48
1 A guía de aludes 1 A guía de aludes A GUÍA DE ALUDES A GUÍA DE ALUDES

A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

1

A guía de aludes

1

A guía de aludes

A GUÍA DEALUDES

A GUÍA DEALUDES

Page 2: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

2

A guía de aludes

2

A guía de aludes

Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais deAragón e Cataluña.

Fotografías: Ramón Pascual e Gerardo Sanz (salvo asindicadas nas propias imaxes).

Maquetación: Delegacións Territoriais en Aragón e Cataluña.

Tradución: Alícia Rodríguez Alcalá.

Agradecementos: A Joan Ramon Mercè e Pere Rodés.

Aviso Legal: os contidos desta publicación poderán ser reutilizados,citando a fuente e a data, no seu caso, da última actualización.

Edita:© Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteAxencia Estatal de MeteoroloxíaMadrid, 2015

Catálogo de Publicacións da Administración Xeral do Estado:http://publicacionesoficiales.boe.es/

Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET)C/ Leonardo Prieto Castro, 828040 Madridhttp://www.aemet.es/

@Aemet_Esp

https://www.facebook.com/AgenciaEstatalMeteorologia

NIPO: 281-15-007-9

Page 3: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

3

A guía de aludes

3

A guía de aludes

Editorial

A alta montaña invernal é un ámbito de unha granbeleza pero á vez caracterizado por uns perigosobxectivos entre os cales destaca o dos aludes ouavalanchas de neve. Os aludes reciben en Españadiferentes nomes: allau en Cataluña, laueg no valde Arán, lurte en Aragón, elurrte no País Vasco,argayo en Asturias e León ou muelda en Castela,entre outros.

Os aludes están presentes en distintas cordilleirasibéricas (Pireneo, Cordilleira Cantábrica, SistemaCentral, Serra Nevada, Macizo Galaico) pero éespecialmente no Pireneo de Huesca, Lleida eGirona e tamén nos Picos de Europa onde se rexis-tran con máis frecuencia e onde tiveron historica-mente un maior impacto social e económico.

O risco asociado aos aludes pódese subdividir en3 tipos: o que afecta a zonas habitadas (temporalou permanentemente), vías de comunicación eoutras infraestruturas (remontes mecánicos, case-tas en estacións de esquí..); o que afecta ao medio

A GUÍA DE ALUDESA GUÍA DE ALUDES

Page 4: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

4

A guía de aludes

4

A guía de aludes

natural (bosques especialmente) e o que implicaás persoas que desenvolven algún tipo de activi-dade deportiva na alta montaña invernal (excur-sionismo a pé ou con raquetas de neve, alpinismo,escalada en xeo e esquí de montaña ou travesía).

No dominio das estacións de esquí nórdico e al-pino o risco asociado aos aludes está controladoe minimizado mediante diferentes accións (desen-cadeamento artificial de aludes, peche de zonasperigosas, etc.).

A xestión do risco asociado ás avalanchas é unhatarefa complexa e multidisciplinar que inclúe tantoa cartografía das zonas proclives aos aludes comoa predición do fenómeno, a construción de estru-turas de defensa e o desencadeamento artificialdas avalanchas. Non obstante, ante todo, é im-prescindible coñecer o fenómeno e os seus causas.

Esta guía pretende ser unha primeira aproxima-ción ao devandito coñecemento ademais de pro-porcionar unhas pautas elementais para a xestióndeste risco natural.

Page 5: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

5

A guía de aludes

5

A guía de aludes

Formación da neve e as nevadas ............. 6

O manto nivoso ....................................... 10

Os aludes ................................................. 15

A predición temporal do perigo de aludes 26

Progresión segura por terreo nevadofóra de pistas ....................................... 39

Fontes de información ............................. 45

ÍNDICEÍNDICE

Page 6: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

6

A guía de aludes

6

A guía de aludes

A neve é un hidrometeoro definido como precipi-tación sólida consistente en cristais de xeo, a maio-ría ramificados, que caen dende unha nube, enforma de folerpas brancas. A neve cae describin-do hélices ou rizos e as folerpas adoitan ter undiámetro dun a catro centímetros. Deposítase so-bre o chan formando unha capa esponxosa e deespesor crecente. En ocasións, a neve fóndese aotocar o chan e non se acumula. Coloquialmentedise que “non colle” ou que “non calla”.

A neve fórmase nas nubes baixo temperaturas cla-ramente inferiores aos 0 °C mediante o paso dovapor de auga presente a fase sólida, proceso querecibe o nome de sublimación inversa. A presenzade auga líquida en estado de subfusión (a tempe-raturas negativas) contribúe ao crecemento doscristais de xeo ata alcanzar diámetros do orde demilímetros.

