39
CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE 24 DE XULLO DE 2013. No salón de sesións da Casa do Concello de Bergondo, a vinte e catro de xullo de dous mil trece, sendo as vinte horas e trinta minutos ten lugar a sesión ordinaria do Pleno municipal presidida pola alcaldesa- presidenta D.ª Alejandra Pérez Máquez, do grupo municipal socialista e coa asistencia dos/as señores/as concelleiros/as seguintes: Grupo municipal Socialista (PSdG-PSOE): D.ª M.ª Begoña Calviño Dorado D. Jesús Vázquez García D. Domingo Fuentes Rocha Grupo municipal Veciños de Bergondo (VB): D. Francisco Manuel Fafián Torreiro (voceiro) Grupo municipal do Partido Popular (PP): D.ª Antonia M.ª Sanjurjo Seijas (voceira) D.ª Silvia M.ª Vázquez Cardelle D.ª Isabel Prado Gómez D. Alberto Feijóo Rodríguez D. Fernando Abruñedo Fernández Concelleiro non adscritos D. Antón Sánchez García D. Juan Antonio Fariña Pedreira Non asiste: D.ª María del Loreto Caseiras Arroyo (VB) Así mesmo asisten: O secretario: D. Federico Suárez Cancelo A interventora municipal: D.ª Laura Gutiérrez Ortiz ORDE DO DÍA 1.- APROBACIÓN SE PROCEDE, DAS ACTAS CORRESPONDENTES ÁS SESIÓNS DOS DÍAS 30 DE MAIO E 27 DE XUÑO DE 2013. 2.- DAR CONTA DO INFORME CORRESPONDENTE AO 2º TRIMESTRE-2013 SOBRE O CUMPRIMENTO DA LEI DE MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE. Pl. 24/07/2013 1

BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

  • Upload
    others

  • View
    8

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE 24 DE XULLO DE 2013.

No salón de sesións da Casa do Concello de Bergondo, a vinte e catro de xullo de dous mil trece, sendo as vinte horas e trinta minutos ten lugar a sesión ordinaria do Pleno municipal presidida pola alcaldesa-presidenta D.ª Alejandra Pérez Máquez, do grupo municipal socialista e coa asistencia dos/as señores/as concelleiros/as seguintes: Grupo municipal Socialista (PSdG-PSOE): D.ª M.ª Begoña Calviño Dorado D. Jesús Vázquez García D. Domingo Fuentes Rocha Grupo municipal Veciños de Bergondo (VB): D. Francisco Manuel Fafián Torreiro (voceiro) Grupo municipal do Partido Popular (PP): D.ª Antonia M.ª Sanjurjo Seijas (voceira) D.ª Silvia M.ª Vázquez Cardelle D.ª Isabel Prado Gómez D. Alberto Feijóo Rodríguez D. Fernando Abruñedo Fernández Concelleiro non adscritos D. Antón Sánchez García D. Juan Antonio Fariña Pedreira Non asiste: D.ª María del Loreto Caseiras Arroyo (VB) Así mesmo asisten: O secretario: D. Federico Suárez Cancelo A interventora municipal: D.ª Laura Gutiérrez Ortiz ORDE DO DÍA 1.- APROBACIÓN SE PROCEDE, DAS ACTAS CORRESPONDENTES ÁS SESIÓNS DOS DÍAS 30 DE MAIO E 27 DE XUÑO DE 2013. 2.- DAR CONTA DO INFORME CORRESPONDENTE AO 2º TRIMESTRE-2013 SOBRE O CUMPRIMENTO DA LEI DE MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE.

Pl. 24/07/2013 1

Page 2: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 2

3.- ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BERGONDO. ADOPCIÓN DE ACORDO QUE PROCEDA. 4.- ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BERGONDO. ADOPCIÓN DE ACORDO QUE PROCEDA. 5.- MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO DO PARTIDO POPULAR, DE REXEITAMENTO E CONDENA AO TERRORISMO. ADOPCIÓN DE ACORDO QUE PROCEDA. 6.- ASUNTOS URXENTES. 7.- DECRETOS E RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA. 8.- ROGOS E PREGUNTAS. Antes de dar inicio á sesión, a Sra. alcaldesa pregunta ao público se alguén vai gravar a sesión en vídeo para a súa posterior inclusión en medios audiovisuais de internet. Un dos asistentes manifesta que si vai gravar, do que quedan enterados á Corporación e o público asistente. A continuación dáse comezo á sesión plenaria. 1.- APROBACIÓN SE PROCEDE, DAS ACTAS CORRESPONDENTES ÁS SESIÓNS DOS DÍAS 30 DE MAIO E 27 DE XUÑO DE 2013. Os/as integrantes da Corporación recibiron os borradores das actas correspondentes ás sesións dos días 30 de maio e 27 de xuño de 2013. A Sra. alcaldesa pregúntalles aos/ás concelleiros/as se teñen algunha observación que formular; non se formulan, polo que se aproban as ditas actas por unanimidade. 2.- DAR CONTA DO INFORME CORRESPONDENTE AO 2º TRIMESTRE-2013 SOBRE O CUMPRIMENTO DA LEI DE MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE. Dáse conta aos/ás asistentes do informe correspondente ao segundo trimestre do ano 2013, sobre o cumprimento da Lei de Medidas de loita contra a morosidade, e que estivo á disposición dos concelleiros da Corporación. O Pleno queda enterado 3.- ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BERGONDO. ADOPCIÓN DE ACORDO QUE PROCEDA. A continuación dáse conta aos/ás asistentes, da proposta da Alcaldía informada favorablemente pola Comisión Informativa, que transcrita literalmente di: “Co fin de dar cumprimento ó establecido no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (DOG nº 63 do 30 de marzo de 2012), así como na Orde do 19 de abril de 2013, pola que se modifica a Orde de 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento

Page 3: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 3

do Decreto 15/2010, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, este Concello ten que proceder á aprobación dunha nova Ordenaza Municipal do Servizo de Axuda no Fogar que veña a substituír á actualmente vixente co fin de adaptala aos citados cambios normativos. Logo de ver o informe – proposta realizado pola Traballadora Social deste Concello e tendo en conta que o artigo 22.2.d) da Lei 7/1985, de 2 de abril, establece como competencia do pleno a aprobación das ordenanzas, pola presente proponse ao Pleno da Corporación que, previo ditame da Comisión Informativa, proceda a adoptar o seguinte ACORDO Primeiro: Aprobar provisionalmente a ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BERGONDO, co contido que a continuación se transcribe, e os Anexos da mesma. Segundo: Expoñer no tablón de anuncios da Corporación, por prazo de trinta días, e publicar no BOP, este acordo para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. Terceiro: Dar conta ao Pleno das reclamacións que se presenten. As reclamacións presentadas resolveranse por este órgano con carácter definitivo. No caso de que non se presenten reclamacións, o acordo provisional elevarase automaticamente a definitivo. Cuarto: O acordo definitivo ou no seu caso o provisional elevado automaticamente a definitivo, así como o texto íntegro da mencionada Ordenanza publicarase no BOP. Quinto: A presente aprobación da Ordenanza non entrará en vigor ata que non transcorran 15 días desde a súa publicación íntegra no BOP. E esta é a miña proposta sen prexuízo de que o Pleno da Corporación, como órgano competente que acorde o que considere oportuno.” ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BERGONDO EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local (BOE nº 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2 k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunicades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social. A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles, aos poderes públicos, garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española. A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerlles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar. Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedementais e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal. O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7. b) como requisito

Page 4: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 4

xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais, da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos. Coa aprobación e publicación do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, faise necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira do citado decreto. En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Bergondo, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria, e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal, a través da presente ordenanza. CAPÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1º.- Obxecto É obxecto desta ordenanza a regulación do servizo de axuda no fogar desenvolvido polo concello de Bergondo. Artigo 2º.- Ámbito de aplicación O establecido neste Regulamento é de aplicación ao servizo de axuda no fogar que se desenvolve no concello de Bergondo. Artigo 3º.- Natureza, definición e obxectivos do servizo

1. O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.

2. O servizo de axuda no fogar poderá prestarse, a calquera persoa ou unidade de convivencia, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.

3. O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar. Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:

a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias. b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual. c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio. d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social. e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social. f) Retardar ou evitar a institucionalización. g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

Artigo 4º.- Contido do servizo 1. De conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso polos servizos sociais, no marco do servizo de axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:

a. Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como: Asistencia para levantarse e deitarse. Apoio no coidade e hixiene persoal, así como para vestirse. Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse. Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos

prescritas por facultativos.

Page 5: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 5

Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espazo-temporal. Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.

b. Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como: Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos. Apoio na realización de xestións necesarias e urxentes.

c. Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como: Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda. Compra de alimentos e outros produtos de uso común. Preparación dos alimentos. Lavado e coidado das prendas de vestir. Coidados básicos da vivenda.

Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandaría ou alimentación a domicilio.

d. Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.

2. Con carácter complementario, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, os seguintes tipos de atención:

a. Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.

b. Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguemento, teleasistencia e similares.

c. Adaptacións funcionais do fogar. d. Servizo de podoloxía. e. Servizo de fisioterapia.

3. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida. 4. En todo caso, as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía. 5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:

a. A realización de actividades domésticas, que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

b. Actuacións, que polo seu carácter sanitaria, deban en todo caso, ser realizadas por persoal facultativo.

Artigo 5º.- Persoas destinatarias 1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores, en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social. 2. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia. Artigo 6.- Dereitos das persoas usuarias

Page 6: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 6

As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:

1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía. 2. A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación. 3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e

duración determinadas en cada caso. 4. A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos

e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.

5. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.

6. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo. 7. Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do

13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. 8. A coñeceren a situación do seu expediente. 9. A seren informadas, de xeito claro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente,

dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.

10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo.

11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.

Artigo 7º.- Deberes das persoas usuarias As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:

1. Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos. 2. Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e

utilización dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.

3. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.

4. Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.

5. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.

6. Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo. 7. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que lles presten o servizo, así como

respectar os límites das súas obrigas laborais. 8. A comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera

ausencia temporal que puidese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.

Artigo 8º.- Causas de extinción e modificación do servizo

Page 7: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 7

1. Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar, as seguintes: a. A renuncia da persoa usuaria. b. O cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que

implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade e co servizo de axuda no fogar.

b. Traslado definitivo da súa residencia a outro concello. c. Falecemento da persoa usuaria. d. Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias

na prestación do servizo. e. A falta reiterada de pagamento do servizo. f. Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.

2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.

3. Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar, asignado a persoas en situación de dependencia, na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, consonte ao establecido na Orde de 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo, deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para ditar resolución de Programa Individual de Atención.

Artigo 9º.- Causas de suspensión temporal do servizo Son causa de suspensión temporal do servizo, logo de tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen: 1. Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de dous

meses. Este prazo aplícase só as persoas usuarias de dependencia segundo a Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.

2. Para as persoas usuarias do servizo de axuda no fogar por libre concorrencia, en consonancia co artigo 9.1 da Orde de 29 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar en Galicia o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.

3. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e a atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.

CAPÍTULO II. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO SECCIÓN 1ª. DISPOSICIÓNS COMÚNS Artigo 10º.- Formas de prestación do servizo O servizo público de axuda no fogar será prestado polo concello de Bergondo ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, regulados na

Page 8: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 8

normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas. Artigo 11º.- Requisitos específicos 1. Existirá un profesional de referencia, que actuará como coordinador do servizo e que deberá estar en

posesión dunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo exixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa: Número de persoas usuarias Persoal técnico mínimo 50 a 99 1 técnico/a titulado/a xornada completa 100 a 199 2 técnicos/as titulados/as a xornada completa 200 a 399 3 técnicos/as titulados/as a xornada completa

Incrementos sucesivos Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa

2. O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real Decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.

3. O seguimento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimensual. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

4. O Concello de Bergondo e de ser o caso, a entidade prestadora en réxime privado do servizo, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:

a. Un informe social, asinado por un traballador ou traballadora social da entidade titular do servizo (Anexo I)

b. Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o Anexo III desta ordenanza.

c. Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Bergondo e a persoa usuaria, segundo o Anexo V desta ordenanza.

d. Informes de seguimento periódicos, que terán un carácter bimensual, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.

