidos.

Esa mesma mañá Francisco pediulle axuda a dous detectives moi famosos, Fernando que era moi pequeno e Rodrigo que era moi gordo. Estes aceptaron a cambio de moito diñeiro.

Partiron ó día seguinte moi cedo cara á montaña na que vivía a bruxa. Tras horas e horas camiñando chegaron a unha especie de túnel no que había unha estatua que lles impedía o paso. Esta dixo: “Se acertades a seguinte adiviña, déixovos pasar”. A estatua recitoulles a adiviña e deixoulles dez minutos para pensar a resposta.

Tras oito minutos pensando, Fernando acertou a adiviña e a estatua deixouno pasar, pero ó seu compañeiro Rodrigo impediulle o paso.

Deste xeito, o que acertou a resposta correcta seguiu o camiño que levaba á casa da bruxa e ó chegar atopou a porta aberta e decidiuse a entrar. De súpeto apareceu a dona da casa e preguntoulle que facía alí. Este dixo que fora por Arturo e que entregaría a súa vida a cambio da del. Ela respondeu que non faría falta, que lle diría onde estaba a cambio de dous favores.

O primeiro favor que lle pediu foi que lle levase a súa mascota, que quedara atrapada no máis alto da montaña.

Tras escoitar isto, Fernando foi ao alto da montaña. Cando chegou púxose a buscala e atopouna cunha das patas dianteiras atrapada nunha trampa. Intentou axudala, pero non lle deu quitado a perna da trampa. De súpeto ocorréuselle unha idea. Colleu a espada que levaba e empregouna de panca. Deste xeito conseguiu salvar a gatiña e levoulla á bruxa.

Page 10: Certame Literario Joao de Novoa

O segundo favor consistía en levar a única pluma máxica existente que se atopaba nunha chaira a dous metros de altura con respecto ao chan.

Cando chegou ao lugar no que se atopaba a pluma, deuse conta de que non podía collela porque non lle chegaba coa man, xa que só medía un metro sesenta. Comezou a pensar o que podía facer e tras pensar media hora ocorréuselle algo. Foi pola mascota que salvara, colleuna e levantouna todo o que puido e esta colleu a pluma coa boca. Logo deixou a gata no chan e quitoulle a pluma.

Cando chegou á casa da bruxa deulla e esta díxolle: “Xa completaches os dous favores”. Logo contoulle que Arturo fora encerrado por Pepa no alto da torre do palacio e ademais deulle unha apócema que o faría dúas veces máis forte e alto.

Fernando marchou e ao chegar ao túnel contoulle todo o que sabía a Rodrigo. Os dous foron correndo ata subir ao máis alto da torre. Alí viron o pobre rapaz metido nunha gaiola. Forzaron a porta e entraron a axudar a saír a Arturo, pero de súpeto apareceu a criada e encerrounos na gaiola.

Fernando tomou a apócema e rompeu a gaiola. Logo perseguiu a Pepa ata collela e a continuación levou o rei co seu pai.

Tres días máis tarde, Arturo entregoulles un cofre cheo de ouro e ascendeunos, meteu a Pepa no cárcere e regaloulle unha casa nova á bruxa.

Álvaro Souto Janeiro, 2º ESO A

Page 11: Certame Literario Joao de Novoa

PREMIO NA MODALIDADE DE RELATO PARA ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO

O GUERREIRO LI-CHUNG

Levaba cinco días camiñando entre a neve, pero o guerreiro Li-Chung non desistía do intento de rescatar a súa muller Li-Mei das gadoupas do prestamista Lai-do, quen secuestrara a muller de Li-Chung por cumprir unha vinganza do pasado.

Ó chegar a unha cova Li-Chung decidiu acampar alí. Pousou as armas: catanas e numerosos coitelos. Fixo unha fogueira e asou un coello que cazara antes de chegar ás montañas nevadas. Ó amencer preparouse para seguir a viaxe, saíu da cova e viu como uns homes moi sospeitosos se dirixían cara ao norte. Decidiu seguilos e, cando se detiveron polo camiño, descubriron a Li-Chung, sacaron as catanas e loitaron, pero non puideron gañarlle a Li-Chung porque levaba anos adestrándose. Interrogou a un deses homes que aínda seguía vivo e soubo que a gorida de Lai-do estaba cara ao norte.

Li-Chung continuou a súa viaxe. Tardou dous días en chegar ata a gorida, mais ao final conseguírao. Entrou nela e viu como Lai-do tiña a súa muller retida. Li-Chung sacou as armas e Lai-do tamén. A loita durou máis de unha hora, pero ao final Li-Chung venceu, logo colleu a súa muller e xuntos regresaron á vila onde vivían.

