12
ARCO XERMÁNICO ANTIGA IGREXIA DE SAN XOÁN PANXÓN NIGRÁN VAL MIÑOR Fotagrafías: Xilberte Manso de la Torre (IEM) Período Histórico: Idade Media Cronoloxía: s. V-VII d.C. Ben de Interese Cultural www.minhor.org

Arco Xermánico de Panxón

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Álbum fotográfico do Arco Xermánico de Panxón

Citation preview

Page 1: Arco Xermánico de Panxón

ARCO XERMÁNICO ANTIGA IGREXIA DE SAN XOÁN

PANXÓN – NIGRÁN – VAL MIÑOR

Fotagrafías: Xilberte Manso de la Torre (IEM)

Período Histórico: Idade MediaCronoloxía: s. V-VII d.C.Ben de Interese Cultural

www.minhor.org

Page 2: Arco Xermánico de Panxón

Os restos da antiga igrexa parroquial de San Xoán de Panxón, co seu magnífico arco de ferradura, son unha das escasas mostras da arte xermánica que se conserva en Galicia

Page 3: Arco Xermánico de Panxón

Na actualidade podemos contemplar restos da ábsida cuadrangular, á que da entrada o arco triunfal de ferradura

Page 4: Arco Xermánico de Panxón

O arco, composto de 21 doelas de diferentes , mais de aspecto equilibrado, susténtase sobre dúas columnas de fuste liso e capiteis de inspiración corintia, con dúas fileiras de follas de acanto e volutas incipientes.

Page 5: Arco Xermánico de Panxón

A igrexa de San Xoán indentificouse na década dos anos 30 do pasado século cando se pensaba na ampliación do pequeno templo parroquial. Ante a importancia do descubrimento, o arquitecto encargado da ampliación, Antonio Palacios, abandonou o proxecto e optou por crear unha igrexa de nova planta, o Templo Volitivo do Mar.

Page 6: Arco Xermánico de Panxón

Aínda que na actualidade non se poden observar, os fustes están asentados en cadansúa basa que, segundo a información dispoñible, serían capiteis similares aos mencionados, pero invertidos

Page 7: Arco Xermánico de Panxón

Orixinalmente o arco estaba sustentado por dous pares de columnas por cada lado, como aínda se pode comprobar actualmente. Polo seu aspecto e técnica de execución pódese asegurar que a súa factura é xermánica, descartándose que fosen reaproveitados dunha construción romana anterior.

Page 8: Arco Xermánico de Panxón

Arriba: Antiga igrexa parroquial de Panaxón coarco dando acceso ao altar. (Arquivo do IEM)

Esquerda: O arco visto dende a cabeceira daigrexa desparecida

Page 9: Arco Xermánico de Panxón

No século XVII reformouse a igrexa adquirindo a fisonomía que se mantivo ata o século XX, cando desapareceu. .

Page 10: Arco Xermánico de Panxón

En 1936 identificouse, formando parte dun muro próximo, unha lauda, ou tapa de sarcófago, con decoración de tipo estola, que posteriormente se trasladouá ábsida do templo. As características da decoración invitan a situala no período suevo (s. V-VII).

.

Page 11: Arco Xermánico de Panxón

Nos anos 80 do pasado século, con motivo da consolidación do arco, realizouse unha pequena escavaciónna que se identificaron as cimentacións orixinais do templo xermánico, que definen unhacaracterística planta de cruz grega

Page 12: Arco Xermánico de Panxón

Textos: Eduardo Méndez Quintas (IEM) extraídos do libro Marabillas do Patrimonio de Nigrán

Edición: Álvaro Peralta Techera (IEM) para www.minhor.org

Descarga gratuíta do libro