En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. SECCIÓN 2ª. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO Artigo 12º.- Modalidades de acceso ao servizo, organización e procedemento O acceso ao servizo de axuda no fogar municipal producirase de acordo co seguinte: 1. O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de

dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de programa individual de atención, e consonte a aplicación do programa de asignación de recursos, establecido no título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos. Para estes efectos, o concello de Bergondo,

Page 9: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 9

cando sexa o caso, procederá a dar de alta as persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para as que o programa individual de atención, determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.

Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia resolverase en réxime de libre concorrencia, segundo o seguinte procedemento:

2.1 Presentación da solicitude dirixida ao/a Alcalde/sa no Rexistro Municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación: I. Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo

domicilio, de ser o caso. II. Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.

III. Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde. IV. Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, de ser o

caso. V. Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de

convivencia: Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de

imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente. Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e

outros bens que posúan Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso. Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a

valoración do seu expediente. En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes individuais, realizarase de acordo coa normativa vixente, en materia de protección de datos de carácter persoal. As solicitudes incompletas contarán cun prazo de 10 días para emendar deficiencias, en caso de non facelo, serán arquivadas sen máis trámite tal como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo.

2.2 As solicitudes presentadas serán valoradas polo/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do Concello, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante o informe técnico, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunstancias de necesidade e a aplicación do baremo establecido a tal fin, segundo anexo II.

2.3 O departamento de Servizos Sociais elaborará un Informe – proposta (anexo IV) que será elevado ao órgano competente para ditar resolución. O prazo máximo para resolver será de tres meses.

2.4 No caso de que sexa favorable, a mesma terá a consideración de alta no servizo. En caso de non existir dispoñibilidade, a solicitude pasará a integrarse na lista de agarda, nunha orde de prioridade determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate da puntuación, atenderase por orde temporal da demanda.

2.5 Cando concorran circunstancias que aconsellen a intervención inmediata do servizo, a Alcaldía resolverá o expediente, á vista do informe-proposta do/a traballador/a social. Este informe conterá as causas que motiven a tramitación pola vía de urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentres se manteña a situación desencadenante. A desaparición desta, levará consigo a extinción do servizo e a tramitación pola vía ordinaria.

Page 10: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 10

2.6 Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo V desta ordenanza.

2.7 Anualmente, farase unha revisión de todas as persoas beneficiarias do servizo, co fin de comprobar que cumpre as condicións para a continuidade do mesmo. Para a renovación anual do servizo, as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación establecida no apartado 2.1. deste artigo, agás aquela que xa conste no seu expediente individual.

Artigo 13º.- Desenvolvemento da prestación do servizo 1. O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que a persoa usuaria se lle

asigna o recurso dende o Programa de Asignación de Recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, ou dende que se dita resolución por parte da Alcaldía, para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días.

2. Previo ao inicio do servizo, o persoal técnico realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria, sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.

3. A asignación do persoal de atención directa farase en base ao perfil requirido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.

Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de agarda ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa tecnicamente posible.

Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse, por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.

4. Para o inicio da prestación do servizo, será requisito previo, asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo V desta ordenanza.

5. O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, segundo o anexo desta ordenanza (anexo II da Orde do 22 de xaneiro de 2009), que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario, con carácter mínimo bimensual.

6. Farase entrega á persoa usuaria, dunha copia da ordenanza municipal de axuda no fogar, debidamente visada polo órgano competente.

7. Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa, o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.

8. Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará á súa disposición, para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

9. O departamento de servizos sociais do Concello de Bergondo abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos: • Un informe de avaliación inicial, asinado polo técnico competente, responsable da coordinación

do servizo de axuda no fogar ( Anexo I) • Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o anexo III desta

ordenanza. • Un acordo de servizo asinado entre o concello de Bergondo e a persoa usuaria, segundo o anexo

V desta ordenanza.

Page 11: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 11

• Informes de seguimento da prestación nos domicilios das persoas usuarias, que terán, como mínimo, un carácter bimensual, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.

Artigo 14º.- Intensidade na prestación do servizo 1. A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención,

distribuídas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico. 2. A intensidade do servizo de axuda no fogar, para as persoas atendidas no marco do sistema de

autonomía persoal e atención á dependencia, estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de xeito que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 4.1º a) da Orde de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, todos os días da semana.

3. Nos restantes casos, a intensidade do servizo, virá determinada na prescrición efectuada polo departamento de servizos sociais do concello.

Artigo 15º.- Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia 1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención,

mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase en atención á súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta, ademais, a renda e patrimonio do cónxuxe e a existencia de persoas conviventes, economicamente dependentes. Para o cálculo da citada capacidade económica, observaranse as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.

2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Artigo 16º.- Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios: 1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes

efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

Artigo 17º.- Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar 1.- No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador

Page 12: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 12

público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo. 2.- Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

GRAO I GRAO II GRAO III Nivel I Nivel II Nivel I Nivel II Nivel I Nivel II Capacidade económica (referida ó IPREM) 20 h. 30 h. 40 h. 55 h. 70 h. 90 h. ≤ ó 100% do IPREM 0% 0% 0% 0% 0% 0% >do 100% e ≤ do 115% do IPREM

4,52%

6,56%

8,59%

11,42%

14,47% 18,09%

>do 115% e ≤ do 125% do IPREM 5,41% 7,84% 10,28% 13,66% 17,31% 21,64% >do 125% e ≤ do 150% do IPREM 5,55% 8,05% 10,54% 14,01% 17,76% 22,19% >do 150% e ≤ do 175% do IPREM 5,65% 8,19% 10,73% 14,26% 18,07% 22,59% >do 175% e ≤ do 200% do IPREM 5,72% 8,30% 10,87€ 14,45% 18,31% 22,89% >do 200% e ≤ do 215% do IPREM 5,81% 8,42% 11,03% 14,66% 18,58% 23,23% >do 215% e ≤ do 250% do IPREM 6,03% 8,75% 11,46% 15,24% 19,31% 24,14% >do 250% e ≤ do 300% do IPREM 6,24% 9,05% 11,86% 15,76% 19,97% 24,97% >do 300% e ≤ do 350% do IPREM 6,42% 9,30% 12,19% 16,20% 20,53% 25,66% >do 350% e ≤ do 400% do IPREM 6,54% 9,48% 12,42% 16,51% 20,93% 26,16% >do 400% e ≤ do 450% do IPREM 6,63% 9,62% 12,60% 16,75% 21,22% 26,53% >do 450% e ≤ do 500% do IPREM 6,70% 9,72% 12,74% 16,93% 21,45% 26,82% Superior ó 500% do IPREM 6,76% 9,80% 12,84% 17,07% 21,63% 27,04% 3.- Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo. 4.- En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento, poderá exceder o 65% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora. Artigo 18.- Participación das persoas usuarias no financiamento doutros servizos que impliquen copagamento 1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o

recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación

Page 13: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 13

económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 16 desta ordenanza. CAPACIDADE ECONOMICA Participación no custo do servizo de SAF Básico MENOS 80 % IPREM; 0,00% >80 % e <= 110 % (426,01 a 585,76) 10,00% >110 % e <= 130% (585,77 a 692,26) 15,00% >130% e <= 150% (692,27 a 798,77) 20,00% >150% e <= 175% (798,78 a 931,89) 25,00% >175% e <= 200% (931,90 a 1.065,02) 30,00% >200% e <=225% (1.065,03 a 1.198,15) 40,00% >225% e <=250% (1.198,16 a 1.331,28) 50,00% >250% e <=300% (1.331,29 a 1.597,53) 60,00% >300% e <= 350% (1.597,54 a 1.863,79) 65,00% >350% e <= 400% (1.863,80 a 2.130,04) 70,00% >400% e <= 450% (2.130,05 a 2.396,30) 75,00% >450% e <= 500% (2.396,31 a 2.662,55) 80,00% >500% e <= 550% (2.662,56 a 2.928,81) 85,00% máis de 550 (máis de 2.928,81) 90,00%

2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

Artigo 19º.- Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos De conformidade co artigo 56.7 de Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o concello de Bergondo, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban. Artigo 20º.- Da coordinación coas entidades privadas que atendan a persoas usuarias financiados total ou parcialmente con fondos públicos No caso das entidades privadas que presten o servizo de axuda no fogar, mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos, ou que atendan a persoas usuarias derivadas do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, manterán unha coordinación efectiva cos servizos sociais comunitarios básicos, establecendo un protocolo de comunicación de altas no servizo de cada persoa usuaria, así como unha copia do correspondente proxecto de intervención e dos informes de seguimento, dirixidos aos servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Bergondo. Artigo 21º.- Obrigados ao pagamento Están obrigados ao pagamento da taxa o regulado nesta ordenanza, as persoas usuarias beneficiarias do servizo prestado por este Concello ás que se refire o artigo 5. Artigo 22º. -Nacemento da obriga de pago A obriga de pagar as taxas reguladas neste acordo regulador, nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión: 1. As taxas contempladas nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e

con carácter específico, durante a primeira quincena do mes seguinte. 2. Por parte do concello de Bergondo e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola

persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual có importe

Page 14: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 14

correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.

Artigo 23º. - Infraccións e sancións. As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. DISPOSICIÓN DERROGATORIA. A presente ordenanza derroga expresamente o Regulamento de Réxime Interno do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Bergondo aprobado polo Pleno de data 20/8/2010 e publicado no BOP da provincia de A Coruña nº 194 de 11/7/2010). DISPOSICIÓN DERRADEIRA. Esta ordenanza entrará en vigor aos quince días seguintes da súa completa publicación no Boletín Oficial da provincia de A Coruña.

ANEXOS ANEXO I : INFORME SOCIAL (S.A.F)

Institución : CONCELLO DE BERGONDO Data : Informe emitido por : Nºcolexiada: Referido a: Dirixido a: Concelleira Delegada de Benestar Social, Deporte e Xuventude Motivo do informe:

DATOS DE IDENTIFICACIÓN DA PERSOA USUARIA Apelidos e Nome: DNI: Data de Nacemento: Teléfono: Enderezo:

PERSOA QUE SOLICITA O SERVIZO: Persoa usuaria Familia/ persoa achegada Persoa veciña Outra/o profesional Outras _________________

CARACTERÍSTICAS DO GRUPO DE CONVIVENCIA: Composición Apelidos

Nome Parentesco ou

relación coa persoa usuaria

Idade Estado Civil

Profesión

Persoa usuaria

Familiares ou persoas achegadas que non conviven Apelidos Nome Parentesco ou

relación ca persoa usuaria

Enderezo Teléfono

Relacións familiares: Relacións co entorno:

Page 15: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

SITUACIÓN DA VIVENDA: Ubicación da vivenda:

Urbana Rural Vivenda illada

Réxime de tenencia: Importe alugueiro/hipoteca por mes: Barreiras arquitectónicas:

Si . Sinalar___________________________________________ Non

Habitabilidade: Soleada Si Non Ventilación Si Non Humidade Si Non

Estado de deterioro: Goteiras Si Non Fendas Si Non Ameaza ruína Si Non

COMUNICACIÓN ( medios de transporte): SITUACIÓN ECONÓMICA/LABORAL DA UNIDADE DE CONVIVENCIA: SITUACIÓN DA SAÚDE DA PERSOA/FAMILIA USUARIA DO SAF OUTROS DATOS DE INTERESE: (….información relevante para determinar a concesión do SAF como por exemplo, si a persoa acepta ou non o servizo….) VALORACIÓN PROFESIONAL: (… relacionar e interpreta as variables anteriores para sintetizar a situación- problema…) PROPOSTA DE INTERVENCIÓN: (…..recolle a idoneidade ou non do SAF, a necesidade doutros recursos complementarios…..) A traballadora social

ANEXO II: BAREMO PARA DETERMINAR A ASIGNACIÓN DO SAF EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA NO CONCELLO DE BERGONDO

Usuario: __________________________________________________________ Data: _______________ FACTOR-1: AUTONOMÍA PERSOAL (máximo total 40 puntos)

Pl. 24/07/2013 15

O valor asignado en función da falta de autonomía das persoas será o que se deduza da valoración realizada polos órganos oficiais competentes para a valoración da discapacidade e do grao de dependencia.