Julen Lameiras Méndez, 2º ESO C

Page 12: Certame Literario Joao de Novoa

PREMIO NA MODALIDADE DE POESÍA PARA ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO

O Libro

Cando o abrosinto algo especialmírolle a portadae xa sei de que vai.

Miro a primeira follaestá chea de informacióndi cando se escribiue cal é o seu autor.

Comezo a lelo enon podo pararporque o libromoitas intrigas terá.

A calquera persoaun libro lle gustaránon todos son iguaispois hai moito onde ollar.

Vas á biblioteca enon sabes para onde mirarmoita variedade eaventuras terás.

Na biblioteca teñenunha colocación especial,van por orde alfabética,por lingua e por editorial.

Un libro é coma unha persoamoitas cousas che contarásentiraste moi acompañadoe só nunca estarás.

Un libro, diñeironon che custaráporque na bibliotecaunha morea deles atoparás.

Non só na biblioteca os hai,senón que en internettodos estarán.

Lendo libros moito aprenderáse moito vocabulario terás.

Catarina Rodríguez Iglesias, 4º ESO C

PREMIO NA MODALIDADE DE RELATO PARA ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO

Un novo amencer

Page 13: Certame Literario Joao de Novoa

-Velo? É ese de aí, o amigo de Xulio, o da chaqueta azul.-De verdade?Pois os seus ollos parecen tristes.- Verdade? Pero desde que está coa irmá de Xulio sempre anda con eles.

Nunca imaxinei que no comedor do instituto me puidera namorar daquela maneira pero como non, namoreime da persoa equivocada pois levabámonos mal coa súa panda porque o seu amigo Xulio que andaba con eles enganara a Sara cando estiveran xuntos e ademais acosáraa. E como sempre me di miña nai de tal pau tal estela polo cal o seu amigo sería o mesmo tipo de persoa. Xabier andaba con Renata unha rapaza da miña clase que tiña un ano menos ca min. Sempre andaban collidos da man e Renata case sempre nos cambios de clase ía á aula de Xabier e bicábanse ata que viña o profesor.Eu nunca me fixara en Xabier, porque como só levabamos unha semana de clase e el antes estudaba na cidade non o vira nunca ata o día no que mo sinalou Sara.Non podía parar de miralo e como eu vou en A e el vai en C as clases facíanseme eternas ata que viña o recreo. As miñas amigas preguntábanme se me gustaba pero eu sempre o negaba, non quería que se enfadasen comigo por unha parvada, total nunca estaría con el.

- Estás segura de que non che gusta? –Preguntábame seguidamente Sara – míralo tantas veces que dá que pensar.

- Non home non, o que pasa é que teño moita curiosidade por coñecelo, pero tranquilas que non lle falarei– mentín de novo.

- Máis che vale porque xa sabes que quen anda con eles non é a nosa amiga –cabreouse Ana.

Ó día seguinte había clase de bioloxía e como era optativa xuntábannos nunha clase a todos os alumnos da materia de A, B e C.Cando cheguei xa era tarde pois todos estaban sentados nas mesas do laboratorio, e pregunteille ao profesor onde me podía sentar; sinaloume a mesa onde estaba sentado Xabier.Termábanme as mans e case me afogaba, non facía máis que colocar o cabelo para estar perfecta.A partir de aquel día fun a compañeira de laboratorio de Xabier. O primeiro que nos encomendou o profesor foi analizar a través do microscopio as células do epitelio bucal do noso compañeiro.

-Quen empeza? –Preguntoume Xabier cun ton algo desagradable.-Se queres, comezamos coas túas –contesteille embobada.

Page 14: Certame Literario Joao de Novoa

E así foi, collín un palillo e mentres el abría a súa delicada boca eu dedicábame a rasparlle o epitelio.El fixo o mesmo comigo, non podía evitar mirar os seus ollos verdes e pensaba que esa sería a hora de clase máis curta da miña vida.Miramos no microscopio as nosas células e para romper o xeo estivemos falando sobre nós. Eu estívenlle contando a miña aburrida vida desde que meus pais se separaron.

- E ti por que viñeches a este instituto?Por que non te quedaches na cidade? –preguntaba eu aínda sorprendida.

- Porque meus pais están traballando en Nova York e tiven que vir vivir coa miña avoa por un tempo.

