16
CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR O caderno de desenvolvemento lector pretende ser unha ferramenta de adestramento para que o alumnado mellore a súa competencia lectora. Material fotocopiable Documentación Comprensión Velocidade Recreación Novas tecnoloxías Para o profesorado Actividades de recreación lectora Actividades que permitirán ao alumnado recrear a lectura mediante: - A expresión escrita - A expresión oral - A expresión artística (teatro, música e plástica). Información que relaciona o libro con outros libros, filmes, pezas musicais, páxinas web, etc. Do libro a... - Relación de competencias básicas postas en práctica ao longo dos distintos exercicios do CDL. - Relación dos temas do libro con outras áreas. Competencias básicas e inter- disciplinariedade Actividades de comprensión Actividades que axudarán o alumnado a comprender o fondo e mais a forma da lectura realizada. Newsletters con actividades complementarias Actividades que involucran o uso de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) Velocidade lectora Apartado que proporciona ao alumnado os elementos precisos para entender mellor a lectura. Apartado informativo Actividades de: Para o alumnado Actividades para mellorar a fluidez na lectura e resolver as carencias de entoación e pronunciación. Actividades de documentación Busca información sobre o autor de A expedición dos libros,Vicente Muñoz Puelles e sobre o ilustrador, Fernando Vicente: Os libros, verdadeiros protagonistas da obra, están organizados nunha biblioteca familiar. Averigua que é a CDU e realiza un esquema cos principais campos na que se divide: As viaxes de Gulliveré un dos libros protagonistas da historia. Nun dos episodios termina caendo nas mans dun neno chinés que vive na cidade de Xangai, na China. Procura información sobre esta cidade e redacta un resumo non superior ás dez liñas sobre a mesma. Na páxina 76 do libro fálase da couza ou trilla que son uns insectos que se alimentan do papel dos libros. Investiga sobre os insectos que «papan» a roupa e prendas de vestir, e cales se alimentan da madeira. 1.2 1.3 1.4 1.1 1 Actividades de comprensión De prestares atención ao vocabulario que forma parte desta obra, haberías comprobar que unha manchea de palabras teñen o seu «aquel». Fíxate nestes verbos: Zarrapicar e Gargarexar.Que tal che soan cando os pronuncias? Ben? Pois non che é casualidade, meu rei! As palabras que imitan sons producidos pola propia natureza ou por unha persoa ou animal, chámanse onomatopeicas. Escribe unha oración con senllas palabras (no caso de non coñeceres o significado, escribe unha oración co que ti imaxinas e despois procura no dicionario o verdadeiro). Zarrapicar: Gargarexar: Agora fai o mesmo con estes substantivos: Tobeira: Balor: Sixilo: Narguilé: Couza: Sobrado: Este enderezo hache axudar na procura de información: » http://www.digalego.com/ Nos diferentes capítulos que compoñen a obra que estás a traballar, aparecen expresións, unhas veces rechamantes e outras, simplemente, curiosas ou graciosas. A ver se es quen a dar co significado das mesmas. Ímoscho poñer doado dándoche unhas pistas. 1. Agora xa non vou poder durmir! Co que custa, á miña idade, botar unha boa soneca.(Páxina 14) a) botar unha partida ás cartas b) botar unha sesta c) botar unha saba na cama 2. Ollándose de esguello,agardaron. (Páxina 23) a) mirar un para o outro b) mirándose no espello c) mirar cara a alguén con disimulo 2.1 2.2 2 A expedición dos libros Velocidade lectora A ver se es quen a ler, coa velocidade adecuada e ben, este texto que –como podes comprobar–, un golpe de vento deixou orfas algunhas das palabras. As t_pas dura_s resi_stir_n ba_tante ben. O h_me p_diulle un sec_dor do p_lo á súa m_ll_r, q_e o b_ixou do s_br_do, onde v_ví_n. S_cou o l_bro, ao pr_ncip_o por f_ra e de_pois f_lla a fol_a. Mal_a a gr_vid_de da s_tua_ión, Gulliver t_vo que se e_for_ar para non rir, por m_r das cóx_gas. De_pois, o h_me co_gou_o nun tendal, q_e ins_alar_n nun cuarto p_ra sec_r a mantelaría c_ndo chov_a. Gulliver, que es_aba dem_sia_o abatido p_ra int_ntar nada, p_sou alí t_da a n_ite, pr_nd_do d_nhas gr_nd_s pinz_s. Volv_ra a Liliput, a illa da x_nte dim_nuta? Ao día s_gu_nte, o home p_soulle o fe_ro coid_dosam_nte a c_da parte do l_bro. C_ndo estivo sati_feito do re_ultado, me_euno nun sobre ac_lchado e le_ouno á ofic_na de C_rreos Agora vaste converter en «autodidacta» e comprobarás cal é a túa velocidade lectora. Saca o teu reloxo e cronometra o tempo que tardas en ler –en voz alta–, este texto que che seleccionamos. «O pai chamou ao timbre. Como non quería que se lle notase o interese, pediulle ao home das lentes que lle deixase botar unha ollada. Mirou varios libros e despois, como por casualidade, preguntou polo tomo de Jules Verne. O home das lentes non se deixou enganar, e seguiulle o xogo. Ao examinar o libro, o pai quedou pasmado. O quinto tomo de Jules Verne non só pertencía á mesma colección, senón que era un dos seus. Levaba unhas rabuñaduras de gato, que el lembraba, e tamén, nunha das primeiras páxinas, as letras RMC, que eran as iniciais do seu avó, escritas con lapis azul. Levouno ao peito, coma se o arrolase. —Este libro é meu —díxolle ao home das lentes—. Ten tamén os outros tomos? —Primeiro teríame que demostrar que é seu. 3.1 3.2 3 Actividades de recreación ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA De todas as obras que se mencionan enA expedición dos libros, vai ser complicado que as teñas lido todas, non si? O traballo a realizares agora consiste en elixir unha das que non liches, a que máis che sorprenda polo seu título, e escribas embaixo unha sinopse da mesma. Logo, no enderezo que che propoño, procura a sinopse orixinal e compara. Pode haber sorpresa! » http://gl.wikipedia.org/ Obra elixida: Sinopse: No segundo capítulo titulado «Os Visitantes» o autor, como querendo desculpar ao mozo ladrón, descríbenos cal foi a súa reacción ao recoller un dos libros que se atopaba tirado no chan: «O mozo levantou un dos libros caídos, pasou unha man pola vermella cuberta, coma se a acariciase, e comezou a follealo. Era o primeiro tomo das Obras completas de Jules Verne» Lembras algún momento emocionante, que che pasase a ti, con algún dos libros que teñas lido? Descríbeo, por favor. Os libros teñen unha personalidade acorde ao que contan; así, a protagonista do libro Alicia no país das marabillasestá sempre disposta a viaxar (páxina 71). Imaxínate que es un libro e inventa un título conforme á túa personalidade e maneira de ser. Xustifica a túa resposta en cinco liñas: 4 4.2 4.1 4.3 A expedición dos libros Unha historia familiar Recursos para Christine Nöstlinger o profesor Fotocopiables para o alumnado 4 CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR Unha historia familiar OXFORD | 1

CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

  • Upload
    others

  • View
    7

  • Download
    1

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR

O caderno de desenvolvemento lector pretende ser unha ferramenta de adestramento para que o alumnado

mellore a súa competencia lectora.

Materialfotocopiable

Documentación Comprensión Velocidade Recreación

Novas tecnoloxías

Para o profesorado

Actividades de recreación

lectora

Actividades que permitirán ao alumnado recrear a lectura mediante:- A expresión escrita- A expresión oral- A expresión artística (teatro, música e plástica).

Información que relaciona o libro con outros libros, filmes, pezas musicais, páxinas web, etc.

Do libro a...

- Relación de competencias básicas postas en práctica ao longo dos distintos exercicios do CDL.- Relación dos temas do libro con outras áreas.

Competenciasbásicas e inter-

disciplinariedade

Actividades de comprensión

Actividades que axudarán o alumnado a comprender o fondo e mais a forma da lectura realizada.

Newsletters con actividades complementarias

Actividades que involucran o uso deTecnoloxías da Información e da

Comunicación (TIC)

Velocidade lectora

Apartado queproporciona ao alumnado os elementos precisos para entender mellor a lectura.

Apartado informativo

Actividades de:

Para o alumnado

Actividades para mellorar a fluidez na lectura e resolver as carencias de entoación e pronunciación.

Actividades de documentación

Busca información sobre o autor de A expedición dos libros, Vicente Muñoz Puelles e sobre o ilustrador, Fernando Vicente:

Os libros, verdadeiros protagonistas da obra, están organizados nunha biblioteca familiar. Averigua que é a CDU e realiza un esquema cos principais campos na que se divide:

As viaxes de Gulliver é un dos libros protagonistas da historia. Nun dos episodios termina caendo nas mans dun neno chinés que vive na cidade de Xangai, na China. Procura información sobre esta cidade e redacta un resumo non superior ás dez liñas sobre a mesma.

Na páxina 76 do libro fálase da couza ou trilla que son uns insectos que se alimentan do papel dos libros. Investiga sobre os insectos que «papan» a roupa e prendas de vestir, e cales se alimentan da madeira.

1.2

1.3

1.4

1.1

1

OXFORD | 3

Actividades de comprensión

De prestares atención ao vocabulario que forma parte desta obra, haberías comprobar que unha manchea de palabras teñen o seu «aquel». Fíxate nestes verbos: Zarrapicar e Gargarexar. Que tal che soan cando os pronuncias? Ben? Pois non che é casualidade, meu rei! As palabras que imitan sons producidos pola propia natureza ou por unha persoa ou animal, chámanse onomatopeicas.Escribe unha oración con senllas palabras (no caso de non coñeceres o significado, escribe unha oración co que ti imaxinas e despois procura no dicionario o verdadeiro).

• Zarrapicar:

• Gargarexar:

Agora fai o mesmo con estes substantivos:

• Tobeira:

• Balor:

• Sixilo:

• Narguilé:

• Couza:

• Sobrado:

• Este enderezo hache axudar na procura de información: » http://www.digalego.com/

Nos diferentes capítulos que compoñen a obra que estás a traballar, aparecen expresións, unhas veces rechamantes e outras, simplemente, curiosas ou graciosas. A ver se es quen a dar co significado das mesmas. Ímoscho poñer doado dándoche unhas pistas.

1. Agora xa non vou poder durmir! Co que custa, á miña idade, botar unha boa soneca. (Páxina 14)a) botar unha partida ás cartas b) botar unha sesta c) botar unha saba na cama

2. Ollándose de esguello, agardaron. (Páxina 23) a) mirar un para o outro b) mirándose no espello c) mirar cara a alguén con disimulo

2.1

2.2

2

A expedición dos libros

OXFORD4 |

Velocidade lectora

A ver se es quen a ler, coa velocidade adecuada e ben, este texto que –como podes comprobar–, un golpe de vento deixou orfas algunhas das palabras.

As t_pas dura_s resi_stir_n ba_tante ben. O h_me p_diulle un sec_dor do p_lo á súa m_ll_r,

q_e o b_ixou do s_br_do, onde v_ví_n.S_cou o l_bro, ao pr_ncip_o por f_ra e de_pois

f_lla a fol_a. Mal_a a gr_vid_de da s_tua_ión, Gulliver t_vo que se e_for_ar para non rir, por m_r das

cóx_gas.