Page 16: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

As persoas dependentes valoradas que polo calendario oficial de implantación teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia (PIA con posible asignación de servizos de axuda no fogar), non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia. A asignación de valor en función do factor “autonomía persoal” realizarase de acordo coa seguinte táboa:

TÁBOA DE EQUIVALENCIAS PARA A VALORACIÓN DO NIVEL DE AUTONOMÍA PERSOAL 

75%‐100%  81%‐87%  88%‐93% 94%‐100% 

Grao de discapacidade en menores de 18 anos sen valoración de ATP ou BVD  

75%‐100% discapa‐ cidade e ata 14 pts ATP 

75%‐100% disca‐ pacidadee 15‐29 pts ATP 

75%‐100% disca‐ pacidade e 30‐44 pts ATP 

75%‐100% disca‐ 

Pl. 24/07/2013 16

pacida‐ de e 45‐72 pts ATP 

Grao de Discapacidade + Axuda Terceira Persoa. ATP RD 1971/1999

75% discapaci‐ dade e ata 24 pts BVD 

25‐39 pts BVD 

40‐49 pts BVD 

50‐64 pts BVD 

65‐74 pts 

 De   33%  a 

75‐89 pts BVD 

90‐100 pts BVD 

Grao de Discapacidade + Axuda Terceira Persoa. Puntuación BVD (RD. 504/2007) 

BVD 

 64%   de   discapacidade 

 De   65%  a  74%   de   disca‐ pa‐ cidade 

  Grao I  Grao II  Grao III 

Situación de dependencia. Decreto 176/2007 

5 pts  10 pts  

14  pts  24 pts  32 pts  40 pts 

PUNTUACIÓN Nivel de Autonomía persoal 

TOTAL PUNTOS  AUTONOMÍA PERSOAL   

Page 17: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

FACTOR-2: APOIO SOCIAL (máximo total 20 puntos)

Pl. 24/07/2013 17

FACTOR-3: SITUACIÓN SOCIO- FAMILIAR (máximo total 20 puntos)

SITUACIÓN/PROBLEMA PUNTOS 20 A persoa vive soa e carece de familiares e/ou redes distintas de apoio 18 A persoa vive soa, e ten familiares que o apoian puntualmente ou éste o recibe do

contorno veciñal ou outras redes A persoa vive soa e ten familiares que a apoian, pero con dificultades por esgotamento do/da coidador/a, situación problemática na familia, etc.

14

Cando a persoa convive con ata 12: Cunha persoa maior de 70 anos 3 Cunha persoa con discapacidade ou dependencia 5 Cunha persoa con escasas habilidades para atendela(carencia de hábitos alimenticios saudables, de administración de orzamento, etc.)

3

Con sobrecarga emocional moi importante 5 Vive só/soa pero hai familiares con posibilidade de atendelos no mesmo concello ou a menos de 10 km

6

Está ben atendido 0 TOTAL PUNTOS APOIO SOCIAL

Page 18: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

3.1. Nº DE COIDADORES. (Máximo 2 puntos) Un único coidador e sen apoios 2 Un único coidador estable e con outros convivintes que por distintas circunstancias

(saúde, traballo, idade avanzada,...) non poidan atender ós/ás usuarios/as 1

3.2.Número de persoas con necesidade de apoio e/ou supervisión e a cargo da unidade familiar (máximo 5 puntos)

1 punto Unha persoa Dúas persoas 3 puntos Tres ou máis persoas 5 puntos 3.5. TAXA A ABONAR (segundo Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola prestación do SAF en vigor (máximo 5 puntos)

Para os que estén exentos de pagar taxa. 5 puntos Para os que pagan entre o 1 % e o 15,99 % da taxa. 4 puntos Para os que paguen entre o 16% e o 21,99 % da taxa. 3 puntos Para os que paguen do 22 % ao 25,99% da taxa. 2 puntos Para os que paquen do 26,00% ou mási da taxa. 0 3.6 OUTROS ASPECTOS SOCIASI (máximo 4 puntos) Cando non exista lavadora e/ou otro equipamento básico na vivenda 3 puntos Cando existan barreiras arquitectónicas no interior da vivenda 2 puntos Cando existan barreiras arquitectónicas no acceso á vivenda 1 puntos 3.7. INTEGRACIÓN NO CONTORNO (Máximo 4 puntos) Situación de illamento ou de rexeitamento (ausencia de indicadores de afecto, vínculo, etc)

4 puntos

Ausencia de relacións sociais 3 puntos Exsiten escasas relacións coas persoas do entorno 2 puntos Integración axeitada no contorno 0 puntos

FACTOR-4: SITUACIÓN /SOCIALIZACIÓN DE MENORES (máximo total 20 puntos)

TOTAL PUNTOS SITUACIÓN SOCIO‐FAMILIAR

Pl. 24/07/2013 18

Page 19: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

4.1. Conflicto (máximo total 4 puntos) 1 Cun membro xerador de conflicto de nivel moderado 2 Cun membro xerador de conflicto de nivel grave

Con mais dun membro xerador de conflicto de nivel moderado 3 Con mais dun membro xerador de conflicto de nivel grave 4

4.2. Limitación de rol (máximo 2 puntos) Familias nas que ambos proxenitores/coidadores ou titores teñan importantes limitacións

físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atención ós menores 2

Pl. 24/07/2013 19

4.3. Familias monoparentais (máximo 2 puntos) Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade

avanzada,... non poidan atender aos menores 2 4.4. Habilidades parentais

Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administracións do orzamento, ausencia de roles, organización...

2

5.5. Número de menores (máximo 10 puntos) Un menor 3 Dous menores 5 Tres menores 7 Catro ou máis menores 10

SITUACIÓN/SOCIALIZACIÓN MENORES

En Bergondo, a de 20 A traballadora social

ANEXO III: PROXECTO INDIVIDUAL DE ATENCIÓN 1.-Datos de Identificación do Expediente

Expediente Intervención Data de solicitude Data de Inicio

Sector de Referencia Ámbito de Atención Nº Total de Usuarios

Nome e apelidos Data de nacemento DNI Sexo Estado Civil

Proxecto Data do Proxecto Data fin do proxecto

Antecedentes: Diagnóstico: 2.-Atención Idónea: Días da semana

L M X J V S D Nº de horas semanais Horario

Tipo de servizo a prestar Profesións

Page 20: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 20

• Traballador/a social • Auxiliar de axuda a domicilio/Traballadores familiares

3.-Outros Servizos de Axuda a DomicilioExistencia: 4.-Obxectivos específicos e tarefas que se propoñen Obxectivos do Servizo: Tarefas 5.-Proposta de Seguimento

Puntuación Baremo Data de derivación Tipo de Proposta

Traballador/a Social:

ANEXO IV: INFORME PROPOSTA Emitido por: Motivo: SOLICITUDE DE INCLUSIÓN NO SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR (SAF). Referido a: Dirixido a: Data: PRIMEIRO.- DATOS DE IDENTIFICACIÓN:

SOLICITANTE/ COIDADOR

BENEFICIARIO/A DO SAF

Apelidos e nome: Nº Expediente SIUSS Nacemento: Grao e nivel dependencia/minusvalía: Libre Concorrencia/acceso directo

ENDEREZO TELÉFONO

SEGUNDO.- DESCRIPCIÓN DA SITUACIÓN PROBLEMÁTICA

TERCEIRO.- DATOS ECONÓMICOS

CUARTO.- VALORACIÓN DA SOLICITUDE DE SAF Tendo en conta a lexislación vixente que afecta a este servizo como e: A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia A Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en

situación de dependencia A Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización,

acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia. O Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu

financiamento O Regulamento de réxime interno que regula o Servizo de Axuda no Fogar no Concello de

Bergondo (aprobado no Pleno de data.............) A ordenanza fiscal ......................

Valorados os datos económicos e demais que afecta ó presente expediente procede: a) A inclusión do/da usuario no SAF municipal dando comezo o mesmo ...........

Page 21: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 21

b) Que se lle aplique o devengo de ........... euros/mes pola percepción do Servizo en base á ordenanza fiscal xa indicada

QUINTO.- PROPOSTA DE INTERVENCIÓN Como responsable técnica deste servizo no Concello, considero que procede a intervención no domicilio e con esta usuaria nos seguintes termos: 1º.- Prestando o SAF hora diaria, de luns a de........, o que significa ....horas e .... minutos á semana e ..... horas/mes, por un período indefinido e mentres se manteñan as circunstancias que deron lugar á concesión do Servizo. 2º.- Que se realice o servizo a través da empresa ............ adxudicataria do contrato de servizos de axuda no fogar do concello de Bergondo. 3º.- Que as tarefas a realizar no domicilio pola Auxiliar que a empresa determine, coa que colaborará o usuario e/ou a familia, virán determinadas no proxecto de intervención, o acordo de servizo e o plan de traballo a asinar polas partes interesadas. O que se quere facer constar para os efectos oportunos, en Bergondo a de dous mil ......... A Traballadora Social Enterada a concelleira delegada de Benestar Social, Deporte e Xuventude

ANEXO V: ACORDO DE SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Reunidos en Bergondo o día .........de 20.. dunha parte don/dona ................con D.N.I. E doutra, o Concello de Bergondo e na súa representación, ..............., traballadora social municipal, colexiada nº ......., en calidade de Técnico responsable do servizo de axuda no fogar do Concello de Bergondo (A Coruña) ACORDAN: PRIMEIRO: Que o Concello de Bergondo, a través da Empresa ......................., prestará o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), á .............., con D.N.I. ............, dende o día ........ de 20 en base á Resolución da concelleira delegada de Benestar Social, Deporte e Xuventude nº ...... SEGUNDO: Que a prestación do Servizo de Axuda no Fogar se realizará por un prazo indefinido no caso de persoas usuarias derivadas do Sistema de Atención á Dependencia/ ou para os usuarios que accedan ao servizo polo sistema de libre concorrencia por un prazo de .............., con posibilidade de prórroga segundo valoración técnica do departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo. TERCEIRO: Que o número de ........... horas mensuais a realizar no domicilio é distribuídas nos seguintes días da semana ......................................... CUARTO: Que segundo a documentación que consta no expediente , a capacidade económica da persoa usuaria do SAF derivado do Sistema de Atención á Dependencia, é de .......... € mensuais, e atendendo á Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula o Servizo de Axuda o Fogar, á Ordenanza Fiscal municipal que regula as taxas do SAF, e a aplicación do baremo que corresponde, esta comprométese a aportar ........ euros, que resulta de aplicar o .......... % da súa capacidade económica e en función da intensidade horaria correspondente ao seu grao de dependencia, como contribución ao custe do servizo. QUINTO: Que segundo a documentación que consta no expediente, a capacidade económica da persoa usuaria do SAF por libre concorrencia, é de ......... € mensuais, e atendendo á Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula o Servizo de Axuda o Fogar, á Ordenanza Fiscal municipal que regula as taxas do SAF, e a aplicación do baremo que corresponde, esta comprométese a aportar ...... euros por hora prestada, engadido o 10 % de IVE, como contribución ao custe do servizo.

Page 22: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 22

SEXTO: Que a persoa usuaria acepta domiciliar o abono da taxa do SAF establecido no punto 4º ou 5ª, segundo a modalidade do servizo, na entidade bancaria da súa elección, no número de conta autorizada para tal efecto. SÉTIMO: Que de acordo co proxecto de intervención establecido para o caso, as actividades que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF son as seguintes:

Atencións de carácter persoal Atencións de carácter persoal doutras actividades da vida diaria (acompañamentos fora

do fogar) Atencións de carácter doméstico e da vivenda Atencións de apoio psicosocial e educativo Atencións de carácter técnico-complementario __________________________

OITAVO: Que as tarefas que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF, e que serán levadas a cabo polo persoal auxiliar do servizo serán as contempladas no Proxecto de intervención individual deseñado pola entidade prestadora, conforme a este acordo de Servizo. NOVENO: Que, así mesmo, a persoa usuaria, a súa familia ou persoas achegadas se comprometen a levar a cabo o resto das tarefas, non contempladas neste Acordo de servizo. DÉCIMO: Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente estipuladas neste acordo, deberán ser recollidas nun documento novo asinado pola persoa usuaria e a persoa responsable do SAF, sendo anexadas ao acordo orixinal. UNDÉCIMO: Que o servizo se prestará atendendo ás condicións reguladas na Orde do 22 de xaneiro de 2009, que regula o Servizo de Axuda no Fogar en Galicia, e a Ordenanza Municipal Reguladora do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Bergondo (aprobado........) onde están recollidas os dereitos e obrigas da persoa usuaria, baixas temporais e causas de extinción. DUODÉCIMO: Que a alta no servizo levarase a cabo no prazo máximo de sete días dende a sinatura deste Acordo. DÉCIMO TERCEIRO: Que no presente acto, a persoa técnica responsable faille entrega á persoa usuaria das normas de funcionamento do servizo, informándolle de xeito comprensible dos dereitos e obrigas, así como da existencia dun libro de queixas e reclamación a disposición das persoas usuarias deste servizo e, dado que ambas partes dan a súa conformidade ó presente Acordo de prestación do SAF, o asinan.

