13
A NOSA HORTA Nós, coma o coelliño branco, tiñamos ganas de facer un caldiño. Como non había hor- ta, houbo que facela... Moita xente veu axu- dar e, pouco a pouco, foi medrando a leira. non tan grande como a que houbo en tempos, can- do non existía o colexio i este lugar era coñeci- do co nome de Quintas, pero por algo se empe- za. Isto é o que vos que- remos contar nestas páxinas: como é que fixemos para empezar a traballar na horta. No outono, sachando e poñendo os marcos de madeira Óscar r O O coelliño branco, Ó O coelliño branco, Óscar Villán. Kalandraka.

A nosa horta

Embed Size (px)

DESCRIPTION

O noso traballo para a revista escolar do curso 2011-2012

Citation preview

Page 1: A nosa horta

A NOSA HORTANós, coma o coelliño branco, tiñamos ganas de facer un caldiño. Como non había hor-ta, houbo que facela... Moita xente veu axu-dar e, pouco a pouco, foi medrando a leira. non tan grande como a que houbo en tempos, can-do non existía o colexio i este lugar era coñeci-do co nome de Quintas, pero por algo se empe-za. Isto é o que vos que-remos contar nestas páxinas: como é que fi xemos para empezar a traballar na horta.

No outono, sachando e poñendo os marcos de madeira

Hai moito tra-ballo: sacar as pedras e as her-bas, remexer a terra. cravar as madeiras... Fan falta sachos e angazos.

O coelliño branco, Óscar O coelliño branco, Óscar O coelliño branco, Óscar O coelliño branco, Óscar O coelliño branco, Óscar O coelliño branco, Óscar Villán. Kalandraka.Villán. Kalandraka.

Page 2: A nosa horta

Cinco árbores, vintecatro coles e unha presada de chícharos.Decembro, 2011.

NOGUEIRA

Un castiñeiro, para os vindeiros magostos.Unha maceira, para dar-lle casiñas aos vermes.Unha nogueira, para construír barcos con cas-cas de noz.Un pexegueiro, para facer marmelada.Un carballo, porque si.Vintecatro coles, para vintecatro caldos.Unha presada de chí-charos, para... por-que... son tan bonitos... CARBALLO OU LANDREIRA?

MACEIRA

Un ratiño atopa unha mazá e de-cide agochala... Para saber que pasa despois hai que ler El secre-to de Eric Battut (Kókinos)

DESDE A LANDRA ATA O CARBALLOXaime e as landras, Tim Bowley, Kalandraka

PEXEGUEIRO

NO ALTO ESTOU,DE OURO VESTIDO,POR UNHA REGAÑAPERDÍN OS MEUS FI-LLOS

En xaneiro, pon o alleiro.Cantos días pasen de xaneiro, tantos allos perde o alleiro.

XANEIRO

TRANSPLANTAR:Delicada opera-ción que consiste en coller con moito mimo as plantas dos sementeiros e poñelas na horta. Ollo! As raíces hai que soterralas, ben tapadiñas, e os talos fi can ao aire para respirar.A fi nais de febreiro é cando facemos nós esta operación cos allos e as cebo-las.

Á volta de Nadal Á volta de Nadal Á volta de Nadal revisamos o refra-neiro e facemos se-menteiros de allos e cebolas. Fóra, na horta, poñemos un-has patacas como manda estoutro refrán: En xanei-ro polas mañáns, sementa as patacas tempráns.

Page 3: A nosa horta

No bicarelo do bico do brelocanta o paxariño.No mesmiñobicarelo do bico do brelo. Uxío Novoneyra

Que canten, que nos visiten, que veñan os paxaros, que fagan equilibrios no mesmiño bicarelo da póla máis alta, que vaian comer ao magnolio... pero na horta non. A nosa horta ten agora un novo habitante.

O espantallo de O mago de Oz, un com-pañeiro ilustre do noso home de palla.

Pola Candeloria, cásanse os paxariños e vaise a galiñola.

2 de febreiro, pobres paxariños, que día frío cadrou para a voda!Hoxe puxémoslles casa e comida no magnolio para que teñan un banque-te ao abrigo do nordés.