De_pois, o h_me co_gou_o nun tendal, q_e

ins_alar_n nun cuarto p_ra sec_r a mantelaría

c_ndo chov_a.

Gulliver, que es_aba dem_sia_o abatido p_ra

int_ntar nada, p_sou alí t_da a n_ite, pr_nd_do

d_nhas gr_nd_s pinz_s. Volv_ra a Liliput, a illa da

x_nte dim_nuta?

Ao día s_gu_nte, o home p_soulle o fe_rocoid_dosam_nte a c_da parte do l_bro. C_ndo

estivo sati_feito do re_ultado, me_euno nun sobreac_lchado e le_ouno á ofic_na de C_rreos

Agora vaste converter en «autodidacta» e comprobarás cal é a túa velocidade lectora. Saca o teu reloxo e cronometra o tempo que tardas en ler –en voz alta–, este texto que che seleccionamos.

«O pai chamou ao timbre. Como non queríaque se lle notase o interese, pediulle ao home daslentes que lle deixase botar unha ollada. Mirouvarios libros e despois, como por casualidade,

preguntou polo tomo de Jules Verne.O home das lentes non se deixou enganar,

e seguiulle o xogo.

Ao examinar o libro, o pai quedou pasmado.O quinto tomo de Jules Verne non só pertencíaá mesma colección, senón que era un dos seus.

Levaba unhas rabuñaduras de gato, que el lembraba,e tamén, nunha das primeiras páxinas,

as letras RMC, que eran as iniciais do seu avó,escritas con lapis azul.

Levouno ao peito, coma se o arrolase.—Este libro é meu —díxolle ao home das

lentes—. Ten tamén os outros tomos?—Primeiro teríame que demostrar que é seu.

3.1

3.2

3

OXFORD | 5

Actividades de recreación

ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA

De todas as obras que se mencionan en A expedición dos libros, vai ser complicado que as teñas lido todas, non si? O traballo a realizares agora consiste en elixir unha das que non liches, a que máis che sorprenda polo seu título, e escribas embaixo unha sinopse da mesma. Logo, no enderezo que che propoño, procura a sinopse orixinal e compara. Pode haber sorpresa!

» http://gl.wikipedia.org/

Obra elixida:

Sinopse:

No segundo capítulo titulado «Os Visitantes» o autor, como querendo desculpar ao mozo ladrón, descríbenos cal foi a súa reacción ao recoller un dos libros que se atopaba tirado no chan:

«O mozo levantou un dos libros caídos, pasou unha man pola vermella cuberta, coma se a acariciase, e comezou a follealo. Era o primeiro tomo das Obras completas de Jules Verne»

Lembras algún momento emocionante, que che pasase a ti, con algún dos libros que teñas lido? Descríbeo, por favor.

Os libros teñen unha personalidade acorde ao que contan; así, a protagonista do libro Alicia no país das marabillas está sempre disposta a viaxar (páxina 71). Imaxínate que es un libro e inventa un título conforme á túa personalidade e maneira de ser. Xustifica a túa resposta en cinco liñas:

4

4.2

4.1

4.3

A expedición dos libros

6 | OXFORD

Unha historia familiar

Recursos para

Christine Nöstlinger

o profesorFotocopiables

para o alumnado

4

CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR

Unha historia familiar

OXFORD | 1

Page 2: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

Unha historia familiar

O CDL é un material orientado ao docente que acompaña a cada libro do Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar a lectura de calquera tipo de texto utilizando a estratexia máis adecuada en función da finalidade da lectura, das características do texto e do contexto no que se produce.

As actividades que se presentan pretenden que o alumnado «aprenda gozando», espertando o seu interese pola lectura de textos literarios e mellorando os seus hábitos lectores, asemade achegan ao docente unha ferramenta útil e atractiva para estimular a lectura na aula.

A realización das actividades do CDL será flexible. Aínda que o ideal é completalo de maneira íntegra, o profesorado tamén terá a posibilidade de escolmar aqueles exercicios que considere máis axeitados para satisfacer as necesidades específicas de cada alumno e de cada clase.

SinopseGretchen é unha rapariga de catorce anos. Ela e mais a súa familia, os Sackmeier,

son coñecidos pola veciñanza coma os «Cinco Sacos». Todo comeza a mudar cando a súa nai, Elisabeth, se rebela e decide reivindicarse coma muller: retoma os estudos co obxectivo de converterse en asistenta social; asemade, ponse a dieta para mellorar a súa imaxe e que medre a súa autoestima. Ao seu home non lle enche o ollo tanto cambio. Esta nova situación familiar coincide coa etapa convulsa da adolescencia de Gretchen.

Razóns para ler este libro• Entender mellor esa etapa tan complicada que é a adolescencia.

• Sensibilizarse e comprometerse ante a igualdade e a liberación da muller na sociedade.

• Reflexionar sobre as relacións familiares.

• Reflexionar sobre o «engado» do mundo da droga.

Presentación

2 | OXFORD

Page 3: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

Actividades de documentación

Achégate á obra e vida de Christine Nöstlinger. Menciona, cando menos, dous títulos de libros publicados en lingua galega e dous premios que teña recibido como escritora. Engade, no cadro que se che ofrece, unha imaxe da autora ou a cuberta dalgún dos seus libros.

Na páxina 59, cando Gretchen acompaña a casa a Florian, escoitan o seguinte comentario: «Con Hitler non pasaban estas cousas!». Na páxina 181, faise referencia «á caída do Terceiro Reich». Procura información sobre Adolf Hitler e sobre esa etapa histórica en Alemaña; deseguido dá a túa opinión sobre o comentario que escoitan Gretchen e Florian.

Nas páxinas 52 e 53 do libro, fálase da cantante Nina Hagen e mais do movemento punk, estética da que Hinzel é seguidor. Procura información sobre a cantante alemá e a tribo urbana que abandeirou.