A forma dos cristais de neve depende da tempe-ratura, da humidade relativa e dos movementosverticais do aire.

FORMACIÓN DA NEVE EAS NEVADAS

FORMACIÓN DA NEVE EAS NEVADAS

Page 7: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

7

A guía de aludes

7

A guía de aludes

As cinco formas principais son as plaquetas, asestrelas, as agullas, as columnas e finalmente, aneve granulada, cuxa orixe e estrutura é netamentedistinta.

As nevadas poden estar asociadas tanto a nubesde tipo estratiforme, fundamentalmente altostra-tos ou nimbostratos, como a nubes cumuliformes,normalmente cumulonimbos, en cuxo caso po-den ir acompañadas de tormenta e ser en formade chuvascos de neve granulada.

Page 8: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

8

A guía de aludes

8

A guía de aludes

As principais situacións meteorolóxicas xerado-ras de nevadas en zonas de montaña son o pasode frontes frías ou cálidas (neste caso a cota denevada está máis alta) e a presenza de fluxos hú-midos persistentes contra barreiras orográficas.Tamén as profundas depresións poden provocarepisodios de nevada duradeiros afectando a áreasextensas.

A duración e intensidade das nevadas dependendo tipo de nubes que as xeran e da situación me-teorolóxica, sendo as dúas características deter-minantes na estrutura do manto nivoso.

Fonte: IACS

0,5 mm

1 mm

1 mm

1 mm1 mm

Page 9: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

9

A guía de aludes

9

A guía de aludes

Unha vez no chan, a neve vai evolucionando ecoñécese de distintas maneiras en función do es-tado da capa máis superficial. Así, é frecuente oírfalar de “neve po”, cando esta se mantén fría econ pouca cohesión, e de “neve primavera” can-do está parcialmente fundida.

Page 10: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

10

A guía de aludes

10

A guía de aludes

Ao longo da tempada invernal, dende finais deoutono ata a primavera, as sucesivas nevadas vanacumulando neve no chan e vaise constituíndo oque se coñece como manto nivoso estacional. Omanto nivoso estará formado, en consecuencia,por un conxunto máis ou menos heteroxéneo decapas de distinto grosor asociadas aos distintosepisodios de nevada.

As características do manto dependen de facto-res topográficos e das condicións meteorolóxi-cas durante e despois de cada nevada.

Un dos factores meteorolóxicos máis relevantes éo vento, capaz tanto de transportar a neve que caedas nubes como de levantar e desprazar a que seencontra na superficie do manto. Este transportedeixa zonas practicamente libres de neve e zonasde acumulación extra, onde os espesores son moisuperiores ao espesor medio do manto.

A irregular distribución do manto é un elementoclave no desencadeamento dalgúns tipos dealudes.

O MANTO NIVOSOO MANTO NIVOSO

Page 11: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

11

A guía de aludes

11

A guía de aludes

Os grans ou cristais de neve que compoñen omanto sofren unha continua transformación, cha-mada metamorfose, dende o momento en que caenda nube e durante o tempo no que se encontranformando parte do manto nivoso ata a súa fusión.

Os diferentes tipos de metamorfose dependen daacción do vento, a temperatura do aire e da neve,a humidade, a radiación solar e a chuvia. O pesodo propio manto tamén é un factor de transfor-mación significativo das capas inferiores. A es-trutura interna do manto depende das distintasmetamorfoses que experimentasen os grans que ocompoñen.

Neve recente

NEVE SECA(T < 0

°C)

Partículas recoñecibles

Grans finos Caras planas Gobeletes

NEVE HÚMIDA(T = 0

°C)

Grans redondos Adaptado de ANENA

Page 12: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

12

A guía de aludes

12

A guía de aludes

Os grans de neve recente seca, a temperatura infe-rior aos 0

°C, evolucionan ás chamadas partículas

recoñecibles e posteriormente a formas redon-deadas (grans finos) ou a estruturas angulosas(grans de caras planas e gobeletes).

Cando a temperatura da neve no manto alcanzaos 0

°C, tipicamente en primavera, aparece auga

líquida nos intersticios xerándose a neve húmida.Neste caso, os grans evolucionan cara a formasde maior tamaño (grans redondos), paso previo áfusión definitiva.

A formación de neve húmida tamén é posible sechoveu sobre o manto. O caso extremo de nevehúmida, a neve mollada, é aquela que escorre augalíquida cando é apertada con moderada forza.