Ese “por un tempo” asustoume moito eu quería que non marchase, que estivese comigo sempre, que non se afastase de min nin un minuto.Eu creo que nesa clase foi onde verdadeiramente saltaron chispas entre el e eu; onde el se deu de conta de que o quería.Así houbo moitas clases de bioloxía, creo que por iso deixei a materia para setembro porque non me podía concentrar con eses ollazos.Un mes despois xa non podiamos ocultar o que un sentía polo outro, o problema era que só na clase de bioloxía podíamos falar porque non estaban os seus amigos nin os meus e tampouco a súa moza. Eu vía que el non me mentía pois xa non quería a súa moza, xa non se bicaban como ao principio de curso.Pronto se correu a voz de que eramos moi “amiguiños” e os rumores chegaron aos nosos amigos. Xa non podiamos falar nin en clase de bioloxía, era imposible vernos ás agachadas pois estabamos máis controlados ca nunca, xa non podiamos mirarnos no comedor pois así os rumores faríanse certos.Pasaron así días sen nada que facer, eu pensaba que todo estaba acabado ata que no meu libro apareceu unha notiña un pouco enrugada.

Nese momento a miña mirada cambiou completamente e a miña cabeza comezou a cavilar a escusa perfecta para poder encontrarme con Xabier. Á fin acordei dicirlles ás miñas amigas que me castigara o de bioloxía por non facer os exercicios; non sospeitaron nada porque como non teñen esa materia non sabían o que acontecía na clase.

Soou o timbre indicando o remate da clase de francés e saltei da cadeira sen despedirme nin sequera das miñas compañeiras.

Vémonos no 1º recreo no almacén.

Page 15: Certame Literario Joao de Novoa

O almacén atopábase no fondo do corredor á dereita e cando cheguei a porta estaba entreaberta e abriuse cun leve ruxido. Todo estaba escuro ata que alguén prendeu a luz..era Xabier!!Aquel era o encontro a soas tan esperado por min espero que tamén por Xabier, e sen mediar palabra bicámonos.Foi un contraste de felicidade, emoción, nervios, ilusión, amor,...non podía arredarme del...-Que facemos? –preguntei aínda impresionada- Quero quedar contigo para sempre.-Eu tamén, pasemos, que nos dea o mesmo o que falen.-Non podo, son as miñas amigas... –musitei –e se quedamos o venres a tarde?-Ti dirás onde.-Hai un sitio preto do instituto... podemos quedar coa escusa dun traballo...é un vello garete onde só acoden os vellos do lugar, ninguén nos ha coñecer...pero só se ti queres.-De acordo, serviranos para analizar o ADN dos taberneiros.-Que parvo es... –concretei –pero quérote...Démonos un bico e cando saímos do almacén xa tocara o timbre. Así ata o día da cita houbo no instituto moitas outras quedadas furtivas. O venres, antes de acudir a cita con Xabier, ducheime, vestinme, peiteeime e o que nunca na miña vida fixera: collín a maquillaxe da miña irmá maior e maquilleime.Cando cheguei, deime conta de que me equivocara, converteran o vello garete nun pub de tarde para mozos e había bastante xente do instituto porque ademais era venres.Nunha mesa cunha chaqueta de coiro estaba Xabier, máis guapo que nunca, con brillantina no pelo e cun dos seus mellores sorrisos.Cando entrei púxenme nunha mesa que estaba preto del e esperei que marchasen uns rapaces da miña clase para sentarme onda el.Media hora máis tarde despois de ter bebido xa dúas coca-colas marcharon e puiden sentarme con el; para ser cautelosos non nos bicamos e comezamos a falar:-Segundo ti por onde andan os vellos? –cuestionoume sarcástico.-Vale equivoqueime... perdóame non sabía que o rehabilitaran...e agora?-Vamos o baño... –musitou receoso Xabier.-Pero... non estou preparada...eu non sei se ti... me queres de verdade ou só é para.. aproveitarte de min...-Son capaz de esquecer aos meus amigos por ti e aínda me preguntas se te quero? –replicou -Síntoo...eu tamén te quero