Nas páxinas 7 e 128 faise referencia ao río Danubio. Averigua que países atravesa e a distancia en quilómetros que percorre ao longo de cadanseu. Debuxa o seu curso neste mapa.

1.2

1.3

1.4

1.1

1

OXFORD | 3

Page 4: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

Unha historia familiar

Comprensión lectora

Marie-Luise é a amiga íntima de Elisabeth, a nai de Gretchen. Na páxina 269, di que «de nena sempre quixera estudar Astronomía, pero que a confundía coa Astroloxía, e a xente ría cada vez que dicía: Eu vou ser astróloga!». Procura nos enderezos que se che indican a diferenza entre Astroloxía e Astronomía, e despois responde –de xeito razoado e con argumentos– se cres na influencia dos astros na vida humana.

» http://gl.wikipedia.org/wiki/Astronomía» http://gl.wikipedia.org/wiki/Astroloxía

No libro aparecen unha serie de frases feitas non moi usuais ou simplemente «graciosas». Imos lembrar algunhas delas e, coa axuda dun dicionario especializado en Fraseoloxía, descobre o seu significado para escribires, de contado, unha oración na que apareza a mesma.

• Andar con tino (Páx. 37)

• Chorar a sete mares (Páx. 107)

• Que me leve o demo! (Páx. 113)

• Mollarse coma un pito (Páx. 127)

• No bico dos pés (Páx. 157)

• Fume de carozo (Páx. 189)

Repara no que se di na páxina 16 do libro: «Cando e en que momento xusto comeza realmente unha historia é algo difícil de precisar, pois dunha historia sempre acostuma formar parte algunha cousa que xa comezou antes, e que ten importancia». O tempo é un elemento fundamental do marco narrativo dunha historia. Nunha narración distinguimos entre tempo externo e tempo interno. Despois de informarte, escribe a diferenza entre ambos os dous conceptos.

2.1

2.2

2.3

2

4 | OXFORD

Page 5: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

Velocidade lectora

Xa ves que no texto que se che propón hai moitas letras que desapareceron por arte de «birlebirloque». Aínda así, trata de lelo e cronometra o tempo que che leva.

«A n_i de G_bri_le ad_it_ba d_c_rlle a m_úd_ á n_i de Gr_tch_n: Rev_lv_s_me o est_mag_ c_da v_z que es_s tip_s v_ñen á c_sa! P_ro, qu_ se ll_ vai f_cer! Unha xa n_n ten infl_enc_a s_bre os f_ll_s!

A Gr_tch_n n_n se lle r_v_lv_a o est_m_g_ por m_r d_s_s t_p_s. A ela g_stáb_nlle os am_g_s de G_bri_le, pois es_s “tipos” t_ñ_n unha en_rm_ vant_xe: d_ix_ban en p_z a unha! C_rto é que f_mab_n como c_rret_ir_s, pero n_n che m_tían o c_g_rro na b_ca. B_bían, pero n_n che m_tían o v_so de v_ño á f_rza. E, a el_s, imp_rtáb_lles unha m_rda se t_ñas quil_s de m_is ou quil_s de m_nos.

T_l cond_ta non era n_rm_l para Gr_tch_n. Nas f_stas de Sabine, por ex_mplo, f_máb_se, e se unha n_n qu_ría f_mar, ens_gu_da che s_ltab_n: “o b_bé non se atr_ve!” Nas f_stas de Otti Horneck b_bías_ mo_to.»

• Me levou: segundos.

Volve ler o texto e cronometra de novo.

• Agora me levou: segundos.

Agora telo moito máis doado porque o texto está completo. Volve ler o texto e cronometra canto che leva esta vez.

«A nai de Grabriele adoitaba dicirlle a miúdo á nai de Gretchen: Revólveseme o estómago cada vez que eses tipos veñen á casa! Pero, que se lle vai facer! Unha xa non ten influencia sobre os fillos!

A Gretchen non se lle revolvía o estómago por mor deses tipos. A ela gustábanlle os amigos de Gabriele, pois eses “tipos” tiñan unha enorme vantaxe: deixaban en paz a unha! Certo é que fumaban como carreteiros, pero non che metían o cigarro na boca. Bebían, pero non che metían o vaso de viño á forza. E, a eles, importáballes unha merda se tiñas quilos de máis ou quilos de menos.

Tal conduta non era normal para Gretchen. Nas festas de Sabine, por exemplo, fumábase, e se unha non quería fumar, enseguida che soltaban: “o bebé non se atreve!” Nas festas de Otti Horneck bebíase moito.»

• Tan só me levou: segundos.

3.1

3.2

3.3

3

OXFORD | 5

Page 6: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

Unha historia familiar

Actividades de recreación

ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA

O sobrepeso e mais a alimentación en adolescentes e adultos son temas a destacar na narración. Nas páxinas 39 e 261 do libro faise referencia a un par de comidas: o gulasch de porco e os brioches con crema de vainilla, dous dos pratos preferidos dos Sackmeier. Cal é o teu prato preferido? Escribe embaixo os seus ingredientes e o xeito de preparalo. Se non te lembras de algo, podes consultar nun libro de receitas ou na rede. Por exemplo aquí:

» http://www.lareira.net/ga/

Ingredientes Elaboración

Seguindo coa alimentación, no libro aparecen algunhas frases feitas que son curiosas. Na páxina 48 podemos ler o que lle di o pai a Gretchen: «Come miña filla, come (…) Cando o estómago está baleiro, á alma danlle calafríos»; na páxina 217, a avoa dille á neta: «Comer e beber mantén unidos o corpo e a alma» e na mesma páxina, acaba sentenciando: «Comer consola!». Fai ti unha escolma dos refráns que lle teñas escoitado aos maiores sobre este mesmo tema e explícallelos á clase.