En Bergondo a de 20... A persoa usuaria O técnico responsable “

Seguidamente toma a palabra a Sra. alcaldesa e di: esta é a ordenanza reguladora, a continuación ven a fiscal pero están as dúas relacionadas. Basicamente esta ordenanza regula os dereitos, deberes, a natureza do servizo; digamos que as condicións que ten que ter o servizo de axuda no fogar, pero tamén regula as variacións que introduce o Decreto 99/2012, e que se refiren basicamente á xestión do cobro, entón a explicación vai referida tanto a esta ordenanza como á seguinte, que é a fiscal. Como dicía, isto é para cumprir o Decreto 99/2012, esta ordenanza debe entrar en vigor no mes de setembro e a diferenza é que á hora de que a capacidade económica na dependencia se calcula en función da súa renda, e no caso de patrimonio tamén no caso de que así fose, e tendo en conta que as persoas conviventes son as economicamente dependentes, o que é libre concorrencia se computa a renda de todas as persoas conviventes no fogar, esa é a diferenza mais importante co que existe a día de hoxe.

Page 23: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 23

En dependencia, cando a capacidade económica dunha persoa sexa menor que o Iprem, vai estar exenta do custo do servizo, e senón aplicarase a táboa que aparece reflectida no artigo 17, e que é copiada integramente do Decreto da Xunta, e significar que en ningún caso se vai a exceder do 65 por cento do custo do servizo, que no caso de Bergondo sería o 65 por cento dos 11,5 euros que poñemos, que serían 7,47 euros/hora, nunca podería superar ese tope. En libre concorrencia será unha porcentaxe do custo do servizo, segundo o artigo 18, e vai ser gratuíto cando a capacidade económica sexa inferior ao 80 por cento do Iprem, como máximo tamén tendo en conta o 40 por cento da capacidade económica. Todo isto significa un aumento nas taxas do servizo de axuda no fogar, e é un aumento importante, de feito podo poñer exemplos; en libre concorrencia cunha capacidade económica de 1000 euros e corenta horas antes estábase a pagar 72 e agora se vai pagar 184 euros, con trinta horas e 638 euros de 30 se vai pasar a pagar 51 euros. En dependencia, unha pensión de 736 euros e corenta e seis horas, de 46 euros pasará a pagar 86 e de cincuenta e cinco horas cun 1240 euros de pensión pasaremos a 189 euros; é dicir, nalgúns casos se estará duplicando o servizo, e aínda así, neste caso lles pido aos partidos políticos que aproben esta ordenanza, xa o dixen o outro día na Comisión Informativa, que a min o corpo me pedía non aprobala, o partido socialista, loxicamente, non estivo no seu momento a favor do Decreto, pero é obrigatorio o cumprimento de adaptar a ordenanza a este Decreto e senón perdermos o Plan Concertado e estamos falando de perder cerca de douscentos mil euros, co cal non se podería levar a cabo o servizo de axuda no fogar no Concello de Bergondo. Fixemos os axustes na parte que nos correspondía na parte que mellor nos parecía, o custo 11,50 é cos que se está a traballar por aquí arredor, na maior parte dos concellos. Pouco mais hai que dicir excepto que é unha ordenanza coa que unha non está a favor, pero que ten que aprobala, apelo á responsabilidade política de todos para aprobala. A continuación toma a palabra a Sra. voceira do PP e di: nos imos apoiar a modificación desta ordenanza porque como vostede di é necesario adaptala a Lei 99/2012 que entrará en vigor en setembro, e imos votar tamén a favor da modificación da ordenanza fiscal porque independentemente de que haxa un pequeno incremento, parécenos xusto que se teñan en conta os ingresos da unidade familiar e parécenos xusto que pague mais o que mais ten. Xa sabemos que os que teñen ingresos mínimos non van a pagar absolutamente nada e se os que de entrada podemos pagar algo pagamos un pouquiño mais, daranos marxe para poder atender a moitos mais necesitados e que ninguén que o necesite de verdade se poida quedar fora do sistema. O prezo do SAF que se incrementou de 10 a 11,50 euros, como vostede dicía o outro día na Comisión, está na media dos concellos que nos rodean e o único que pretendemos é que a calidade do sistema sexa inmellorable. O noso voto vai ser a favor. Seguidamente toma a palabra o Sr. concelleiro non adscrito, Antón Sánchez García, e di: nos imos falar con respecto aos dous puntos. Nos imos votar en contra, porque cremos que xa hai que dicir basta; hai unha película colombiana que se chama estratexia do caracol, onde os veciños dunha comunidade van quitando peza a peza un edificio, pois é o que esta facendo o Partido Popular na Xunta de Galicia. Sabemos que o goberno local está forzado e refén deste tipo de medidas que veñen da Xunta, e que obriga a aprobar, pro nos queremos dar un voto de protesta porque non é un pequeno incremento, a propia interventora no informe de libre concorrencia fala dun 75 por cento de incremento, nós cremos que en moitos casos vai ser mais, polo tanto non estamos a falar dun pequeno incremento; cando falamos que os de menos ingresos non van pagar nada, estamos falando de 426 euros, estamos falando de que os tramos de 900 a 1065 euros van pagar o 30 por cento do servizo, e ademais, non podemos illar esta decisión do resto. Quero recordar que nos últimos cinco anos a enerxía eléctrica que pagamos subiu un 60 por cento, a auga sube, instaurouse o copago dos fármacos, subiu a gasolina, o IVE, o IVE do material escolar; todos

Page 24: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 24

os impostos que mais prexudican ás clases medias e baixas, en cambio as grandes fortunas, seguen sen tocarse, polo tanto, isto non podemos illalo. É unha política de que paguen a crise os de abaixo, cando os que a causaron son os de enriba, os bancos e as grandes empresas. Neste pais a media de fraude fiscal é do 23 por cento, a media europea é do 12 por cento, se tiveramos a media europea de fraude fiscal teriamos corenta mil millóns anuais a maiores, polo tanto aí é onde hai que meter man; en cambio, a axencia tributaria do Partido Popular desde que goberna, dedica o 80 por cento a perseguir os pequenos fraudes como están perseguindo aos emigrantes que cobran unha pensión de fóra e trátaos como delincuentes fiscais, en cambio aos seus amigos non os tratan así, polo tanto, hai que dar un toque de atención, hai que dicir xa basta. Comprendendo que é unha decisión que ven de arriba, ademais, a Xunta invade as competencias dos concellos porque os concellos crearon uns servizos sociais con persoal contando cun financiamento e agora vense desarmados, e isto que vai conseguir? que agora cada vez mais o prezo dun servizo público vaise aproximando ao que é o prezo dun servizo privado, iso xa sen falar de que recorra a xente ao que se chama o mercado negro, pagarlle a unha señora para facer un servizo sen tributar, que tamén vai suceder; polo tanto, cando xa cheguen aos mesmos prezos o privado e o público, pois se vai desmantelar o público. Polo tanto o noso voto en contra é un voto de protesta, xa está ben que paguemos sempre a crise os de abaixo, cando os que a causaron son as grandes fortunas deste pais. A continuación toma a palabra o Sr. voceiro de Veciños de Bergondo e di: nos imos votar abstención nos dous puntos, porque entendemos que, como responsabilidade política debemos aprobar a ordenanza, senón o mesmo Decreto di que quedariamos exentos e perderíamos douscentos mil euros, pero coincido co que di o concelleiro non adscrito, é que xa está ben. Nos últimos tempos non vimos mais que prexudicar á clase media traballadora, nunha casa que teñan un avó que cobre mil euros e estean todos no paro, non terá ningún beneficio fiscal; entón, entendemos que como medida de protesta non podemos penalizar a todos os maiores que están no concello rexeitando esta proposta pero si coa abstención mostramos o noso rexeitamento a que se sigan sumando outra vez mais cargas para as familias, e mais cando en Bergondo temos seiscentos trinta parados. Sra. alcaldesa: entendo que a abstención e os votos en contra, son tamén porque se sabe que se vai aprobar a ordenanza, e entendo que a responsabilidade política. Sr. concelleiro non adscrito, estou segura que se vostede fose alcalde ao mellor estaría dando outro voto. Sr. concelleiro non adscrito, Antón Sánchez García: se eu fora alcalde ían cambiar moitas cousas, entre outras que como alcalde non me ía quedar de brazos cruzados mentres a Xunta fai este tipo de medidas. Eu penso que un alcalde tamén está para, en determinados momentos, dicirlle algo á Xunta. Sra. alcaldesa: efectivamente, e sobre todo cando somos moitos os alcaldes e cando somos moitos, a través da FEGAMP, os que estamos en contra destas ordenanzas; en todo caso, e xa o dixen o outro día, o corpo pedíanos que non pero a responsabilidade política fai que non poidamos permitirnos o luxo de perder eses cartos en Bergondo, porque senón desmantelariamos totalmente o Servizo de Axuda no Fogar. A continuación procedese á votación a proposta presentada, que tivo o seguinte resultado: Grupo municipal Socialista: catro (4) votos a favor; Grupo municipal Veciños de Bergondo: unha (1) abstención; Grupo municipal do Partido Popular: cinco (5) votos a favor; concelleiros non adscritos: dous (2 ) votos en contra. Total: nove (9) votos a favor, una (1) abstención e dous (2) en contra. En consecuencia, pola Sra. alcaldesa declarase aprobada, por maioría de votos a favor, a proposta antes transcrita.

Page 25: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 25

4.- ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BERGONDO. ADOPCIÓN DE ACORDO QUE PROCEDA. A continuación dáse conta aos/ás asistentes, da proposta da Alcaldía informada favorablemente pola Comisión Informativa, que transcrita literalmente di: “Para dar cumprimento ó establecido no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (DOG nº 63 do 30 de marzo de 2012), así como na Orde do 19 de abril de 2013, pola que se modifica a Orde de 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, este Concello ten que modificar a ordenanza fiscal reguladora da taxa polo Servizo de Axuda no Fogar Municipal (BOP nº 193 de data 8 de outubro de 2010). Nos termos que establece nos seus artigos 15 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais; tras ver os informes dos servizos sociais municipais e da interventora municipal, e, en consonancia coa documentación que integra o expediente, proponse ó Pleno da Corporación que, despois do exame do dito expediente, adopte o seguinte acordo: 1º.- Aprobar provisionalmente có quórum da maioría simple legal, a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar, cuxo texto modificado queda como segue:

“ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Artigo primeiro.- Feito impoñible 1. Constitúe o feito impoñible da taxa pola percepción do Servizo de Axuda no Fogar Municipal, a

prestación dun conxunto de atencións as persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal, familias en risco de exclusión social e nos casos de desestruturación familiar.

2. Dito feito impoñible concrétase nas seguintes prestacións: a. Atencións de necesidades de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida

diaria. b. Atencións de necesidades de carácter doméstico e da vivenda. c. Atencións de carácter psico-social e educativo. d. Atencións para a relación do usuario/a co entorno. e. Atencións de carácter técnico e complementario.