Tamén hai que regar, o inverno está a ser moi seco.

Sobran ollos para coidar da horta pero, aínda así, engadimos dous ollos de trapo. Nunca está de-mais.

O PEXEGUEIRO, sen follas no inverno

Mentres tanto, dentro, estamos a preparar a festa da leira. Será no Antroido.

Millo verde, millo verde,millo verde, miudiño,á sombra do millo verde,namorei un rapaciño. (Tradicional)

A festa de Antroido foi a festa da horta. Houbo espantallos, xardineiras con regadeira, labregos con zocos, amorodos, cenorias, algún tomate ben maduriño, chícharos, ratos de campo, coelliños, un anano de xardín e moito bicherío: xoaniñas, arañas, abellas, bolbore-tas... Ah! tamén houbo un par de princesas e un pirata con gana de leria que non quixeron perder-se a festa.

E fi lloas, orellas, rosquillas, fl ores... Esas larpeira-das tan ricas que trouxeron as fa-milias convidadas á nosa festa.

NO ANTROIDO...

Page 4: A nosa horta

3 A

3 B

4 A

4 B

Page 5: A nosa horta

5 A

5 B

Tecín soia a miña tea,sembrei soia o meu nabal,soia vou por leña ao monte,soia vexo arder no lar.

Rosalía de Castro.

DE NABAL A TOMATEIRAAquí hai unha cuadrilla de case cento cincuenta mem-bros que fan quendas para traballar no nabal. Empeza a primavera e hai que preparar a terra para poñer os tomates, os pementos, os amorodos...

HORTA EN PRIMAVERA

Page 6: A nosa horta

ÁRBORES EN PRIMAVERAÁRBORES EN PRIMAVERA

NOGUEIRA

PEXEGUEIRO

CARBALLO

CASTIÑEIROCASTIÑEIRO

MACEIRA

No carballo asoman as primeiras follas.

O pexeguei-ro madruga e bota a fl or axiña.

A maceira está cargada de follas.

O castiñeiro é a árbore máis pre-guiceira pero xa ten pequenos gromos.gromos.

Hai pequenas follas tamén na nogueira.

SURTIDO DE VERDES

Aínda non hai colleita de mazás pero todo se andará.

Cando dará castañas para un magosto?

Verde “brócoli das Fontiñas”, verde “leituga fresca”, verde “verza para os coellos”... Imos engadindo matices a medida que aumenta a produción.

PATACAS

TIRABEQUES

CHÍCHAROSCHÍCHAROSCHÍCHAROS

BRÓCOLIBRÓCOLI VERZAS

LEITUGA

A nosa horta está case tan bonita como a de Kirikú. No libro-CD Kirikú y las bestias salvajes (Michel Ocelot-Kókinos) podedes ver como traballan a horta na aldea de Kirikú.

Page 7: A nosa horta

Chega o mes de abril; son horas de poñer algo vermello entre tanto verde. Decidimos plan-tar tomates, pementos e amorodos.

É xoves, 19 de abril. Vén ao colexio un fotó-É xoves, 19 de abril. Vén ao colexio un fotó-É xoves, 19 de abril. Vén ao colexio un fotó-grafo de La Voz de Galicia porque xa se fala moito da horta no barrio de Fontiñas. Ao día seguinte saímos no xornal; un artigo recolle o noso traballo do proxecto Voz Natura.

ABRIL...

TOMATES, PEMENTOS E AMORODOS.

Aínda temos que cociñar, cocer e fritir patacas, preparar unha ensalada, botar uns amorodos no iogur...E. cando vaia vindo o San Xoan, facer unhas colo-nias.

TOMATES E PEMENTOS

AMORODOS

LAVANDA HERBA LUÍSAHERBA LUÍSA

ROMEUEducación Infantil, CEIP FONTIÑAS

Page 8: A nosa horta
Page 9: A nosa horta
Page 10: A nosa horta
Page 11: A nosa horta
Page 12: A nosa horta
Page 13: A nosa horta