4.1

4.2

4

6 | OXFORD

Page 7: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

Actividades de recreación

ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL

Mädi, a irmá de Gretchen, era unha grande seareira da serie «O Correo da Emperatriz». A súa irmá dicía que estaba tan «enganchada» que: «nin unha alarma de incendio nin unha boa xigante a daría erguido da súa butaca de cinema caseiro» mentres miraba o filme. De certo que ti, tamén has de ter a túa serie de televisión favorita, non si? Explica, argumentando con rigor, os puntos febles e fortes da serie e mais o motivo polo que gustas dela.

ACTIVIDADES DE CREACIÓN ARTÍSTICA

Florian, o rapaz que lle fai as beiras a Gretchen, agarda por ela a carón dunha cabina telefónica: «Alto, delgado, louro e bronceado». Para Gretchen, unha imaxe atrevida, interesante e fóra do común: «Unha especie de tipo Marlboro moi novo con xenuíno sabor Winston a heroe americano!».

Repara un intre nesta imaxe e, despois, crea un cartel publicitario, con slogan e ilustración incluídos, no que deberás destacar algúns dos valores de seu da adolescencia.

Nun momento do seu diálogo con Gretchen, Hinzel fai unha pausa, saca unha pequena harmónica do peto da súa chaqueta e toca unha vella canción de berce alemá: «Schlaf Kindlein schlaf» (Dorme, meu ben, dorme). Ti lembras algunha canción que che cantasen cando eras un «rorró»?

Copia este enderezo no teu navegador: http://www.youtube.com e, deseguido, escribe na xaneliña «durme meu neno durme»; seleccionas «Luar na lubre» e escoita…

4.3

4.4

4.5

4

OXFORD | 7

Page 8: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

Unha historia familiar

1. ACTIVIDADES DE DOCUMENTACIÓN

Datos sobre a autora do libro:

Biografía da autora

Christine Nöstlinger naceu en 1936 en Austria (Viena). Estudou Belas Artes porque desde a súa tenra infancia tivo unha enorme afección pola pintura. A Segunda Guerra Mundial deixou unha profunda pegada no devir creador de Nöstlinger. A ironía, o distanciamento e o sentido do humor son trazos a destacar no conxunto da súa obra.

Foi agasallada con moitos e importantes premios, entre os que destacan o «Premio do libro xuvenil» en 1973 e mais o premio «Hans Christian Andersen» en 1984. A súa obra abrangue máis de setenta libros para rapaces e mozos.

Bibliografía da autora

• Intercambio cun inglés (2009)Ao chegar o verán, a nai de Ewald decide que un curso de verán en Inglaterra lle será

de moita axuda. Grazas á colaboración da súa irmá, Ewald consegue librarse da viaxe a cambio de recibir un rapaz inglés de intercambio. Pero a chegada de Jasper traerá moitas sorpresas.

• Un (2002)O señor Un gusta de vagabundear polos camiños e visitar os países cando neles é

verán. Nun país do norte, Un enferma e vai parar á casa da muller redonda como unha bóla. Cando sana queda a vivir alí, pois sente que é feliz con ela. Pero coa chegada do inverno éntralle nostalxia do sol e decide marchar aos países do sur. Historia chea de tenrura e humor que trae ata nós o valor da liberdade e a alegría de vivir.

• Outros libros da autora son: Yo también tengo un padre (2002), El abuelo misterioso (2002), Piruleta (2004) ou Filo entra en acción (2009), entre outros.

O alumnado debe procurar información sobre Adolf Hitler.

Solución: Adolf Hitler (20 de abril de 1889-30 de abril de 1945), político e gobernante alemán de orixe austríaca, que estableceu un réxime totalitario no que recibiu o título de Führer.

Como xefe do Partido Nacional Socialista Alemán dos Traballadores (tamén chamado Partido Nazi) dirixiu o goberno do país de 1933 a 1945, ocupando sucesivamente os cargos de chanceler, xefe de goberno e xefe do estado.

Dotado orador carismático e posuído dunha presenza persoal profunda, Hitler está considerado coma un dos líderes máis significativos da Historia. O sistema industrial-militar que fomentou levou a Alemaña a saír da crise económica posterior á Primeira Guerra Mundial, e no seu momento de máximo esplendor, a controlar grande parte de Europa.

1.2

1.1

Solucións e outras actividades para o docente

8 | OXFORD

Page 9: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

Hitler ordenou a invasión de Polonia en 1939, o que constituíu uns dos factores detonantes da Segunda Guerra Mundial. A guerra que o Eixe (Alemaña, Italia e Xapón) e os Aliados levaron a cabo durante ese tempo, conduciu á destrución de grande parte de Europa. Durante o seu liderado, Hitler levou a cabo a política racial do Partido Nazi, o Holocausto e a morte e desprazamento de millóns de persoas.

O alumnado informarase sobre o movemento punk e escribirá a súa opinión ao respecto. Para iso, poden consultar os seguintes enderezos:

» http://gl.wikipedia.org/wiki/Punk » http://www.detribusurbanas.com (Tribus urbanas. Páxina en castelán)

Solución: Nina Hagen naceu en 1955 na outrora República Democrática Alemá. Nos anos setenta constituíu a banda «Automóbil», que recibiu unha boa crítica por mor da súa orixinalidade. A remates dese decenio crea «The Nina Hagen band» coa que gravaría o disco homónimo que contiña temas como On Dope e Auf´m Banhof Zoo. A comezos dos oitenta, grava NunSexMonkRock o que foi o seu primeiro disco coma solista cunha mestura moi rechamante de punk e funk. No 2000, o seu tema Schön ist die Welt foi a canción oficial da Expo 2000.