Page 13: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

13

A guía de aludes

13

A guía de aludes

Cando hai auga líquida na superficie do mantopódese formar unha codia de rexeo se as tempe-raturas nocturnas descenden por debaixo de 0 °C.Tamén é relativamente frecuente a presenza de xea-da de superficie, formada por sublimación inver-sa de vapor de auga sobre o manto nivoso ennoites especialmente frías e acougadas.

O espesor, a estrutura interna (estratificación) e acomposición son factores que determinan o graode estabilidade do manto nivoso, é dicir, a capaci-dade de manterse en equilibrio estático tanto enconxunto como en cada unha dos estratos de neveque o forman.

Outros factores relevantes son a forma e inclina-ción da ladeira, a presenza de ancoraxes naturais(rochas, árbores, ...) por debaixo, por enriba e

5 cm

Fonte: IACS

Page 14: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

14

A guía de aludes

14

A guía de aludes

polos laterais do manto e o tipo de chan (vexeta-ción, rocha...) e o seu estado (mollado, xeado).

En todo momento, o manto nivoso está sometidoa un conxunto de forzas que tenden, ben a mante-lo na súa posición de equilibrio, ben a romper eseequilibrio, deformalo e mesmo o poñer en move-mento.

A estabilidade do manto varía espacial e tempo-ralmente e tamén o fan as forzas que actúan sobreel, de forma que a probabilidade de que o mantono seu conxunto ou unha ou varias das súas ca-pas se desprace será unha función complexa de-pendente de múltiples variables. De aí a grandificultade que leva consigo a predición temporaldo perigo de aludes.

Page 15: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

15

A guía de aludes

15

A guía de aludes

Un alude ou avalancha é unha masa de neve quese move con rapidez pendente abaixo. Para queeste desprendemento se considere un alude pro-piamente dito, debe mobilizar polo menos 100 m3

de neve e percorrer polo menos 50 metros. Nocaso de que as súas dimensións sexan menoresrecibe o nome de purga ou coada.

Unha diferenza fundamental entre purga e aludeé que a primeira é practicamente inofensiva paraas persoas mentres que un alude, mesmo pe-queno, pode enterrar, ferir ou matar unha persoa.Polo tanto, entre as consecuencias dos aludesestá a afectación ás vidas humanas pero taména bens materiais, infraestruturas e ao propiomedio natural.

Características morfolóxicas básicas:zonas de saída, traxectoria e parada

Morfoloxicamente os aludes divídense en tres par-tes: zona de saída, zona de traxectoria e zona deparada. A zona de saída é a parte do terreo ondese inicia o alude e polo tanto hai alí unha aceleración

OS ALUDESOS ALUDES

Page 16: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

16

A guía de aludes

16

A guía de aludes

significativa da masa de neve. Fálase de múltipleszonas de saída ao referirse a aquelas zonas a par-tir das cales se poden desencadear diversos alu-des con ou sen un traxecto común. Tamén recibeno nome de zona de alimentación de aludes.

A zona de traxecto é a parte da ladeira baixo azona de saída que a conecta con a de depósito.Nesta zona a velocidade do alude alcanza o seumáximo valor e as aceleracións e desaceleraciónsnesta zona non son significativas. Nesta zona seproducen as incorporacións ou perdas de nevetanto do fondo coma de ou cara a os laterais.

Saída

Traxecto

Depósito

Page 17: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

17

A guía de aludes

17

A guía de aludes

A zona de parada ou de depósito é o área onde adesaceleración é elevada, a neve mobilizada de-posítase e o alude detense.

Clasificación dos aludes(principais tipos de alude)

Existen diversos criterios para clasificar os distin-tos tipos de aludes, non obstante, os máis co-munmente usados na predición do perigo de aludesson dous: o que se basea no tipo de desencadea-mento, espontáneo ou accidental (ou provocado)e o que se basea nas características do manto:alude de neve recente, alude de placa e alude deneve húmida. Ambos os dous criterios son com-plementarios.

Os aludes de neve recente, seca ou húmida, se-gundo o contido de auga líquida que conteña amasa de neve que móvese, prodúcense duranteou pouco despois dunha forte precipitación nivo-sa, aínda que se as temperaturas son baixas o pe-rigo de desencadeamento pode persistir durantevarios días. A neve que as forma ten unha densi-dade normalmente inferior a 200 kg/m3 e adoitaniniciarse nun único punto.