Artigo segundo. Suxeito pasivo.- Son suxeitos pasivos da presente taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas que soliciten ou resulten beneficiadas, polos servizos que constitúen o feito impoñible da taxa. Naqueles casos que os suxeitos carezan de capacidade de obrar, o feito impoñible da taxa recaerá naqueles que exerzan a patria potestade, tutela ou sexan ou gardadores de feito do interesado. Artigo terceiro.- Contía 1. Para a aplicación das tarifas do cadros establecidos no apartado seguinte, establécese a contía por

hora de prestación do servizo en: a) Cando a xestión é indirecta, o prezo/hora ascende a 11,50 € IVE engadido b) Cando a xestión e directa, o prezo/hora ascende a 11,50 € IVE engadido

2. Para os efectos de aplicación das presentes tarifas tomarase como referencia o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), indicador fixado polo goberno estatal para cada exercicio económico na correspondente Lei xeral de presupostos do Estado

Page 26: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 26

3. Determinación da capacidade económica das persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido (art. 59 do Decreto 99/2012, de 16 de marzo): A capacidade económica das persoas dependentes valoradas con dereito recoñecido de atención mediante o servizo de axuda no fogar calcularase en atención a súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta, ademais, a renda e patrimonio do cónxuxe e a existencia de persoas conviventes economicamente dependentes. Para o cálculo da citada capacidade económica observaranse as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos socias da Xunta de Galicia. O resultado do cálculo da capacidade económica correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar constará na resolución do plan individualizado de atención que se resolva en cada caso de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

4. Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia (artigo 60.1. do Decreto 99/2012, de 16 de marzo):

Para os efectos deste artigo considerarase persoa usuaria aquela para a que se solicita o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria a un dos membros da unidade de convivencia responsables dos menores que formen parte dela.

No Servizo de Axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia usuarias do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia, o concello regulará o cómputo da capacidade económica de acordo cos seguintes criterios:

a)  Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2. da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas: ingresos netos que se perciban procedentes de rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.

b)  Computarase así mesmo o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións, que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, do respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

c)  A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

d)  Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes á ultima declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.

Artigo cuarto .- Beneficios fiscais. 1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para

persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

Page 27: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 27

2. O servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia prestarase de forma gratuita naqueles casos nos que a capacidade económica resulte igual ou inferior ao 80% do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).

3. Sen prexuízo do establecido no artigo anterior, poderán preverse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar xustificada no correspondente informe social. (artigo 62.2 do Decreto 99/2012, de 16 de marzo).

Artigo quinto.- Devengo e período impositivo 1. A taxa devengarase cando se inicie a prestación do servizo. 2. A liquidación das contías esixibles, de acordo coa tarifa, realizarase polo número de horas mensuais

prestadas. 3. Os recibos para o cobro da taxa emitiranse e xiraranse nos quince primeiros días do mes seguinte á

prestación do servizo. 4. Cando por causas non imputables o usuario, ou éste avise con antelación suficiente e non se acuda o

seu domicilio, seralle descontado no recibo mensual o número de horas non traballadas. Artigo sexto.- Participación económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar. 1. Determinación da participación no financiamento das persoas dependentes valoradas con dereito de

atención recoñecido (PIA): a)  No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para

persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

b)  Nos demais supostos o Concello de Bergondo, como titular do servizo, para facer efectiva a obri-ga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

GRAO I GRAO II GRAO III

Nivel I Nivel II Nivel I Nivel II Nivel I Nivel II

Capacidade económica (referida ó IPREM) 20 h. 30 h. 40 h. 55 h. 70 h. 90 h.

≤ ó 100% do IPREM 0% 0% 0% 0% 0% 0%

>do 100% e ≤ do 115% do IPREM 4,52% 6,56% 8,59% 11,42% 14,47% 18,09%

>do 155% e ≤ do 125% do IPREM 5,41% 7,84% 10,28% 13,66% 17,31% 21,64%

>do 125% e ≤ do 150% do IPREM 5,55% 8,05% 10,54% 14,01% 17,76% 22,19%

>do 150% e ≤ do 175% do IPREM 5,65% 8,19% 10,73% 14,26% 18,07% 22,59%

>do 175% e ≤ do 200% do IPREM 5,72% 8,30% 10,87€ 14,45% 18,31% 22,89%

>do 200% e ≤ do 215% do IPREM 5,81% 8,42% 11,03% 14,66% 18,58% 23,23%

>do 215% e ≤ do 250% do IPREM 6,03% 8,75% 11,46% 15,24% 19,31% 24,14%

>do 250% e ≤ do 300% do IPREM 6,24% 9,05% 11,86% 15,76% 19,97% 24,97%

Page 28: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 28

>do 300% e ≤ do 350% do IPREM 6,42% 9,30% 12,19% 16,20% 20,53% 25,66%

>do 350% e ≤ do 400% do IPREM 6,54% 9,48% 12,42% 16,51% 20,93% 26,16%

>do 400% e ≤ do 450% do IPREM 6,63% 9,62% 12,60% 16,75% 21,22% 26,53%

>do 450% e ≤ do 500% do IPREM 6,70% 9,72% 12,74% 16,93% 21,45% 26,82%

Superior ó 500% do IPREM 6,76% 9,80% 12,84% 17,07% 21,63% 27,04%

c)  Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA (programa individual de atención á dependencia), ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

d)  En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 65% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora. O prezo/hora deste servizo establécese en 11,50 €/hora IVE engadido.

2. Determinación da participación no financiamento das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia:

O servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia prestarase de forma gratuita naqueles casos nos que a capacidade económica resulte igual ou inferior ao 80% do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).

a)  Para o resto dos supostos establécese unha regulación progresiva de participación económica no custo do servizo que terá en conta o cálculo da capacidade económica per cápita de acordo co establecido no artigo terceiro .4 da presente ordenanza e segundo o recollido na seguinte táboa: (artigo 62 do Decreto 99/2012)

CAPACIDADE ECONOMICA Participación no custo do servizo de SAF Básico MENOS 80 % IPREM; 0,00% >80 % e <= 110 % (426,01 a 585,76) 10,00% >110 % e <= 130% (585,77 a 692,26) 15,00% >130% e <= 150% (692,27 a 798,77) 20,00% >150% e <= 175% (798,78 a 931,89) 25,00% >175% e <= 200% (931,90 a 1.065,02) 30,00% >200% e <=225% (1.065,03 a 1.198,15) 40,00% >225% e <=250% (1.198,16 a 1.331,28) 50,00% >250% e <=300% (1.331,29 a 1.597,53) 60,00% >300% e <= 350% (1.597,54 a 1.863,79) 65,00% >350% e <= 400% (1.863,80 a 2.130,04) 70,00% >400% e <= 450% (2.130,05 a 2.396,30) 75,00% >450% e <= 500% (2.396,31 a 2.662,55) 80,00% >500% e <= 550% (2.662,56 a 2.928,81) 85,00% máis de 550 (máis de 2.928,81) 90,00% b)  Establécese un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40 % da súa

capacidade económica e o prezo hora do Servizo de axuda no fogar por libre concorrencia establecese en 11,50 €/hora

Artigo sétimo.- Do procedemento para os usuarios de libre concorrencia

Page 29: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 29

1. As solicitudes do SAF presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Bergondo e irán dirixidas ó/á Alcalde/sa. Previa á solicitude presentarase a demanda nos Servizos Sociais Comunitarios o/a traballador/a social responsable do Programa segundo se detalla na Ordenanza Reguladora do SAF Municipal e posteriores que a modifiquen.

2. Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación: D.N.I , pasaporte e/ou N.I.E. do solicitante e/ou gardador de feito (se procede) D.N.I., pasaporte ou NIE do/da beneficiario/a Tarxeta de asistencia sanitaria do/da beneficiario/a Certificado médico do potencialmente usuario e das persoas da unidade de convivencia que

estean afectadas dalgunha doenza que xustifique a necesidade do servizo. Fotocopia do imposto sobre a renda e do patrimonio das persoas físicas en vigor e/ou

certificación negativa dos mesmos. Xustificante de pensións, salarios, etc. que xustifiquen a situación económica dos/das

interesados. Certificación de intereses bancarios referidos o exercicio económico inmediatamente anterior

o momento da solicitude (se procede). Nº de conta bancaria para a domiciliación de recibos (se procede) Resolución de grao e nivel de dependencia (se procede) Resolución de PIA (se procede). Autorización bancaria para domiciliación de recibos de SAF (se procede). Autorización de acceso por parte do concello ós datos patrimoniais á Dirección Xeral do

Catastro. Autorización de acceso por parte do concello ós datos tributarios á Axencia Estatal

Administración Tributaria. Calquera outro documento que poida ser de interese, a petición do traballador social, e que

teña relación directa cos aspectos a valorar. 3. Recibida toda a documentación, o traballador/a social procederá a comprobación dos datos coas

entrevistas e/ou visitas domiciliarias que considere oportunas; e en aplicación da lexislación vixente o expediente conterá: Un informe social segundo o modelo da ordenanza reguladora do servizo. A aplicación do baremo correspondente Un Proxecto de intervención. Informe proposta vinculante para causar alta no servizo. Resolución do órgano municipal competente na materia. Acordo de servizo debidamente asinado.

4. De proceder a alta no servizo, esta non excederá dos 7 días desde a resolución en positivo ou da aparición do usuario/a nas listas do Par SAF do Sistema Informático Galego de Atención á Dependencia, cando o concello dispoña de horas para prestar o servizo.

Artigo octavo. Infraccións e sancións En todo o relativo ás infraccións tributarias e as súas distintas cualificacións, así como nas sancións que ás mesmas correspondan, en cada caso, aplicaranse as normas establecidas nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.A Disposición Derrogatoria A presente ordenanza fiscal deroga a ordenanza aprobada polo Pleno de 29 de xullo de 2010 e publicada no BOP nº 193, de 8/10/2010 Disposición Derradeira Primeira. O IPREM para o presente ano 2013 queda establecido en 532,51 €. Para os vindeiros anos a súa contía será a que anualmente se estableza nos orzamentos xerais do Estado.

Page 30: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 30

Disposición Derradeira Segunda A presente Ordenanza, unha vez aprobada polo Pleno do Concello de Bergondo, será publicada na forma legalmente establecida e entrará en vigor unha vez entre en vigor a ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.” 2º.- Expoñer ó público o presente acordo mediante anuncios no taboleiro de edictos da Corporación e no Boletín Oficial da Provincia, polo prazo de trinta días hábiles que contarán a partir do seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las reclamacións que estimen oportunas. 3º.- As reclamacións presentadas serán resoltas pola Corporación en Pleno, e de non existir, entenderase definitivamente aprobado o acordo provisional, debéndose proceder en todo caso á publicación no Boletín Oficial da Provincia do acordo definitivo, e do texto íntegro da ordenanza. O Pleno decidirá o que crea mais conveniente.” Toma a palabra a Sra. alcaldesa: xa dixemos que isto simplemente é a regulación fiscal, a diferenza de que aquí onde se establece no artigo terceiro, as contías de 11,50 tanto para a xestión directo como para a xestión indirecta. Non teño mais que argumentar xa que xa expuxen todo na primeira ordenanza. A Sra. voceira do PP di: eu remítome ao xa exposto na miña primeira intervención. A continuación procedese á votación a proposta presentada, que tivo o seguinte resultado: Grupo municipal Socialista: catro (4) votos a favor; Grupo municipal Veciños de Bergondo: unha (1) abstención; Grupo municipal do Partido Popular: cinco (5) votos a favor; concelleiros non adscritos: dous (2 ) votos en contra. Total: nove (9) votos a favor, una (1) abstención e dous (2) en contra. En consecuencia, pola Sra. alcaldesa declarase aprobada, por maioría de votos a favor, a proposta antes transcrita. 5.- MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO DO PARTIDO POPULAR, DE REXEITAMENTO E CONDENA AO TERRORISMO. ADOPCIÓN DE ACORDO QUE PROCEDA. O grupo municipal do Partido Popular, presentou para esta sesión una Moción que foi debatida e ditaminada favorablemente na Comisión informativa do día 18 de xullo, a Sra. voceira do citado grupo dálle lectura a continuación: “O Grupo Municipal Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN: A partir do ano 2006 Galicia está padecendo violentos actos de terrorismo cuxa autoría a banda Resistencia Galega ten reivindicado en varios casos. Entre eles están múltiples atentados consistentes na colocación e detonación de diversos artefactos explosivos e incendiarios en sedes de partidos políticos, organizacións sindicais ou empresariais, entidades financeiras, empresas administracións públicas, etc.; así como nas vivendas de persoas relacionadas co ámbito xudicial, universitario ou político. Os partidos democráticos defendemos a dignidade do ser humano e os dereitos e liberdades que lle son inherentes, especialmente o dereito á vida e á integridade física e moral e propugnamos a democracia e o Estado de Dereito como base dunha convivencia en pluralismo, liberdade e igualdade. En consecuencia, opoñémonos e condenamos o uso da violencia para defender calquer tipo de