A orixe do punk sitúase na sociedade británica dos setenta. Os mozos, inspirados polas actitudes transgresoras do rock, comezaron a mostrar novas formas de rebeldía de seu, contra os roles socioculturais, que consideraban hipócritas e tensos, expresándoo a través de transgresións e provocacións estéticas, musicais e culturais. O punk foi, inicialmente, un fenómeno estético musical, que creou unha moda xeracional nos setenta, que máis serodiamente foi tomando a forma dun movemento estético-filosófico que remataría por trocarse nunha cultura.

Ademais… Na páxina 221 do libro, Gretchen sorpréndenos ao elixir unha canle na televisión para ver un filme protagonizado por dous cómicos que estiveron de moda nos anos trinta: «O Gordo e o Fraco» (Stan Laurel and Oliver Hardy).

Solución: o actor inglés Stan Laurel e o norteamericano Oliver Hardy, máis coñecidos no noso país como «o gordo e o fraco», formaron durante os anos trinta do século XX un famoso dúo cómico denominado Laurel & Hardy. Foron considerados como unha das parellas cómicas máis entrañables e orixinais da historia do cine.

Tecleando «o gordo e o fraco» no seguinte enderezo de Internet, o alumnado poderá saber de quen se lle está a falar:

» http://www.youtube.com/

Deseguido, utilizando o mesmo enderezo, os alumnos poden buscar «O conflicto lingüístico» para ver unha parella galega de cómicos formada por Isabel Risco e Marcos Pereiro. Rematado o «curto» abrirase un pequeno debate para discutir sobre que tipo de humor lles fai máis graza e cales poden ser as causas.

1.3

Solucións e outras actividades para o docente

OXFORD | 9

Page 10: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

Unha historia familiar

O alumnado debe informarse sobre o percorrido (países e extensión) do río Danubio e debuxalo de maneira aproximada no mapa.

Solución:

1.4

Solucións e outras actividades para o docente

País Quilómetros

Alemaña 687,00

Austria 357,50

Eslovaquia 172,06

Hungría 417,20

Croacia 137,50

Serbia 587,35

Romanía 1.075,00

Bulgaria 471,55

Moldova 0,57

Ucraína 53,94

REINO UNIDO

Dublín

ESPAÑA

FRANCIASUIZA

LUXEMBURGO

BÉLGICABruselas

PAÍSES BAJOS

ALEMAÑA

Copenhague

REP. CHECA

AUSTRIAESLOVENIA

CROACIA

ITALIA

POLONIA

LITUANIA

BIELORUSIA

UCRAÍNA

MOLDOVAROMANÍA

BULGARIASofia

MACEDONIA

ALBANIAGRECIA

CHIPRE

HUNGRIA

Mar Negro

Mar Mediterráneo

IRLANDA

Londres

Reikiavik

ISLANDIA

Mar do Norte

Océano Atlántico

PORTUGAL

Lisboa Madrid

La Valeta

MALTA

Roma

ANDORRA

Andorrala Vella

MónacoMÓNACO

París

Amsterdam Berlín

DINAMARCA

NORUEGA

Oslo

SUECIA

Estocolmo

Varsovia

PragaLuxemburgo

BernaLiubliana Zagreb

VienaESLOVAQUIABratislava

Budapest

BucarestKishinev

Kiev

Minsk

LETONIA

ESTONIA

Tallin

Riga

Vilna

SkopjeTirana

Nicosia

Atenas

SERBIA

Belgrado

10 | OXFORD

Page 11: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

2. COMPRENSIÓN LECTORA

O alumnado, despois de se informar sobre a Astronomía e a Astroloxía, dará a súa opinión sobre a influencia que, efectivamente, os astros exercen sobre a vida humana.

Solución:

• Astronomía: que significa etimoloxicamente «as regras das estrelas» ou astro-nomos, é a ciencia encargada de observar e explicar os corpos e os eventos fóra da Terra.

• Astroloxía: é un sistema ou tradición no que o coñecemento da posición aparente e o movemento dos astros se usa para intentar comprender, interpretar e organizar o coñecemento sobre a realidade e a existencia humana na Terra.

O alumnado pode explicar, por exemplo, a influencia da lúa no devalar ou abalar das mareas, no adianto ou retraso dos partos nas mulleres, etc.

Para descubrir o significado destas expresións, o alumnado utilizará un dicionario Fraseolóxico. Con aquelas frases feitas que coñezan, de forma oral, poden crear unha oración na que apareza a mesma, aclarando –deste xeito– o seu significado.

Solución:

• Andar con tino: moverse con moito coidado, precaución.• Chorar a sete mares: chorar sen parar, sen consolo.• Que me leve o demo!: esta é unha expresión de xuramento para asegurar a verdade do

que se di.• Mollarse coma un pito: mollarse moito, enchouparse.• No bico dos pés: sen facer ruído ningún. Andar con moito coidado.• Fume de carozo: saír a escape. A toda velocidade. Con moitísima presa.

É importante que o alumnado saiba diferenciar entre ambos os dous tipos de tempos dunha narración, polo que se deberá incidir sobre eles.

Solución:

• O tempo externo é a época ou momento no que acontecen os feitos. Adoita estar explícito no marco narrativo grazas a datos concretos. A Segunda Guerra Mundial, o Nacionalismo alemán, o século XXI…

• O tempo interno refírese á secuencia dos acontecementos na obra narrativa. Cando os acontecementos se ordenan cronoloxicamente, desde os feitos máis antigos aos máis recentes, a trama segue un desenvolvemento liñal. Mais o autor/a pode crebar esa orde mediante a retrospección (retrocedendo no tempo) ou a anticipación (avanzando no tempo).

2.1

2.2

2.3

Solucións e outras actividades para o docente

OXFORD | 11

Page 12: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

Unha historia familiar

3. VELOCIDADE LECTORA

Unha vez que teñan lido o parágrafo seleccionado, deberán anotar os segundos que lles levou lelo. O texto seleccionado consta de 144 palabras.

