10
Antoni Gaudí e a Casa Milá Antonio Martínez INICIARTE http://artenoafonsox.blogspot.com

Antoni Gauidi e a Casa Mila

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Análise da Casa Milá

Citation preview

Page 1: Antoni Gauidi e a Casa Mila

Antoni Gaudí

e a

Casa Milá

Antonio Martínez INICIARTE

http://artenoafonsox.blogspot.com

Page 2: Antoni Gauidi e a Casa Mila

Antoni Gaudí (Reus, 1852- Barcelona, 1926) CONTEXTO -Barcelona de rápida industrialización, cuadriplicado a súa poboación en 25 anos e como escenario dunha violenta loita de clases. -A igrexa católica emprendía unha vigorosa acción de rearme moral e propaganda para recuperar a influencia perdida durante a primeira metade do XIX. Os obxectivos políticos e ideolóxicos da burguesía, dos intelectuais catalanistas e dun importante sector da Igrexa coincidirán plenamente. Gaudí estivo inmerso nese ambiente. Do laicismo militante irá optando por un sentido da caridade cristiá e do paternalismo dos patróns ilustrados. A Sagrada Familia formaba parte dese intento de integrar a tódolos fieis nunha “familia” tutelada pola Igrexa e gobernada polo capitalismo. BIOGRAFÍA 15-III-1878: obtén o título de arquitecto. Neste ano coñece ao rico industrial Eusebi Güell Bacigalupi 1883: recibe tres encargos: A Casa Vicens, o Capricho de Comillas e a Sagrada Familia de Barcelona. 80’ e 90’: traballa moito e vaise converter no arquitecto máis famoso de España. Presta moita atención á artesanía e ás artes aplicadas á arquitectura: ferro forxado, moldes para revocar superficies, mosaicos de louza e cerámica fragmentada (en catalán “trencadís” ou quebradizo) 1903-14: Intervén na catedral de Mallorca 7-VI-1926 É atropelado por un tranvía cando ía a confesarse. Tiña 74 anos

Page 3: Antoni Gauidi e a Casa Mila

TRES ETAPAS 1ª “Obras-Manifesto” e a iniciación do Modernismo Catalán: co características coincidentes cos ”modernismos” europeos: novidade, ruptura, xuventude, liberdade, modernidade. Son obras de acusada riqueza e variedade cromática e volumétrica. 2ª Predominio dunha acusada austeridade cromática con presencia de texturas e cor dos materiais naturais. Evocacións medievalistas en canto a linguaxe e forma; creatividade e invención polo que se refire a modulación do espazo interior. Supresión total de calquera revestimento cerámico, para deixar que sexan os propios materiais construtivos: pedra e ladrillo nos seus diversos aparellos os que outorguen a súa máis inmediata significación plástica ao exterior dos edificios. Son obras de peculiar linguaxe goticista mais afastado de formulacións hispánicas e nos que ademais despreciou o entorno nos que estaban situados. 3ª Xurdimento de novas formas expresivas, tanto desde o punto de vista formal como do espacial. Pleno dominio dunha linguaxe nova e propia. Non ofrece referencia a estilo históricos, se ben Gaudí admira moito o barroco no que se refire ao tratamento das fachadas e a fluidez dos espazos interiores.

Page 4: Antoni Gauidi e a Casa Mila

Casa Milá ou a Pedreira (Barcelona) 1906-10 Xunto coa Casa Batlló, a Casa Milá constitúe o paradigma da arquitectura gaudiniana segundo entenden os especialistas. Persoalmente tamén engadiría a Cripta da Colonia Güell. Foi Pedro Milá Camps, casado cunha viúva dun rico indiano, quen lle encargou en 1906 esta obra co seguinte encargo”…a quero de pedra, pero coa xuntas douradas, cousas que non se fixo nunca”. Esta familia era unha das máis ricas da cidade e quería amosar o seu poderío económico no Paseo de Gracia, nun solar de grandes proporcións e onde se estaba a concentrar a arquitectura máis novidosa da capital catalá. Gauidí, nacido en Reus como a dona de Pedro Milá, a señora Roser Segismon, xa tiña un grande prestixio na cidade posto que xa edificara a maior parte da súa obra. A casa Milá está deseñada como dous bloques de vivendas con accesos diferenciados, está organizada en torno a dous patios interiores intercomunicados que permiten a ventilación e iluminación de todas as vivendas. A casa vai estruturada con piares, polo tanto é de planta libre e con grandes vans na fachada que ficou liberada das tradicionais funcións de muro de carga. No edificio non hai liñas rectas (nin tan sequera para os pasamáns das escaleiras), hai unha curva continua, un movemento dinámico que fuxe das esquinas, amosando unha linguaxe rupturista na súa época por ser moi innovadora tanto nos seus aspectos funcionais como nos construtivos e ornamentais. O edificio susténtase cun complexo sistema de vigas e tirantes de ferro. Xa ficou demostrada a colaboración de Josep María Jujol nesta obra, moito máis novo que Gaudí (vintesete anos menos), Jujol vai dar a súa impronta artesanal e decorativa á obra. Recibe o nome de “A Pedreira” polo seu aspecto de canteira de pedra ao ar libre. En 1984 foi declarada Ben Cultural Patrimonio da Humanidade.