Page 18: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

18

A guía de aludes

18

A guía de aludes

Page 19: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

19

A guía de aludes

19

A guía de aludes

Un caso particular dos aludes de neve recente sonos de neve po, formados por neve de moi baixadensidade. Nos aludes de neve po a neve en mo-vemento mestúrase co aire e flúe como un gaspesado, formando un aerosol que pode alcanzarvelocidades de ata 300 km/h. Os aludes de neverecente son especialmente habituais en inverno aín-da que tamén poden producirse nos episodios ni-vosos de primavera.

Os aludes de placa prodúcense en mantos nivo-sos cunha “estrutura de placa”, que se compóndunha placa dura, xerada na maioría das ocasiónspola acción do vento, e unha capa subxacente condébil cohesión. As placas de vento fórmanse so-bre todo a sotavento dos obstáculos durante outras unha nevada, antes da compactación da neverecente. Non é necesario un vento moi forte paraformalas.

Page 20: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

20

A guía de aludes

20

A guía de aludes

A ruptura das placas é sempre lineal, moi neta epode propagarse moi rapidamente grazas á eleva-da cohesión da neve nas placas, tipicamente for-mada por grans finos cunha densidade entre 200 e400 kg/m3.

O perigo de desencadeamento de aludes de placaé maior sobre ladeiras con ángulos comprendidosentre 25° e 45°. O axente disparador é unha so-brecarga accidental sobre o manto, xa sexa natu-ral (caída dunha cornixa, dunha rocha, etc.) ouasociada ao paso de persoas (montañeiros, es-quiadores, surfistas, etc.).

Un caso particular de alude de placa, con caracte-rísticas compartidas cos de neve recente, son osaludes de “placa friable”. As placas friables son

Page 21: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

21

A guía de aludes

21

A guía de aludes

brandas e teñen pouca cohesión interna, perocomo placas, en caso de sobrecarga, teñen unhafractura lineal, aínda que o fluxo se volve rapida-mente pulverulento e poden evolucionar cara a alu-des de neve po.

As placas friables fórmanse en situacións de ne-vada con vento débil, insuficiente para formar unhaplaca dura. O seu aspecto fainas dificilmente re-coñecibles sobre o terreo e por iso especialmenteperigosas.

Os aludes de neve húmida, tamén chamados defusión, están directamente ligados á presenza deauga líquida no manto nivoso e á perda de cohe-sión que iso comporta. Estas masas de neve po-den mobilizarse en pendentes apenas superioresaos 25°, e transportan ao fondo dos vales enor-mes cantidades de neve, a miúdo asociadas a todaclase de materiais arrancados no traxecto.

Estes aludes desprázanse a velocidades relativa-mente baixas (20-70 km/h) e a densidade da neveque se move está comprendida, en media, entreos 350 kg/m3 e os 500 kg/m3. Estas avalanchasson típicas da primavera e de períodos anormal-mente cálidos no inverno, así como de episodioschuviosos en cotas medias e altas.

Page 22: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

22

A guía de aludes

22

A guía de aludes

Page 23: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

23

A guía de aludes

23

A guía de aludes

O perigo que supoñen os aludes

As consecuencias que sofre unha persoa que foiarrastrada ou enterrada por un alude son basica-mente de tres tipos: conxelacións/hipotermia, trau-matismos múltiples e asfixia.

Cando unha persoa queda enterrada por un aludedurante 15 minutos, a probabilidade de supervi-vencia é dun 93% sempre que non sufrise lesiónsmortais e que sexa atendida cos primeiros auxi-lios. Pero entre os 15 e os 45 minutos pasadosdende ser sepultada pola neve a probabilidade desupervivencia decrece moi rapidamente, ao 25%,xa que os que quedaron sepultados sen unha bol-sa de aire morren por asfixia.

Curva de supervivencia

Tempo enterrado baixo un alude (en minutos)

100

90

80

70

60

50

40

30

20

10

00 10 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120

Prob

abilid

ade

de s

uper

vive

ncia

(%)

Page 24: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

24

A guía de aludes

24

A guía de aludes

Máis alá dos 45 minutos, unicamente os que es-tean nunha bolsa de aire poden sobrevivir á as-fixia, pero poden ser vítimas de hipotermia.

Da curva de supervivencia infírese que o autoso-corro é a medida máis eficaz para conseguir orescate con vida dun accidentado, xa que o tem-po requirido para recibir axuda externa (teléfonointernacional de socorro: 112) é a miúdo excesivo.

Para realizar o autosocorro é necesario que osmembros do grupo estean debidamente equipa-dos con ARVA, pa e sonda, coñezan o seu fun-cionamento e estean adestrados nas estratexias debusca axeitadas. Para iso é necesario realizar prác-ticas periodicamente ademais de manter o equipoen correctas condicións.