Solución: resposta libre. A vocalización e mais a entoación son dous procesos que deberán ser tidos en conta.

O alumnado debe deixar pasar uns minutos e volver ler o texto, cronometrando, outra vez, o tempo que lles leva.

Solución: resposta libre.

Agora leerán o texto por terceira vez pero con todas as letras.

Solución: resposta libre.

4. ACTIVIDADES DE RECREACIÓN

Actividades de expresión escrita

O que se pretende con esta actividade é que o alumnado estruture perfectamente a súa receita.

Solución: resposta libre. Deben lembrar que nestes textos (prescritibles) abundan os verbos nas formas de infinitivo e imperativo.

O alumnado debe procurar refráns que teñan escoitados aos maiores sobre a alimentación e escribilos.

Solución: resposta libre. A orixinalidade das propostas será un feito a ter en conta.

Actividades de expresión oral

Para o desenvolvemento desta actividade é importante que, no paso previo á exposición oral, o alumnado redacte un breve guión –a modo de esquema– na que a orde e claridade dos seus argumentos sexan a base do mesmo.

Solución: resposta libre. É importante valorar a riqueza do léxico empregado e mais a coherencia das súas afirmacións.

Ademais… Un tema fundamental do libro é a adolescencia, coa multitude de aristas que ten esta etapa tan complicada e apaixonante: a amizade (páxs. 30, 54), o amor (páxs. 36, 46, 102, 106, 124, 132), os embarazos non desexados (páxs. 239, 181), o sexo (páxs. 100, 243), a relación cos pais (páxs. 46, 51, 55, 111, 138, 222, 239, 280), os prexuízos

3.1

3.2

3.3

4.1

4.2

Solucións e outras actividades para o docente

4.3

12 | OXFORD

Page 13: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

(páxs. 51, 136), o alcohol e as drogas (páxs. 54, 56, 61, 68, 172, 177), a educación para a saúde referida a temas alimenticios, de dieta equilibrada… (páxs. 39, 40, 43, 69, 70, 75, 217), as responsabilidades (páx. 176), a independencia (páx. 216) e a autoestima (páxs. 41, 42, 52, 53, 87, 90, 141, 142, 159).

A actividade consiste en proponer un debate sobre a adolescencia: vantaxes e inconvenientes, comentando os puntos anteriormente mencionados para fomentar a participación do alumnado.

Solución: recomendacións para debater.

• Expoñer o punto de vista persoal.

• Ser tolerante e escoitar o outro antes de responder.

• Ser breve e concreto ao falar.

• Non falar en exceso para que poidan intervir os demais.

• Non burlarse da intervención de ninguén.

• Falar con seguridade e liberdade, sen temor á crítica.

• Acompañar as críticas con propostas.

• Empregar un ton de voz adecuado á situación e ao contido da mensaxe.

• Evitar as palabras e xiros idiomáticos desgastados e os propios do rexistro informal, pois en clase ou na situación comunicativa dun debate imponse o rexistro formal.

• Procurar, polo menos, dúas conclusións ao final para pechar o debate.

Actividades de expresión artística

O alumnado deberá crear un slogan publicitario no que deberán destacar algúns dos valores de seu da adolescencia.

Solución: actividade libre. A creatividade, orixinalidade e a mensaxe, tanto explícita coma implícita, do slogan serán elementos importantes de valoración.

Esta é unha actividade moi adecuada para traballar a interdisciplinariedade co profesor de música do centro. As letras de preciosas cancións de berce e tradicionais do folclore galego, interpretadas por grupos como Fuxan os Ventos pódense buscar neste enderezo:

» http://gl.musikazblai.com/ Unha viaxe desde a Idade Media ata o século XX é a que se nos ofrece nesta antoloxía da poesía galega musicada:

» http://sondepoetas.blogspot.com/

Solución: actividade libre.

Solucións e outras actividades para o docente

4.4

4.5

OXFORD | 13

Page 14: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

Unha historia familiar

1. OUTROS LIBROS

Intercambio cun inglésNOSTLINGER, Christine. Madrid: Planeta&Oxford, 2008.Edwald non saca moi boas notas en inglés, por iso a súa nai decide invitar a un rapaz inglés durante as vacacións para que practique. Pero o recén chegado resulta ser un neno problemático que convulsiona a harmonía familiar. Novela para traballar a convivencia e a problemática da integración.

Poderosa 2. Diario dunha rapaza que tiña o mundo na manKLEIN, Sergio. Vigo: Edición Xerais, 2009.Todo o que escribe coa man esquerda convértese en realidade, e isto fai que Joana Dalva sexa unha persoa moi especial. Como debe usar ese poder para curar a súa avoa? Como axudar a unha amiga a curarse da anorexia? Ou, como escapar dun secuestro? Estes son algúns dos desafíos que «a rapaza que ten o mundo na man» relata no seu diario.

O novo diario dun xove maniáticoMACFARLANE, Aidan y MCPHERSON, Ann. Vigo: Edicións Xerais, 2002.Pete Payne ten catorce anos. Un día descobre que padece de hipocondría, que é un completo maniático da saúde. Durante todo un ano confiará ao seu diario fascinantes pormenores médicos que abarcan aspectos tan diversos como a acne, o alcohol, as drogas, o sexo, as dietas, os accidentes e toda clase de enfermidades. Libro que fala das relación entre pais e fillos e das respostas que uns e outros eluden.

2. PELÍCULAS

La ClaseLaurent Cantet (dir.). Haut et Court, 2008 (128 min.)François é un profesor de francés nun instituto nun barrio marxinal de París no que o alumnado inmigrante é maioritario. A frustración e mais a ausencia de futuro apropiáronse de profesores e alumnos, mais François rebélase co seu estrito sentido da ética, aplicando uns métodos de ensinanza distintos.