Page 31: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 31

posicionamento ou postulado político ou ideolóxico e tamén rexeitamos calquer tipo de declaración ou acción que lexitime ou xustifique o terrorismo. Por todo o anterior, o Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Bergondo eleva ao Pleno a adopción dos seguintes acordos: 1.- Manifestamos o noso rexeitamento e condena ao terrorismo, e por suposto ao levado a cabo por Resistencia Galega. 2.- Solidarizámonos coas víctimas destes atentados e apoiamos ás Forzas e Corpos de Seguridade na súa tarefa de posta a disposición da Xustiza dos responsables destes actos. 3.- Rexeitamos calquer tipo de acción ou declaración que xustifique, ampare ou lexitime a violencia terrorista, especialmente se proceden de representantes públicos. Continúa a Sra. voceira do PP: pouco mais teño que argumentar, simplemente que pido o apoio do resto dos grupos a este tema. Sra. alcaldesa: por parte do partido socialista, xa como dixemos na Comisión Informativa, o partido socialista tamén sufriu os ataques de terrorismo, sobre todo deste grupo non hai moitos meses, en varias sedes; nestes termos apoiamos a moción, non temos mais que engadir. Toma a palabra o Sr. concelleiro non adscrito, Antón Sánchez García: nos condenamos todo tipo de violencia, sempre loitamos contra ela; tamén condenamos e nos manifestamos contra a guerra de Irak, unha guerra ilegal que apoiou o Sr. Aznar e que matou centos de miles de persoas inocentes. Agora ben, o que non estamos na política para facer os paripés e bailar ao son que marca o Partido Popular, cando nos negamos a maior, en Galicia non hai terrorismo, polo tanto, condenar algo inexistente para nós non ten sentido. Porque nos asistimos a un xuízo na Audiencia Nacional onde xulgan a catro rapaces por pertenza a banda armada, a liña argumental da fiscalía é tratar de demostrar que hai terrorismo en Galicia; ben, para que haxa terrorismo ten que haber un grupo organizado que perpetre actos violentos e que atemorice polo menos a un grupo de persoas, ben, pois nas enquisas do CIS, preguntados as galegas e galegos se consideraban que en Galicia había terrorismo, consideraban afirmativamente 0,2 por cento das persoas; porque é mentira, non hai actos violentos, hai accións violentas que no seu momento todos condenamos e que hai que xulgar e hai que deixar que a xustiza actúe. Agora ben, o que o PP pretende con estas mocións, que non has presenta o Partido Popular de Bergondo, preséntanas en todos os concellos de Galicia, o que pretende é unha cortina de fume para tapar o que realmente queren tapar, que é a situación do seu partido, que é unha organización que leva trinta anos financiándose en B de empresas que despois recibían contratos millonarios; é un partido que ten un presidente da Xunta de Galicia, que durante moitos anos paseouse por todo o Estado español cun narcotraficante, Marcial Dorado; que mentiu diante da cidadanía galega dicindo que cortara relacións en 1999, e que despois un xuíz, Vázquez Taín, que non será sospeitoso de ser comunista, dixo que había escoitas destas dúas persoas ata o 2003, e este señor non dimite, o outro día dimitiu un ministro xaponés por catrocentos trinta e cinco euros, un ministro alemán por plaxiar unha teses, o Sr. Feijóo non dimite, claro é unha organización mafiosa, mafiosa no sentido que leva trinta anos financiándose das mordidas das empresas, polo tanto o que quere tapar o partido popular é isto, a súa situación, seis millóns de parados, etc.; e ven cun problema inexistente. Mire, falando de violencia, a violencia que lle debería preocupar ao Partido Popular é a que exerce o Sistema sobre as persoas; e moi oportuna esta moción porque nas últimas dúas semanas se suicidaron tres persoas en Galicia, dúas por desahucios e unha persoa que se tirou ao porto de Laxe porque non soportaba estar no paro. Dende que comezou a crise aumentaron os suicidios nun 30 por cento; esa é violencia, a violencia é que a miles de galegos lles rouben os seus aforros, estafados polas preferentes; a violencia é condenar á case a metade da xuventude galega a emigrar, esa é a violencia do Sistema, pero contra esa o Partido Popular non quere actuar.

Page 32: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 32

Polo tanto, non imos facer un paripé dicindo que en Galicia hai terrorismo cando non hai terrorismo, pode haber accións violentas que están a ser xulgadas, pero non hai ningún grupo organizado e a poboación non sinte que haxa terrorismo, polo tanto é unha gran mentira do Partido Popular que aínda por enriba, dun xeito bastante rastreiro, tratar de sacar réditos do terrorismo; nos lamentamos esta aptitude e o noso voto é totalmente en contra, e ademais denunciamos que o Partido Popular debería preocuparse, xa que ningún partido acumulou tanto poder en toda a democracia, preocuparse de resolver os problemas que si existen, e hai moitos por onde comezar a traballar e non polo terrorismo en Galicia. Sra. voceira do PP: ben, fala vostede de Aznar; Aznar pouco representa dentro do Partido Popular. Dí vostede que houbo un paripé nun xuízo de catro mozos, se vostede está acusando ao Partido Popular, ao que ninguén xulgou aínda, de mafioso, terrorista, etc....; eu sei que a vostede gústalle mesturar churras con merinas, iso que hoxe non ten cámara de televisión diante, pero ben. Cada un entende a violencia como a queira entender, para vostede colocar artefactos en caixeiros, colocar artefactos en sedes de partidos políticos, iso non é violencia. Pois vostedes mesmos lle chamaron a Feijóo terrorista, agora estame a dicir que non hai terroristas en Galicia, pois non sei eu entón....está xulgando, está prexulgando sempre ao Partido Popular, e voulle dicir non creo que sexa culpa do Partido Popular o número de parados que hai neste pais, penso que non. Sr. concelleiro non adscrito, Antón Sánchez García: eu xa dixen e definín o que era terrorismo, se vostede presenta outra definición mellor dígamo. Non é o mesmo terrorismo que violencia, xa dixen que os actos violentos están perfectamente definidos; para que haxa terrorismo nun pais fai falta que haxa os tres elementos que dixen antes. En Galicia non hai terrorismo, se poñan como se poñan, afortunadamente non hai terrorismo, hai moitas accións violentas por parte de moita xente que non está organizada pero que as fai, e hai a outra violencia que si que está organizada que é a do Partido Popular, que é unha organización que leva trinta anos cobrando en B e pagando aos seus dirixentes en B, de empresas que despois resultan que fan obras e arruínannos como pais, privatizan as eléctricas e despois Aznar está contratado por unha eléctrica; polo tanto, non é mesturar churras con merinas, é que o Partido Popular leva trinta anos funcionando ilegalmente, ganando eleccións con recursos ilegais; polo tanto, iso si que o sosteño. Daquela, di vostede que non é culpa do Partido Popular os parados que hai, e logo quen goberna o pais?, que goberna Galicia?, que goberna o Estado español?, e logo, non teñen responsabilidades? para que están vostedes?, que prometeron na campaña? e que cumpriron do que prometeron?, se o Partido Popular non pode facer nada para acabar co paro é mellor que dimita e convoque eleccións, porque os españois supoño que queren ter un goberno que lle resolva os seus problemas, se vostede di que o Partido Popular non ten nada que ver, pois algo terá que ver, sobre todo cando aquí vostedes criticaban ao goberno de Touriño polo nivel de paro e dicían que en corenta e cinco días ían resolver o problema, tanto non se pode enganar á xente. E por moito que o Partido Popular intente terxiversar, aquí todos nos coñecemos, e en Bergondo tamén coñecemos ás persoas, sabemos cales exercen violencia e cales non, polo tanto eu por esa parte estou moi tranquilo de que Antón Sánchez e Juan Fariña como persoas, politicamente, sempre estivemos contra a violencia. Agora ben, a concepción de violencia que temos vostede e eu é moi diferente, porque vostede sempre defende a violencia do poderoso fronte ao débil, e nós ao contrario. Toma a palabra o Sr. voceiro de Veciños de Bergondo: nós xa dixemos na Comisión Informativa que queriamos apoiar esta proposta sempre e cando se fixera algo mais que dicir que se está a favor das vítimas, a favor da xustiza e en contra dos violentos. Nos entendemos que para que a violencia en España cese, sobre todo a violencia terrorista, que as accións xudiciais que se poñan en marcha minimicen ese tipo de accións, a Lei ten que aplicarse con todo o peso. Nos últimos tempos o caso Bolinaga, na que o Corpo Nacional de Policía dicía que era unha estafa á democracia, que o propio Ministerio do Interior non quixo modificar un Regulamento interno para que isto non volvera a suceder, as vítimas do terrorismo OVT dicían que era incrible que nos tempos que corren un preso que había matado a mais de cincuenta persoas, condenado a mais de mil douscentos anos de cadea, saía porque está enfermo..

Page 33: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 33

Nós para aprobar esta proposta gustaríanos incluír que nos casos de violencia terrorista se aplicara todo o peso da Lei, cumprindo integramente as penas, sexa cal sexa a condición sobre a que se aplique. Coincidimos en que non debe haber violencia, as cousas débense falar en democracia, chegando a negociacións, non podemos estar todos igual cara un punto, pero cando se traspasa o paso da violencia temos que poñer métodos para que se cumpra; dicir que se apoia ás forza de seguridade do Estado e despois non darlles mecanismos é dicir nada, polo tanto, se vostede inclúe un cuarto punto que é que nos casos de violencia terrorista se aplique todo o peso da Lei, nos apoiámolo, senón votaremos abstención. Sra. voceira do PP: este é o contido da nosa moción, cremos que é suficientemente ampla e quere dicir exactamente o que quere dicir, se vostede desexa incorporar outros puntos, se quere presentar calquera outra moción moito mas ampla, ou que sexa, por suposto que nos ímola apoiar; nos opoñémonos ao terrorismo de calquera clase, pero esta é a moción que temos hoxe e así é como pensamos presentala. A continuación procedese á votación a moción presentada, que tivo o seguinte resultado: Grupo municipal Socialista: catro (4) votos a favor; Grupo municipal Veciños de Bergondo: unha (1) abstención; Grupo municipal do Partido Popular: cinco (5) votos a favor; concelleiros non adscritos: dous (2 ) votos en contra. Total: nove (9) votos a favor, una (1) abstención e dous (2) en contra. En consecuencia, pola Sra. alcaldesa declarase aprobada, por maioría de votos a favor, a moción antes transcrita. 6.- ASUNTOS URXENTES. Seguidamente a Sra. alcaldesa pregunta aos/a voceiros/a dos grupos políticos se desexan someter á consideración do Pleno, por razóns de urxencia, algún asunto non comprendido na Orde do Día que acompañaba a esta convocatoria. Non se presentan. 7.- DECRETOS E RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA. A continuación pola Sra. alcaldesa, en cumprimento do previsto no art. 42 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, aprobado por R.D. 2568/86 de 28 de novembro (ROF), dáse conta á Corporación dos Decretos e Resolucións adoptadas desde o 25 de xuño ao 18 de xullo de 2013, numerados do 517/2013 ao 638/2013. O Pleno queda enterado. 8.- ROGOS E PREGUNTAS. O Grupo municipal do Partido Popular non presentou ningún rogo nin pregunta polo Rexistro Xeral, non obstante a Sra. voceira manifesta que teñen unha pregunta de última hora que fará o Sr. concelleiro Alberto Feijóo Rodríguez, é a seguinte: .- Vaise tomar algunha medida con respecto á disposición adicional primeira da Lei 2/2013 de protección e uso sostible do litoral de modificación da Lei de costas?. Sra. alcaldesa: é un tema que aínda non se mirou a fondo, de feito os técnicos municipais estiveron recentemente nunhas xornadas, co cal no momento que veñan das vacacións será un tema que miraremos, porque, loxicamente, afecta moito a Bergondo e intentaremos aproveitar no que se poida do que contén a Lei, pero xa digo, aínda non está estudado. É algo que aínda se está a explicar e, xa digo, a semana pasada foron a esta xornada.