Page 25: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

25

A guía de aludes

25

A guía de aludes

• Manter a calma.

• Intentar escapar lateralmente do alude.

• Intentar engancharse a algún obstáculo.

• Intentar manterse en superficie cun xesto nata-torio.

• Desprenderse dos paus, os esquís e/ou a tá-boa de surf.

• Protexer as vías respiratorias, pechando a boca.

• Cando o alude se pare, intentar crear diante dacara unha bolsa de aire mediante as mans e osbrazos.

• Os membros do grupo non afectados directa-mente polo alude deben observar, recordar emarcar os últimos puntos en onde foron visi-bles os afectados e, en xeral, buscar indiciosna superficie.

Page 26: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

26

A guía de aludes

26

A guía de aludes

Xunto á avaliación do terreo que se vai a transi-tar, a progresión en montaña debe ir acompaña-da dunha estimación das condicións en que seencontra o manto nivoso. O punto de partidapara isto último son os boletíns de predicióndo perigo de aludes, que informan das condi-cións observadas e previstas a escala de maci-zo montañoso.

O Boletín de información nivolóxica eperigo de aludes

A súa finalidade é informar sobre o estado do man-to nivoso, o grao de estabilidade que presenta e otipo de aludes que cabe esperar.

No boletín dáse unha estimación a cerca da posi-bilidade de que se desencadeen avalanchas de for-ma espontánea ou accidental, en función dascondicións meteorolóxicas e nivolóxicas presen-tes e previstas, e achégase un nivel de perigo con-forme á Escala Europea de Perigo de Aludes.

A PREDICIÓNTEMPORAL DO

PERIGO DE ALUDES

A PREDICIÓNTEMPORAL DO

PERIGO DE ALUDES

Page 27: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

27

A guía de aludes

27

A guía de aludes

1.- ESTIMACIÓN DO NIVEL DE PERIGO:

Para cada un dos macizos nivolóxicos establecidos asócianse un ou varios valoresdo nivel de perigo da Escala Europea de Perigo de Aludes, segundo altitude, orienta-ción e/ou momento do día.

2.- ESTABILIDADE DO MANTO NIVOSO:

Parte fundamental do boletín. Resumo das condicións de estabilidade do manto nivosonos diferentes macizos segundo altitudes, orientacións, inclinacións das ladeiras, etc.Indícase a distribución do manto, a que altitude empeza, os espesores, etc. Tamén otipo de esforzo que pode mobilizar a neve.

3.- TEMPO PASADO:

Resumo dos fenómenos meteorolóxicos acaecidos nas últimas horas e/ou días queforon relevantes para o estado presente e futuro do manto nivoso.

4. PROGNÓSTICO METEOROLÓXICO PARA O DÍA SEGUINTE:

Resáltanse especialmente aqueles fenómenos propios da meteoroloxía invernal naalta montaña e relevantes para o estado do manto nivoso e a súa estabilidade. Nesteepígrafe inclúense datos de temperatura e vento previstos a distintas altitudes.

5.- AVANCE DO NIVEL DE PERIGO PARA PASADOMAÑÁ:

Indica a tendencia do perigo (estacionario, en descenso, en ascenso).

Page 28: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

28 A g

uía

de a

lud

es

28 A g

uía

de a

lud

es

Macizos nivolóxicos no Pireneo Navarra

Aragón Cataluña

100 km0 5 0

N

Altitude (m.s.n.m.)

800

12001500180021002400

2700

3000

Navarra

Jacetania Gállego

Sobrarbe Ribagorza

Arán-FranxaNorte Pallaresa

Ribagorzana-Vall Fosca

Pallaresa

Prepireneo Ter-Freser

Perafita-Puigpedrós

Vertente NorteCadí Moixeró

50 km0 25

N

Page 29: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

29

A guía de aludes

29

A guía de aludes

A AEMET mantén redes de observación en dis-tintas zonas de alta montaña do territorio españole elabora boletíns nivolóxicos que están dispoñi-bles en Internet.

A súa escala espacial de referencia é o macizomontañoso, unha zona xeográfica de extensión li-mitada e con características climáticas suficiente-mente homoxéneas.

A Escala Europea de Perigo de Aludes

É a referencia para valorar o perigo de aludes. Neladefínense cinco niveis de perigo en función daestabilidade do manto nivoso e da probabilidadede que desencadéense avalanchas. Sintetiza osprincipais elementos a considerar e utilízase, enobrigada unión cos boletíns nivolóxicos, comoferramenta de comunicación nos servizos de pre-dición de toda Europa.