PreciousLee Daniels (dir.). Smokewood Entertainment Group, 2009 (105 min).Precious é unha adolescente afroamericana con enormes problemas persoais: está gorda e o seu padrasto deixouna embarazada. Pero ela quere seguir estudando para ter mellores oportunidades e sacar adiante a súa familia.

Felices dieciséis Ken Loach (dir.). Alta films, Reino Unido, Alemaña, España, 2002 (106 min).Liam é un adolescente británico. A súa nai pronto sairá do cárcere e el soña cunha vida familiar que nunca tivo. Isto significa crear un lugar seguro para a súa nai e a súa irmá, e alonxar deste novo contorno a seres desprezables como o seu propio avó e Jean, o actual mozo da súa nai.

Do libro a...

14 | OXFORD

Page 15: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

Contribución ao desenvolvemento das competencias básicas

Competencia Actividades para traballala

Competencia en comunicación lingüística 1.1, 1.2, 1.3, 2.1, 2.2, 2.3, 3.1, 3.2, 3.3, 4.1, 4.2, 4.3, 4.4 e 4.5

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico 1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 2.1, 4.1 e 4.2

Tratamento da información e competencia dixital

1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 2.1, 2.2, 2.3, 4.1, 4.2 e 4.5

Competencia social e cidadá 1.2, 1.3, 1.4, 4.1, 4.2, 4.3, 4.4 e 4.5

Competencia para aprender a aprender 1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 2.1, 2.2, 2.3, 3.1, 3.2, 3.3, 4.1, 4.2, 4.3, 4.4 e 4.5

Autonomía e iniciativa persoal 1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 2.1, 2.2, 2.3, 3.1, 3.2, 3.3, 4.1, 4.2, 4.3, 4.4 e 4.5

Competencia cultural e artística 1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 4.1, 4.2, 4.3, 4.4 e 4.5

Interdisciplinariedade

Área Actividade coa que se pode relacionar

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia 1.2, 1.3, 1.4 e 4.1

Lingua castelá e Literatura 1.1, 2.1, 2.2, 2.3, 3.1, 3.2, 3.3, 4.1, 4.2, 4.3 e 4.4

Educación plástica e visual 1.1, 1.3, 1.4, 4.3 e 4.4

Música 1.3 e 4.5

Ciencias da natureza 2.1 e 4.1

Sobre os autores do CDLFuco Paz Souto é especialista en Lingua e Literatura Galera e imparte clases nun centro escolar

na Coruña. Leva varios anos participando en proxectos de Animación á Lectura, creando e deseñando actividades para fomentar o hábito lector entre o público infantil e xuvenil.

José Javier Pintor Elizalde é profesor de Lingua e Literatura Española de Secundaria. Na actualidade traballa como asesor de formación de profesores no ámbito lingüístico e imparte docencia no curso de Especialización didáctica en Lingua e Literatura da Universidade da Coruña.

Competencias básicas e interdisciplinariedade

OXFORD | 15

Page 16: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar

texto Fuco Paz Souto e José Javier Pintor Elizalde

CooRDINACIÓN Do PRoxeCto eDItoRIALMari Cruz Delgado Almansa

eDICIÓNBrubim Ediciones

CooRDINACIÓN GRáfICAPurificación Fernández López

DeseñoAna María Sánchez Baptiste Santiago Mosquera Mejía

mAquetACIÓNPila Iglesias

ILustRACIÓNMiguel Ordóñez

DoCumeNtACIÓN GRáfICABelén Santiago Fondón Ángel Somolinos Estévez

1Parque Empresarial San Fernando, Edificio Atenas

28830 San Fernando de Henares (Madrid)

Oxford University Press é un departamento da Universidade de Oxford. Como parte integrante desta institución, apoia e promove en todo o mundo os seus obxectivos de excelencia

e rigor nos eidos da investigación, erudición e educación, mediante a súa actividade editorial en:

Oxford Nova York Auckland Cidade do Cabo Dar es Salam Hong Kong

Karachi Kuala Lumpur Madrid Melbourne México D. F. Nairobi Nova Delhi Xangai Taipei Toronto

Con oficinas en Arxentina Austria Brasil Chile Corea do Sur Francia Grecia

Guatemala Hungría Italia Xapón Polonia Portugal República Checa Singapur Suiza Tailandia Turquía Ucraína Vietnam

Oxford e Oxford English son marcas rexistradas de Oxford University Press. oxford eDuCACIÓN é unha marca rexistrada en España por Oxford University Press España, S.A.

Material para o profesorado para o traballo na aula dos libros da colección «A árbore da lectura» elaborado segundo o proxecto editorial de Oxford Educación,

que foi debidamente supervisado e autorizado.

Publicado en España por Oxford University Press España, S. A.

© Desta edición: Oxford University Press España, S. A., 2010

Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial deste libro, nin o seu tratamento informático, nin a retransmisión de ningunha forma por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico,

por fotocopia, por rexistro e outros métodos, sen o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.

Oxford University Press España, S.A. concede permiso ao profesorado que empregue os materiais de oxford eDuCACIÓN para reproducir as páxinas que aparezan na indicación mAteRIAL fotoCoPIAbLe © Oxford University Press España, S. A.

Oxford University Press España, S. A. non fai de seu os contidos das páxinas web pertencentes ou xestionadas por terceiros, ás que se acceda a través de calquera enderezo web citado nesta publicación. Polo tanto, exclúese calquera

responsabilidade polos danos e prexuízos de toda clase que se puider derivar do acceso ás devanditas páxinas ou contidos.

As cuestións e solicitudes referentes á reprodución de calquera elemento deste libro, fóra dos límites anteriormente expostos, deben dirixirse ao Departamento Editorial de Oxford University Press España, S.A

ISBN: 978-84-673-5624-3