Page 34: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 34

Os Sres. concelleiros non adscritos presentaron os seus Rogos e Preguntas o día 22 de xullo, co núm. de rexistro de entrada: 6011. O Sr. concelleiro non adscrito D. Antón Sánchez García manifesta: polo visto o Partido Popular de Bergondo cree que o único problema que hai no concello é o do terrorismo, porque non presenta rogos e preguntas. Seguidamente pasa a expoñer os seus: ROGOS: 1) Solicitamos a revisión e, no seu caso, corrección, da posible fuga de auga na rede de abastecemento na Aldea de Arriba (Santa Marta) que se describe na foto que axuntamos. Sra. alcaldesa: creo que á día de hoxe xa está amañado. PREGUNTAS: 1) Estado de tramitación do Regulamento de Participación Veciñal. Continúa o Sr. concelleiro non adscrito: queremos dicir, unha vez mais, que hai cinco anos aprobouse neste pleno para que se elaborara un Regulamento de participación veciñal que, entre outras cousas, facilitaría a participación de veciños e veciñas na elaboración dos presupostos e, incluso, a intervención dos veciños e veciñas cando quixeran tratar un asunto directamente, hoxe será un bo día para inaugurar iso, que puideran os veciños e veciñas xa directamente presentar as súas inquedanzas; polo tanto hai cinco anos que vostede non cumpre este acordo plenario e queremos saber se ten intención de facer algo con respecto a isto. Sra. alcaldesa: sinto terlle que responder o mesmo que no ultimo pleno, aínda non está na axenda de traballo. É certo que é un compromiso e ademais algo que se debe cumprir porque foi un acordo plenario, e o faremos no momento en que se poida. Pero xa ve vostede que tampouco deixamos de traballar e que estamos con outros expedientes, que entendo que ao mellor a vostedes non lles poidan parecer tan urxentes; en todo caso, a resposta segue a ser a mesma. Sr. concelleiro non adscrito: teño dúas respostas, unha en serio e outra ironicamente, non sei cal dicir. A irónica é dicir que levamos cinco anos para elaborar un Regulamento de participación veciñal, mais ou menos é o ritmo medio co que ven traballando este goberno, tanto no Plan Xeral como noutras cuestións. Xa falando en serio, nos cremos que vostede non ten interese en aprobalo e vostede está cometendo fraude porque non está levando a cabo un acordo plenario, polo tanto iso é o que nos cremos de verdade, a vostede iso non lle parecerá moi grave pero a nós si, porque o Pleno é o órgano democrático deste pobo, e guste ou non guste hai que cumprir cos acordos do Pleno, vostede leva cinco anos sen facer un documento, porque non quere. Sra. alcaldesa: esa é unha opinión. Sr. concelleiro non adscrito: non, é unha verdade, non lle tome o pelo á xente. Sra. alcaldesa: Sr. concelleiro, non me diga vostede o que eu quero ou non quero facer. Vostede é o que pensa, eu lle estou dicindo o que hai, hai a vontade de facelo, pero non me diga vostede agora que non o quero facer; esa é unha opinión súa. Sr. concelleiro non adscrito: pois se non o quere facer, vostede está incapacitada para ser alcaldesa deste pobo, porque en cinco anos senón hai tempo de elaborar un documento escrito de Regulamento de participación veciñal, vostede está incapacitada para ser alcaldesa de Bergondo, ou de calquera sitio. Sra. alcaldesa: é unha opinión súa, efectivamente. 2) Valoración da nova Ponencia de valores da Axencia Tributaria para o Concello de Bergondo. Sr. concelleiro non adscrito: queremos saber cal é a súa opinión Sra. alcaldesa eu creo que a miña opinión a din cando trouxemos este punto ao Pleno, pero ben, en todo caso me reitero. Solicitouse unha actualización dos valores catastrais porque estaban moi desfasados, con eses novos datos as casas en solo rústico terán un valor catastral inferior, en cambio nas outras si que vai

Page 35: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 35

ser superior, son valores propostos pola Xerencia Catastral, acordes cos valores actuais e, tamén por desmentir algo que ao mellor son rumores, eu tampouco poño na boca de ninguén o que non é, nos novos recibos de IBI os incrementos se repercutirían, como expliquei no seu momento, en dez años, polo que o incremento nun ano sería inapreciable. Nos parecía adecuado pois, desde o ano 1996, adaptar esas porcentaxes e adaptar os valores catastrais do Concello de Bergondo, é dicir, lle contesto o que dixen no seu momento, cando se falou desa ponencia. Sr. concelleiro non adscrito: pois mire, non sei a que rumores se refire, pero o que vai supoñer isto, e nós e o Partido Popular votamos en contra á nova ordenanza, precisamente por este motivo, porque vai supoñer, outra vez mais, un incremento moi importante para todos os veciños e veciñas de Bergondo. Nos remitímoslle un escrito para que convocara un pleno de urxencia para elaborar unhas alegacións conxuntas, para defender os intereses de todos os veciños e veciñas, porque hai moitos concellos nos que se está a facer esta revisión, no 90 por cento dos concellos se presentan alegacións, aínda que despois saían como saían, pero hai que presentalas, porque isto vai subir o valor catastral, de media vai duplicalo. Teño aquí a ponencia de valores, aquí hai un termo que é relación entre valor catastral, partindo de valor de mercado, pois neste momento esa relación era 0,26 e ca nova ponencia de valores é 0,52 de media, iso significa que se duplican os valores catastrais, e, aínda por enriba, polo Decreto do goberno central, vai subir o tipo nas zonas urbanas de 0,45 a 0,60, polo tanto, vai ser unha subida importantísima, aínda que se aplique progresivamente. Nós cremos que a responsabilidade súa debería de ser informar a todo os veciños, presentar alegacións a través dun acordo plenario para pelexar, porque?, porque os valores de mercado a 2013 volven ser, por datos do Ministerio de Vivenda, os mesmos que no 2002, pero non se poden aceptar as propostas da Axencia Tributaria porque si, o día que se publicou o Edicto do Boletín Oficial da Provincia, hai varios concellos, e o Concello de Bergondo é o segundo con maior subida do valor catastral, verdade?, e os outros concellos presentaron alegacións. Sra. alcaldesa: cal é a súa pregunta?, recórdolle que estamos en rogos e preguntas. Sr. concelleiro non adscrito: a pregunta da lugar a debate, eu estou explicándolle á xente que está aquí que ten dereito a escoitar o que pasa neste pobo, por moito que queira vostede ocultalo. Sra. alcaldesa: que estamos en preguntas. Sr. concelleiro non adscrito: vostede informa das excursións dos maiores, pero destas cousas debería informar e non informa, polo tanto estou informando eu. Sra. alcaldesa: por certo, soamente por corrixilo, o novo Decreto cos valores catastrais actualizados non pasaríamos dun 0,45 a un 0,60, foi algo que tamén expliquei no seu momento no Pleno, co valor catastral actualizado, e dicir que vostede tamén comete erros, vai por Deus......., cal é a seguinte pregunta¿? Sr. concelleiro non adscrito: pero deixe contestar, duplicase ou non se duplica o valor catastral de media en Bergondo? Sra. alcaldesa: en cantos anos? Sr. concelleiro. Sr. concelleiro non adscrito: ese será o IBI, Sra. alcaldesa, o valor catastral duplicase dende o momento da aprobación da ponencia de valores. Sra. alcaldesa: e en cantos anos se vai a repercutir esa diferenza no IBI, en 10 anos, e dicir que ese aumento catastral se vai reflectir no pago, que é o que lle importa aos veciños, dentro de 10 anos. Sr. concelleiro non adscrito: ben, vale, podemos estar contentos que so vai subir entres un 15 e un 20 por cento do IBI cada ano, e cada ano vai ir aumentando progresivamente, podemos estar moi contentos...., polo tanto como é así, non imos presentar alegacións. Pero mire, non sería un beneficio para os veciños que baixara o valor catastral, de cara a pagar o IBI, si ou non? E porque non presentou alegacións?. Sra. alcaldesa: e no seu momento, cando a vostede lle toque facer os orzamentos e teñamos unha diferenza nos IBI´s..... Sr. concelleiro non adscrito: os orzamentos, onde están os orzamentos? Sra. alcaldesa: no momento que lle toque facer os orzamentos, Sr. concelleiro, cunha diminución.... Sr. concelleiro non adscrito: pero xa lle tocou, e temos prorrogados os do 2012. Vostede non quixo aprobar uns orzamentos. Sra. alcaldesa: ten vostede mais preguntas? Sr. concelleiro.

Page 36: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 36

Sr. concelleiro non adscrito: si señora, teño mais preguntas e moitas cousas que dicir. 3) Valoración acerca dos efectos da entrada en vigor da nova taxa de saneamento e depuración municipal. Continúa o Sr. concelleiro non adscrito: resultado da ordenanza que se aprobou fai case un ano, que valoración fai? Sra. alcaldesa: pois a que fixen tamén no seu momento. Os datos eran os que había, ca nova política tarifaria os consumos que foran de menos de trinta metros cúbicos trimestrais ían saír beneficiados, o resto non; é dicir, íase pagar por consumo desaparecendo os mínimos e íase penalizar os consumos abusivos, que é o que está a pasar; a maior parte dos veciños de Bergondo saen beneficiados. O que pasa é que os que teñen saneamento, que teñen depuración, e non a estaban pagando ata agora, e lle recordo que iso era algo que estabamos pedindo todos os partidos políticos, que vostedes tamén reclamaban aquí, había que repercutir esa depuración, empezaron a pagala agora, é dicir, levan todos estes anos sen pagala, estase pagando agora. Pos iso é polo que nos diciamos no seu momento que nalgún caso case se podería duplicar o recibo, pero non o recibo da auga; eu entendo que despois, a maiores, estea o tema do canon, estea o tema da subida do IVE, pero realmente o recibo da auga non se duplicou como, nalgún caso, tamén se dixo por aí. A maior parte dos veciños de Bergondo, mais do cincuenta por cento, consumen esa media, e saen beneficiados coa nova política tarifaria, e senón agora, cando se presenten as contas da empresa concesionaria, que sabe vostede que presentan as contas anuais, se vemos que hai un beneficio excesivo que non é acorde ca oferta que presentaron no seu momento, cando se fixo o contrato, pois teremos que volver a falar desa ordenanza e oxalá podamos falar de diminución no recibo tanto da auga como da depuración, eu tamén penso que iso o teremos que mirar. Continúa o Sr. concelleiro non adscrito: saen beneficiados a maioría....; houbo xente a que se lle multiplicou por dez, e di que non chega nin a duplicarse. Mire, xa sabiamos que a instalación dunha taxa de depuración ía supoñer unha subida, pero nas condicións que se dou en Bergondo a subida foi escandalosa, eu penso que hai que retomar a elaboración e a modificación da ordenanza, hai que modificar en algún aspecto a ordenanza porque hai fallos, incluso detectados despois a raíz do cobro; por exemplo que o consumo estimado debería ser por persoa non por casa, porque se producen agravios nas casas que hai mais xente que nas que hai menos, por exemplo. Pero é que, ademais, nos diciamos que mentres que aos veciños se lles soben as taxas escandalosamente, a empresa segue campando ás súas anchas, segue sen presentar os mapas, a cartografía do saneamento e de abastecemento de auga, que foi unha condición coa cal ganou o contrato, e nós tamén diciamos que á empresa había que facerlle unha auditoría para saber se efectivamente o custo que manifesta que ten de depuración é ese, e iso non se fixo; hai establecementos de hostalería que, por exemplo, pasaron de pagar 1200 euros a 2100; hai vivendas que pasaron de pagar 4 a 44.. Sra. alcaldesa: que non pagaban a depuración, claro. Sr. concelleiro non adscrito: e iso sumado ao que diciamos antes, e tamén axudado porque vostedes, por moito que digan que hai o oitenta por cento de saneamento neste concello, non chega, entón entre moi poucos teñen que pagar as depuradoras, e polo tanto teñen que pagar, que se vostede tivera feito o traballo de ter saneamento para todo o concello.. Sra. alcaldesa: si se fixo unha auditoría, porque, loxicamente, non nos creemos de primeiras o estudo que fixo a empresa no seu momento, e encargouse un estudo externo, precisamente polos custos das depuradoras. Vostede o viu, o que pasa que non considera que ese estudo que se encargou externamente sexa unha auditoría, vale, eu lle expliquei no seu momento que iso si que era unha auditoría, e xa lle dixen eu de antemán que estamos dispostos a revisar, no momento que presenten as contas eu traerei aquí unha proposta diferente se ese beneficio é excesivo. Sabiamos que ía supoñer, nalgúns casos, un duro golpe; vostede me di que de 4 pasan a 44, efectivamente a xente que non pagaba a depuración e que non ten a auga da traída municipal, por dicilo así, efectivamente paga unha cota fixa, por certo lle recordo que vostede tamén aprobou as contas da empresa concesionaria, que nese pleno, repase vostede as actas,