O nivel de perigo fíxase en función do número etamaño dos aludes esperables e de se poden dar-se en moitas ou poucas pendentes, así como daprobabilidade de que teñan lugar espontaneamen-te ou do esforzo necesario para desencadealos.

Page 30: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

30 A g

uía

de a

lud

es

30 A g

uía

de a

lud

es

1

* As áreas favorables a os aludes descríbense con maior detalle nos boletíns de perigo de aludes (altitude, orientación, tipo de terreo, etc.).– Terreo pouco ou moderadamente inclinado: ladeiras cunha inclinación menor de 30º.– Ladeiras empinadas: ladeiras cunha inclinación maior de 30º.– Terreo moi inclinado ou extremo: ladeiras de máis de 40º de inclinación e terreo especialmente desfavorable debido ao seu perfil, a proximidade ás cristas ou

a escasa rugosidade da superficie o chan subxacente.* * Sobrecargas:

– Débil: un único esquiador ou surfista, movéndose con suavidade sen caer. Grupo de persoas que respectan a distancia de seguridade (mínimo de 10 m). Raquetista.– Forte: dous o máis esquiadores, surfistas etc. sen respectar a distancia de seguridade. Máquinas pisaneves ou outros vehículos que circulen sobre a neve,

explosivos. Ocasionalmente, un único excursionista ou escalador.

ESCALA EUROPEA DE PERIGO DE ALUDES

3. NOTABLE

1. DÉBIL

2. LIMITADO

4. FORTE

Nivel deperigo Icona Estabilidade do manto nivoso Probabilidade de desencadeamento de aludes

O manto nivoso é, en xeral, moiinestable.

Son esperables numerosos aludes grandes, nalgúns casos moi grandes, desencadeadosespontaneamente, mesmo en ladeiras só moderadamente inclinadas.

O manto nivoso está débilmenteestabilizado na maioría de ladeirasempinadas*.

É probable o desencadeamento de aludes, mesmo debido a sobrecargas débiles**, enmoitas ladeiras empinadas*.Nalgúns casos, son esperables numerosos aludes de tamaño medio, e frecuentementegrande, desencadeados espontaneamente.

O manto nivoso está entre moderada edébilmente estabilizado en numerosasladeiras empinadas*.

É posible o desencadeamento de aludes, mesmo debido a sobrecargas débiles**,especialmente nas ladeiras empinadas cuxas características se describen no boletín.Nalgúns casos, son posibles aludes de dimensións medias e ás veces grandes,desencadeados espontaneamente.

O manto nivoso está nalgunhasladeiras empinadas só moderadamenteestabilizado*; no resto, está, en xeral,ben estabilizado.

É posible o desencadeamento de aludes, sobre todo por sobrecargas fortes, especialmentenaquelas ladeiras empinadas cuxas características se describen no boletín.Non se esperan aludes grandes desencadeados espontaneamente.

O manto nivoso está, en xeral, benestabilizado.

En xeral só é posible desencadear aludes en ladeiras moi inclinadas ou en terreoespecialmente desfavorable* e a causa de sobrecargas fortes**.Espontaneamente só poden desencadearse coadas ou aludes pequenos.

5. MOIFUERTE

2

3

4

5

Page 31: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

31

A guía de aludes

31

A guía de aludes

O número na Escala é maior canto menor é a esta-bilidade do manto nivoso, é dicir, canto menor é acapacidade de este para permanecer en repousoao ser sometido a esforzos, xa sexa polo paso depersoas, ou polo peso da propia neve.

É importante destacar que o número da escala noné válido como estimación da probabilidade de quese desencadee un alude ao paso dun esquiador ouraquetista por unha ladeira individual concreta. Istoé distinto para cada ladeira, e para valoralo debe-mos analizar o terreo e o manto nivoso; principal-mente a pendente, o chan subxacente, o tipo decristais de xeo que compoñen o manto nivoso e acalidade da cohesión entre eles.

A realización de tests de estabilidade (test da pa,test de compresión, test da columna estendida,etc.) permitiranos facernos unha idea do perigoque afrontamos.

Page 32: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

32

A guía de aludes

32

A guía de aludes

Os tests de estabilidade

Existe un conxunto de tests de diferente grao desofisticación que permiten avaliar sobre o terreo aestabilidade do manto nivoso nunha determinadapendente e que tamén son de axuda en a predi-ción rexional de aludes.