Page 5: Antoni Gauidi e a Casa Mila

FACHADA A fachada non exerce de muro de carga e é unha estrutura autónoma conectada ao edificio mediante un complexo sistema de vigas e tirantes de ferro. Amosa un gran dinamismo. Adiántase a planta libre de Le Corbusier. Obra de absoluta plasticidade que fusiona a arquitectura coa escultura. Hai especialistas que, afondando nunha visión organicista da obra de Gaudí, ven nesta fachada o corpo dun animal onde as

columnas serían os osos e fachada a pel. Outros, sen embargo, cren ver as ondas do Mediterráneo con algas (forxados dos balcóns), unha montaña erosionada ou o manto da Virxe (debemos lembrar que a profunda relixiosidade do arquitecto levouno a deseñar unha escultura da nai de Cristo para culminar o edificio) Toda a fachada ten unha marcada horizontalidade. Persoalmente destacaría o tratamento do ferro dos balcóns.

Page 6: Antoni Gauidi e a Casa Mila

PATIOS A porta da entrada principal, ao igual que a secundaria da rúa Proveça, prolonga a rúa ata o patio, onde podemos contemplar unha/s segunda/s fachada/s. Esta “calzada” helicoidal conducía ao soto que tiña a función de aparcamento ao igual que xa fixera anos antes coa cabaleirizas do Pazo Güell, mentres que as “beirarrúas” levan ás escaleiras e aos ascensores.

Son precisamente as paredes das escaleiras as únicas que teñen unha función estructural o que permite modificar a distribución dos andares ao cambiar de lugar os tabiques, mesmo existindo a posibilidade da súa eliminación.

Page 7: Antoni Gauidi e a Casa Mila

VIVENDAS Son dous bloques de pisos con acceso diferenciados que comparten a mesma fachada. O interior dos pisos está definido polas grandes cristaleiras que separan as distintas habitacións. Hai grandes balconeiras e ventás que no seu borde amosan retorcidas barandas de ferro. Habitacións e corredores amosan ceos rasos de xeso, con relevos sempre diferentes. A vivenda do matrimonio propietario tamén fora deseñada por Gaudí en tódolos seus extremos, desde os espazos ata o mobiliario. Tras a morte do marido a viúva fixo retirar todos ese elementos e os substituíu por unha decoración Luís XV.

Na actualidade pódese visitar un destes pisos no que se pretende amosar o estilo de vida dunha familia burguesa de inicios do século XX ao recrear o ambiente, mobiliario e equipamento doméstico. Temos a sorte de que foron conservados varios dos elementos decorativos deseñados polo propio Gaudí: os teitos os solos (parqué para as estancias nobre e baldosas de mosaico hidráulico hexagonais para as zonas de servizo), as molduras dos arcos interiores así como os tiradores e pomos das portas.

Page 8: Antoni Gauidi e a Casa Mila

Son de salientar os pasamáns das escaleiras interiores onde ningún é igual ao outro e nos que non hai liñas rectas. FALLADO Deseñado orixinalmente para trasteiros, lavadoiros e tendedeiras, nel pódense apreciar toda a forza dos arcos parabólicos e das columnas inclinadas, que eran uns elementos esenciais nas investigacións de Gaudí.

Para acadar unha zona illante o arquitecto deseñou un sobrado sobre o forxado da última planta pero, para non aumentar o peso do edificio, recorreu aos seus arcos catenarios de ladrillo plano. Así, este faiado está formado por unha sucesión de 270 arcos catenarios de distintas alturas sobre os que se asenta a azotea. Na actualidade conforman o “Espaci Gaudí” é dicir, un lugar para difundir a obra do arquitecto, amosando audiovisuais, maquetas, debuxos e mobles contextualizados no seu momento histórico e cultural. A exposición permanente está dividida en dez ámbitos.

Page 9: Antoni Gauidi e a Casa Mila

TERRAZA No cume do edificio atopamos a azotea, onde se reparten chemineas, ventiladores e saídas das escaleiras. É unha cuberta insólita con claros precedentes na cuberta do Palacio Güell, de gran forza artística e simbólica onde todo ten unha función utilitaria. Este sorprendente conxunto de elementos arquitectónicos e escultóricos dispostos neste gran espazo, correspóndense a tres tipos de construcións: claraboias ou caixas de escaleiras, torres de ventilación e as chemineas. As seis grandes saídas da e as escaleiras van agrupadas en tres parellas. En dúas delas teñen colocadas a cruz gaudiniana (esa que tamén podemos ver na Sagrada Familia) Algunhas destas obras van recubertas do famoso trencadís (anaco de cerámica vidrada rota), tan empregado no Parque e no Pazo Güell. Os elementos menos visibles desde a rúa só están enlucidos e pintados. As barandas son ondulantes, seguindo a forma da fachada xa que o arquitecto buscou unha solución harmónica entre os ritmos da fachada e o remate da cuberta.

Page 10: Antoni Gauidi e a Casa Mila

A terraza é coñecida como o “Xardín dos guerreiros”, unha especie de espazo onírico cuns guerreiros cos seus cascos que están acompañados polos seus escudeiros. Fronte a unha Barcelona obreira e anticlerical (lémbrese o conflito da Semana Tráxica) Gaudí tratou de amosar a súa relixiosidade tamén nesta obra. Deste xeito podemos ler na terraza as inscrición latinas de “Ave María gratia plena, Dominus tecum”, ademais desexou adicar o edifico á Virxe do Rosario cun gran grupo escultórico, de 4 metros e medio de altura, en bronce, onde aparecería a virxe co neno no colo e os arcanxos san Miguel e san Gabriel. O proxecto fora encargado ao escultor Carles Mani pero nunca chegou a realizarse.