Page 16: Certame Literario Joao de Novoa

Despois entramos no baño e comezamos a bicarnos. Logo de cinco minutos aproximadamente escoitamos voces de rapazas que entraban no baño, non lle demos importancia e seguimos ao noso. As rapazas continuaron falando e de repente Xabier parou de bicarme o pescozo e dixo:-Creo que unha das rapazas que están fóra é Renata...estase achegando a nós!De seguido Renata abriu a porta e atopoume con Xabier, eu funme de alí correndo mentres Renata miraba con cara de noxo a Xabier. Nunca pasei tanta vergoña na miña vida, ía pola rúa coa cabeza agachada pensando en Xabier, nas miñas amigas que pronto se decatarían, en Renata, en min...Cando estaba virando a esquina Xabier alcanzoume e apertou o meu brazo con forza para que non seguise, viña todo enchoupado porque chovía e non tiña paraugas, mireino fixamente con cara de parva e el deume unha aperta que me chegou á alma.-Perdóame, non te vaias... perdóame por correr, por querer ir tan apresa.-Quérote Xabier.. pero agora que?-Vaiámonos de aquí, ven á miña casa, a miña avoa marchou e meu irmán foi cear á casa de meu primo.-Mellor será que non.Puxen a miña carapucha e a modo marchei para casa esperando que coma nas películas correse tras de min, me bicase e me levase canda el dicindo que sen min non vivía, que eu era o osíxeno que enchía os seus pulmóns, pero non el nunca volveu. No portal da miña casa non podía crer o desprezo de amor que mostrou cara a min aquela tarde, todo o que pasei só por el para que agora non me devolvese todo o cariño que lle dei.O meu móbil soou coa musiquiña de Carlos Baute: era unha mensaxe de texto de Sara: “Seino todo, non podo crer que nos traizoases”Era inevitable, xa se decataran, a voz correra coma a pólvora. Agora non teño nada, nin as miñas amigas nin ao meu amor, xa só son un corpo que vaga baixo a chuvia buscando unha ilusión, un alento para poder vivir. Abrín aporta e entrei na casa, non había ninguén; mellor, así non tería que dar explicacións.Media hora despois acordeime de que tiña que facer un pequeno traballo de Xeografía e conecteime a internet para buscar información e así esquecerme un pouco de todo. Pero foime imposible.Pronto visualicei que se abría unha conversa de mesenger con Xabi que puña:-Xabier di: Xulio e os seus acábanme de pegar unha malleira porque Renata contoulles o noso, é mellor que non saias da casa. Quérote, faime caso.

Page 17: Certame Literario Joao de Novoa

Logo de ler a mensaxe quedei pálida coma a neve e o primeiro que me veu á mente foi marchar á casa de Xabier, e así fixen.Para chegar ó seu piso tería que cruzar unha rúa na que vive Sara e tiña vergoña de cruzarme con ela. Comecei a notar que alguén me seguía e ao virarme atopeime con Xulio e os seus compañeiros, tiñan nas mans unha ferramenta que lles vira aos porteiros de discotecas ilegais de Madrid; lembrei que as utilizaban para pegar malleiras e o corpo estremecéuseme. Logo dun interrogatorio que non tivo respostas pola miña parte tiráronme ao chan e comezaron a darme patadas. Boteime a chorar e a berrar pero ninguén acudía na miña axuda, ninguén me escoitaba, pero unha luz iluminouse no medio da néboa: Sara e seu pai viñan na miña axuda. A rúa inundouse de xente e un coche da garda civil levaba preso a panda de Xulio, Sara non me falaba pero apertábame moi forte contra ela e de alí a un pouco dixo:-Nunca máis prohibirei que te namores de quen che pete.Xabier non aparecía por ningures, eu pensaba que me esquecera, que lle daría igual o que me pasara. Pedinlle a Sara que o buscase e prometeume que volvería o máis pronto posible.Media hora despois chegou con cara triste e meteume no coche se mediar palabra, seu pai encamiñou o coche cara á cidade e xa aí dirixímonos cara ao hospital. Un arrepío percorreume a espiña e espirei profundamente.Xa dentro fomos á zona de coidados intensivos onde pronto recoñecín a Xabier, só, illado nunha habitación, preguntámoslle á enfermeira se podía pasar e díxonos que si, pero que estaba moi mal e que precisaba repouso.Achegueime soa á cama e cun ton moi moi suave murmureille:-Xabier? Son eu, a parva que te deixou so, que non foi contigo, a que agora desexa volver atrás... pero mira que che fixeron... mira os teus ollos como están...-Quérote..cando conseguín escapar o primeiro que fixen foi marchar á casa para poder avisarte e logo meu irmán chamou a ambulancia...estou morrendo por ti pero unha hemorraxia estame levando...Pasou unha hora e a miña man permaneceu agarrada á del, mentres seu irmán e súa avoa choraban na saliña de espera. Xabier non se recuperaba...nun último suspiro reincorporouse sobrenaturalmente e bicoume moi suave ata que esvaeceu coma un paxariño.Non puiden ir ao seu enterro porque me inundou un ataque de dor aínda que os médicos dixeron que fora unha taquicardia. Nunca volvín ser a mesma, e menos cando saíron do cárcere os asasinos de Xabier, miña nai levábame aos mellores psicólogos do país pero ningún soubo curarme.