Estes tests teñen como obxectivo detectar amo-reamentos inestables de capas susceptibles de des-encadear aludes de placa por sobrecarga, de tipoaccidental. Son válidos só para neve seca, e o seufin é atopar as capas débiles dentro do manto,susceptibles de esborrallarse ou fracturarse baixounha sobrecarga.

A realización axeitada dun test de estabilidade re-quire unha boa elección da localización e un poucode tempo. O material necesario pode ser o habi-tual do montañeiro/esquiador de montaña ou re-quirirse elementos específicos como unha bolsade tea ou unha serra.

O principio básico de todos os tests é illar unbloque de neve e cargalo progresivamente ata pro-vocar a súa ruptura. A partir da carga necesariapara iso e da forma de propagación da fractura,farase unha estimación da estabilidade da ladeirae, polo tanto, da probabilidade de desencadea-mento dun alude e das súas características, a es-cala local.

Page 33: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

33

A guía de aludes

33

A guía de aludes

Unha serie de tests de doada realización e relativa-mente breves é:

• test da pa Faarlund (identificación de capas frá-xiles con débil cohesión);

• test por compresión (estimación do esforzo quesoporta a capa máis débil antes de ceder);

• test da columna estendida (valoración da capa-cidade de propagación das fracturas provo-cadas).

Algo máis de tempo levan o test do bloque desli-zante (Rutschblock) ou test do salto, cuxa valora-ción ofrece xa unha escala de estabilidade do mantonivoso, e o test de propagación da serra, deseña-do para estimar a capacidade de propagación deunha fractura ao longo dunha capa débil indepen-dentemente da carga necesaria para producila.

Page 34: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

34

A guía de aludes

34

A guía de aludes

Situacións típicas favorables a os aludes

Existe unha serie limitada de escenarios nos calesson máis probables os desencadeamentos de alu-des dependendo, ademais, o tipo de alude do tipode escenario. Esta correspondencia facilita algo apredición temporal do perigo de aludes a escalade macizo pero segue sendo necesario unha análi-se detallada do input do día para precisar espaciale temporalmente o nivel de perigo.

Segunda nevada

Entre a primeira nevada que cobre permanente-mente o chan e a segunda nevada rexístranse enocasións períodos fríos e secos que dan lugar áformación de estratos de neve con débil cohesiónna superficie de manto, debido en boa parte aopouco espesor do manto inicial. A segunda neva-da recobre estas capas débiles, que poden colap-sar se se produce unha sobrecarga suficiente nomanto.

Debido a isto, a segunda nevada forte dun inver-no adoita vir acompañada de un aumento no nú-mero de aludes de placa. O perigo neste caso émaior en zonas altas e orientacións norte.

Page 35: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

35

A guía de aludes

35

A guía de aludes

Chuvia

Os episodios de chuvia sobre o manto están aso-ciados ao desencadeamento de aludes, xa que achuvia engade peso ao manto e pode facer dimi-nuír rapidamente a súa cohesión. Dá lugar a alu-des de dimensións moi variables, pero en moitasladeiras e en todas as orientacións. A chuvia podeaparecer en calquera momento da tempada e che-gar a cotas bastante altas.

A chuvia forma ás veces sobre a superficie domanto formas caprichosas como os canles de per-coación.

Page 36: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

36

A guía de aludes

36

A guía de aludes

Cambios bruscos de temperatura

As subas ou baixadas bruscas da temperaturatras unha nevada implican case sempre unhatransformación do manto nivoso cara a un es-tado máis inestable, debido á aparición de ca-pas con débil cohesión, especialmente no casode caídas da temperatura (formación de gransfacetados). Estas capas a miúdo fórmanse enorientacións sur durante os días subseguintesao cambio de temperatura.

Nevadas tras períodos fríos

De forma similar ao primeiro patrón de perigo,fórmanse estruturas do manto consistentes nunhabase de neve vella, transformada, unha capa deneve recente, e entre elas un estrato fino de nevecon débil cohesión (grans de caras planas, gobe-letes ou xeada de superficie).

Esta estrutura, que se forma con maior frecuenciaen orientacións norte, é aínda máis inestable sesoprou o vento durante ou inmediatamente des-pois da nevada, creando sobreacumulacións e pla-cas de vento.

Page 37: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

37

A guía de aludes

37

A guía de aludes

Canto máis fría e seca é a neve que cae, e enconsecuencia máis solta está sobre a superficiedo manto, máis determinante é a acción do ventona creación de ladeiras especialmente perigosas.