Page 37: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 37

aprobamos dous puntos, un foi a ordenanza, a repercusión, e o primeiro foi o establecemento do equilibrio económico-financeiro, e iso está votado por unanimidade Sr. concelleiro non adscrito: é que o establecemento do equilibrio económico-financeiro é unha condición que ten o contrato desta empresa, desgraciadamente, un contrato de vinte anos. E segue sen contestarme si está a cartografía ou non está, eu non sei se na auditoría tamén se deron conta de que se lle estaba pagando á empresa polo funcionamento dunha estación de bombeo que non funciona. Sra. alcaldesa: si que funciona Sr. concelleiro non adscrito: debe funcionar ultimamente, pero cando se lle pagaba á empresa non funcionaba, a de Sampaio nunca funcionou. Sra. alcaldesa: si funciona Sr. concelleiro non adscrito: dende cando funciona?. Sra. alcaldesa: dende hai uns meses. Sr. concelleiro non adscrito: moi ben, e antes?. Reclamáronse eses cartos á empresa Sra. alcaldesa: si Sr. concelleiro non adscrito: e pagouno a empresa?. Sra. alcaldesa: si, se lle fixeron os descontos. Sr. concelleiro non adscrito: comprobarémolo, xa sabe que nos comprobamos as cousas. Sra. alcaldesa: me parece moi ben. 4) En relación coa resolución de autorización de vertido de augas residuais urbanas depuradas á Ría de Ares-Betanzos, procedentes da EDAR de Gandarío, que opinan do Informe da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión de Recursos Mariños, da Consellería do Mar?. Neste intre despregase por parte de dúas persoas do público asistente, unha pancarta coa lenda “Bergondo di non a depuradora en Gandarío” Sra. alcaldesa: entendo que nos primeiros informes que facía a Consellería, non aconsellaba, e de feito eran informes demoledores, en canto a ubicación da depuradora e demais, pero voume remitir ás conclusións, i é que se debe cumprir en todo momento os limites establecidos en canto para os parámetros de vertido. Eu xa dixen tamén publicamente que neste caso, mais que nunca, hai que exixir unha execución de obra impecable Iso de Bergondo di que non, non sei, será unha parte de Bergondo supoño, e cando teña que ser o concello o xestor desa depuradora teremos que actuar dunha forma moi estrita e puntual sempre co mantemento, eu penso que cunha execución técnica impecable, o que temos que contar é que os informes á día de hoxe avalan que a depuradora se poida poñer alí, os informes dun expediente que cumpre con todo. Sr. concelleiro non adscrito: vostede leu o informe, supoño? hoxe ou onte, supoño que o leria. Sra. alcaldesa: xa hai uns días, Sr. concelleiro. Sr. concelleiro non adscrito: si, xa sei cando o leu. Sra. alcaldesa: non o sabe, presupón vostede demasiadas cousas. Sr. concelleiro non adscrito da lectura a un texto: consideramos que procede informar negativamente a solicitude de autorización de vertido no punto X562.426.Y4.800.310 – e recomendamos estudar alternativas para o proxecto da EDAR en Gandarío, que ademais de garantir a recollida de augas residuais e saneamento da zona, conteñan alternativas para verter o emisario na parte media ou externa da Ría de Betanzos, asegurando unha mellora da calidade das augas no estuario do río Mandeo, que permita aproveitamento e explotación dos bancos de moluscos clasificados actualmente como zonas de tipo C. E di que este punto de vertido vai afectar negativamente, porque no punto no que está existe a acción das mareas, polo tanto, cando a marea sube tira dos efluentes para dentro; e di que o que sabiamos por sentido común, que ese vertido é de alto risco, e, ademais, permanente. Polo tanto, pedimos que se reconsidere a ubicación da depuradora, porque non ten sentido.

Page 38: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 38

Mire, a Consellería de Medio Ambiente contesta que está ben o punto de vertido porque sempre vai cumprir os límites establecidos pola lexislación, mire, se sempre vai cumprir os límites establecidos pola lexislación non fai falta emisario, pode verter directamente á praia; que pasa? que para minimizar os riscos se poñen os emisarios, e se escollen as ubicacións, polo tanto, a ubicación da depuradora e totalmente irracional. É a quinta depuradora do Concello de Bergondo, a quinta, cando se debería evitar a dispersión das depuradoras, aquí porfíase niso, e a única xustificación que houbo no seu día para colocar en Gandarío esta depuradora foi a posibilidade de facer urbanizacións na zona, para darlle servizo ás urbanizacións. Había un plan de saneamento que financiou a Xunta de Galicia en 1999, que dicía que o obxectivo prioritario debía ser desviar os vertidos da conca de Gandarío e ampliar as de Miodelo e Fiobre e facer unha en Cambade para enviar cara a Sada cun colector, iso dicía o plan de 1999, e non o Plan xeral que non se aprobou, no documento, o propio equipo redactor dicía que ese era o obxectivo, e, textualmente dicía: inexplicablemente se opta pola opción de Gandarío. Aínda se está a tempo de evitar unha barbaridade, mire, informe favorable tiña a depuradora de Miño, tamén, e agora cando veñen os veraneantes a Fadesa, pode mirar desde Fiobre, hai días que sae unha mancha marrón, e tiña todos os informes da Consellería de Medio Ambiente. Nós non cremos en dogmas, cremos nos argumentos, estes argumentos enténdeos calquera, é un punto de vertido con alto risco, de carácter permanente, polo tanto é unha decisión importantísima que hai que tomar para unha infraestrutura que vai estar trinta anos, que non se pode tomar á lixeira, nin por intereses urbanísticos, que é a única xustificación que se daba no primeiro momento, para establecer a depuradora aí. Depuradora que, ademais, ía ser de nove mil habitantes equivalentes e que se rebaixou a seis mil, simplemente para evitar que houbera unha avaliación ambiental, así é como funciona a Consellería de Medio Ambiente aquí, e aínda por enriba, vostede di que claro, nos dicimos que é moi necesario que haxa saneamento no concello, Lubre e Ouces, claro que si, pero a culpa senón o hai, a culpa e a principal responsabilidade e súa, que leva gobernando e tiña un proxecto definitivo no 2006, e non expropiou nin un metro de terreo, daquela, polo tanto, non lle bote a responsabilidade a outros, que estaba gobernando nos últimos anos. Sra. alcaldesa: non lle botei as responsabilidades a ninguén, polo de agora non, precisamente vostede di que a responsabilidade ao final é nosa, do grupo de goberno, que alí haxa unha depuradora, e iso é o que queremos. Eu non defendo para nada, nin defenderei nunca intereses urbanísticos de ninguén, de ninguén, iso creo que incluso vostede o pode pensar de mi Sr. concelleiro non adscrito: porque considera vostede que esa é a mellor ubicación? Sra. alcaldesa: para mi non, para quen decidiu tecnicamente que esa era a mellor ubicación. Sr. concelleiro non adscrito: esa non é unha decisión técnica, é unha decisión política do partido socialista de Bergondo. Sra. alcaldesa: a decisión técnica dicía que era peor ir a Fiobre e a Sada, asegúrolle que non. Vostede me di que se debe evitar a dispersión, pois depende, porque hai moitos criterios técnicos que din que incuso son favorables as mine depuradoras e non as maxi depuradoras, e dicir, iso será segundo os criterios, e llo digo porque por nada nos instalan unha depuradora mais case no Pedrido, no seu momento, cando se plantexou alí o saneamento, e fun eu a que lles dixen que estudasen a posibilidade de facer un bombeo, para non ter unha depuradora mais; efectivamente viron que había unha posibilidade, pero se decantaban, incluso, por unha depuradora. Entón, como nós o que queremos é que haxa unha depuración xa, pois o que eu tamén lle digo é que ao final nos propios informes, que tamén ten vostede, o ultimo informe considera que as actuacións previstas son ambientalmente viables, xa que non constitúen unha ameaza para o espazo natural, sempre cando o vertido cumpra cos límites establecidos, volvemos ao mesmo, teremos que ser moi rigorosos con iso. Sr. concelleiro non adscrito: pero vostede que é o que non entende de minimizar os riscos, porque se pon un emisario?, para evitar riscos, polo tanto se sempre cumpre os parámetros non fai falta emisario. Pero

Page 39: BORRADOR DA ACTA CORRESPONDENTE SESIN ...bergondo.gal/uploads/media/acta_pleno_20130724.pdf2013/07/24  · CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA

Pl. 24/07/2013 39

cal é a experiencia, cal é a experiencia das catro depuradoras que hai en Bergondo, funcionan ben os 365 días do ano?. Sra. alcaldesa cando queira vostede pode ver os informes de vertidos das depuradoras. Sr. concelleiro non adscrito: non necesito ver nada, dos informes fíome o xusto, do que me fío é dos argumentos dos informes. A alternativa escollida foi unha decisión política, non hai ningún criterio que avale esta decisión, incluso no anteproxecto se falsean os datos, porque para a outra alternativa, que era bombear cara a Cambade, compútanse os custos de bombear, en cambio á viceversa non se computan, algo tan burdo como é iso; polo tanto, os informes da Consellería de Medio Ambiente llos encargan a unha empresa é lle din o que teñen que dicir, a nós non nos valen os dogmas de fe, a nós nos valen os argumentos, Sra. alcaldesa: a min tamén. Sr. concelleiro non adscrito: polo tanto a solución é unha solución que vostedes adoptaron en función duns intereses, pero non de algún criterio técnico, non hai ningún; polo tanto, cando a dirección xeral de recursos mariños fala diso, fala de minimizar riscos, non di que se funciona sempre ben pois pode verter en calquera lado, a Consellería de Medio Ambiente non refuta os argumentos da Dirección Xeral de Recursos Mariños, non di que ese sitio non ten riscos. Sra. alcaldesa: non, ao contrario Sr. concelleiro non adscrito: simplemente di que vai funcionar ben sempre, claro, e nos temos que crer que vai funcionar ben sempre, evidentemente o tempo vai a dar e quitar razóns, pero parécenos que isto non é defender o interese nin a racionalidade. A racionalidade sería facer unha estratexia para ir cara arriba dunha vez, que ese é un fracaso deste pais, aplicando criterios técnicos. Criterio técnico é o que di a Dirección Xeral de Recursos Mariños, que é facer un punto de vertido na parte media externa da ría, onde non exista dinámica de mareas, en caso de que haxa fallo non o vai arrastrar cara dentro, cara os bancos de moluscos nin as zonas de baños, polo tanto, cada un é libre de tomar a súas decisións políticas e tamén cada un ten que asumir a súa responsabilidade. Antes de rematar a sesión, o Sr. concelleiro non adscrito fai unha derradeira pregunta referente a se se ten algún acordo co Sporting Bergondo, sobre o corte da herba e mantemento do campo. A Sra. alcaldesa respóndelle que os acordos para este ano non están establecidos, queren establecer unha rolda de mantemento e chegar con eles a un acordo, e co o outro equipo que tamén utiliza o campo para entre todos facer un mantemento. O Sr. concelleiro non adscrito pregunta quen vai cortar a herba, se o club ou o concello. A Sra. alcaldesa dille que o concello cortaraa en determinadas épocas e despois o mantemento anual deberá ser de parte dos usuarios, aínda se está na fase de acordalo. Non existindo máis preguntas, nin asuntos que tratar, ás vinte e unha horas e trinta minutos, remátase a sesión por orde da Sra. alcaldesa, e redáctase a presente acta da que eu, o secretario, dou fe. O secretario V. e Pr.: A alcaldesa Federico Suárez Cancelo Alejandra Pérez Máquez