Page 18: Certame Literario Joao de Novoa

A cadeira de Bioloxía onde se sentaba estaba baldeira, cando ía ao almacén ninguén ante a escuridade viña prenderme a luz, xa ninguén escoitaba os meus versos de amor, ninguén me bicaba cando dicía algo gracioso, nada me facía sorrir...Tódalas tardes acudía ao cemiterio e falaba con Xabier coma se aínda estivese comigo.Dous meses despois vendo o resultado de tanto esforzo que non me serviu para nada, decidín reencontrarme con el alá onde nace o primeiro sol, onde as flores medran antes .Agora somos moi felices xuntos sabendo que nada nos vai separar porque somos dúas almas unidas.Así que por moi grosas que sexan as barreiras ninguén logrará que no outro amencer dúas persoas se queiran.

Kelly Conde Pérez, 3º ESO B

Page 19: Certame Literario Joao de Novoa

PREMIO NA MODALIDADE DE POESÍA PARA ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO

A historia que vou contar ocorreu fai hoxe 30 anos nunha desas vilas que non aparecen nos mapas.

Era 13 de xuño do 1989. Por aquela época vivía no lugar unha familia cun escuro pasado. O pai ( Xoán) de 35 anos e a nai ( Lara) de 29 anos. Ámbolos dous foran asasinos e ladróns durante moitos anos e os fillos non ían por un camiño moi distinto. Durante os seus anos de mozos, os pais mataran decenas de persoas e sempre saíran impunes.

Un día de verán chegaron á súa casa tras unha festa e descubriron que algunhas cousas non estaban como eles as deixaran, pero non lle deron importancia e marcharon a cear. Durante a cea, empezaron a oírse uns ruídos moi estraños procedentes do cuarto dos rapaces. Cando os pais entraron, preocupados polos berros, atoparon a imaxe macabra dun rapaz que non superaría os 10 anos tombado na cama cunha bala na cabeza. Asustados, achegáronse para comprobar se estaba vivo, pero ó chegar ata el e tocalo descubriron que as súas mans atravesaban o corpo alí tendido. Atemorizados, colleron os seus dous fillos e intentaron marchar, mais cando foron cara á porta era imposible de abrir. Moi temerosos intentaron sen éxito chamar por telefono e abrir as ventás, non obstante, foi inútil, non tiñan maneira de escapar. Cunha expresión de terror nos seus rostros foron á sala de estar e pecharon a porta con chave, pero cando xa comezaban a calmarse o televisor acendeuse só e comezaron a proxectarse diante dos seus ollos as imaxes de toda as persoas que eles mataran sen ningunha piedade. Cando o televisor se apagou decenas de persoas encheron a sala. Eran todas as persoas que eles mataran. Ó principio pensaban que aquelas persoas non podían ser reais senón que era todo froito da súa imaxinación, pero as cousas cambiaron cando as ventás e as portas comezaron a abrirse e pecharse e as luces acendíanse e apagábanse soas . Da nada saíu unha man que escribiu con sangue: “ IDES PAGAR POR TODOS OS VOSOS ASASINATOS”.

Cando volveron mirar o chan, un dos seus fillos estaba tendido sobre un charco de sangue, o mesmo sangue que había nas paredes. Asustados foron á cociña e

Page 20: Certame Literario Joao de Novoa

colleron coitelos, pero non lles serviron de nada xa que tras volver da cociña unha sombra asasinou a nai da mesma maneira que ela matara a tanta xente. O pai entrou nun estado de loucura e cravouse o coitelo nun pulmón.

Os veciños acudiron á casa tras sentir aqueles ruídos tan estraños e cando chegaron encontraron a macabra escena dos pais e o rapaz mortos no chan e o rapaz máis novo repetindo sen parar: “ foron uns espíritos, asasináronos a todos” e non dicía nada máis que iso unha e outra vez.

Ese rapaz foi internado nun manicomio porque todos pensaban que aquilo fora obra duns ladróns e pensaban que o rapaz toleara por ver como mataban a toda a súa familia. Dise que a día de hoxe ese rapaz está nun manicomio no que ninguén o cre, pero eu conto esta historia para que se cuestionen se iso pode ser só froito dunha mente desequilibrada ou se realmente puido ocorrer.

Natalia Cid González, 4º ESO A