Zonas con pouca neve en invernos moi nivosos

Nos invernos con abundantes nevadas o manto émáis espeso e en xeral estable que nos invernossecos. Non obstante, mesmo en invernos con nu-merosas e copiosas nevadas hai zonas do mantoonde o espesor é reducido, xeralmente por serzonas expostas ao vento. Aquí a estabilidade éprecaria, e é máis probable que se desencadee unalude ao paso dun esquiador.

Chuvascos de neve granulada

Esta forma de precipitación, de carácter convecti-vo e distribución irregular, xera depósitos de nevepouco cohesionada, que poden actuar como pla-nos de rodadura para capas de neve ventada crea-das posteriormente sobre eles. Son zonas difícilesde recoñecer se non se examina o interior do manto,o que as fai especialmente perigosas. Esta situa-ción é típica da primavera e dáse durante perío-dos curtos de tempo.

Page 38: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

38

A guía de aludes

38

A guía de aludes

Primavera

Durante a primavera, o ciclo solar diúrno e a orien-tación e exposición das ladeiras son aspectos cla-ve na distribución temporal e espacial do perigode desencadeamento de aludes dada as rápidastransformacións do manto nivoso. A súa estabili-dade pode pasar de máxima a mínima en poucashoras ou metros por efecto do forte quentamentodiúrno. A situación dáse primeiro nas orientaciónssur e nas zonas baixas, e posteriormente en zo-nas máis altas e en orientacións norte.

Como estratexia para maximizar a seguridade, orespecto ao horario e a selección coidadosa doitinerario son os dous elementos fundamentais.

Page 39: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

39

A guía de aludes

39

A guía de aludes

A progresión pola montaña en inverno ou prima-vera está fortemente condicionada pola presenzadun manto nivoso máis ou menos extenso e espe-so. A súa estrutura e o tipo de neve que o formatamén condicionan o devandito avance. Por outraparte, o tipo de actividade deportiva que se prac-tique (sendeirismo, excursión con raquetas, esquíde travesía, etc.) determinarán tamén o modo deproceder.

Para transitar con seguridade sobre o manto nivo-so é necesario considerar un conxunto de facto-res sobre o terreo e adoptar unhas medidas antese durante a realización da actividade. Algunhas deestas medidas son comúns a calquera práctica de-portiva en montaña e outras son específicas dasactividades sobre neve.

Antes de saír

— A saída débese adaptar ao nivel físico, psico-lóxico e técnico dos compoñentes do grupo.

PROGRESIÓN SEGURAPOR TERREO NEVADO

FÓRA DE PISTAS

PROGRESIÓN SEGURAPOR TERREO NEVADO

FÓRA DE PISTAS

Page 40: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

40

A guía de aludes

40

A guía de aludes

— O equipo e o material deben ser os axeitadose teranse en conta os posibles cambios nascondicións meteorolóxicas. Hai que prevero posible accidente levando caixa de primei-ros auxilios e manta térmica e débese levarcomida e bebida suficientes.

— Na alta montaña invernal levarase un equipode busca de vítimas de aludes (ARVA), xun-to cunha pa e unha sonda. É imprescindiblecoñecer e ter practicado o seu uso.

— Indicarase a terceiros o itinerario e o horariode retorno previsto.

— Consultaranse os boletíns de informaciónmeteorolóxica de montaña e nivolóxica e ac-tuarase en consecuencia.

Durante o traxecto

— Non se debe ir só de excursión pola monta-ña invernal e é conveniente que todo o mun-do coñeza o número de membros do grupo.

— En xeral, é conveniente iniciar a actividadesuficientemente cedo, especialmente en pri-mavera para evitar as horas de máis calor.

Page 41: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

41

A guía de aludes

41

A guía de aludes

— Ao inicio da excursión débese revisar o fun-cionamento de todos os ARVA e poñelos enmodo de emisión, comprobando ese modomediante a recepción con outro ARVA.

— Débese estar permanentemente atento a ascondicións meteorolóxicas e nivolóxicas va-lorando de forma detallada os seguintes ele-mentos:

• velocidade do vento, temperatura, nebulosidade,precipitacións;

• espesor total do manto e espesor de neve recente;

• acción do vento sobre o manto nivoso (sobreacu-mulacións, cornixas, dunas, sastrugis);

• presenza de codias de rexeo e de auga líquida nomanto nivoso.

Page 42: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

42

A guía de aludes

42

A guía de aludes

— A elección final do itinerario dependerá dascondicións da neve e a topografía. A inclina-ción das ladeiras é o primeiro dos elementosa ter en conta sendo as máis perigosas asque teñen entre 35° e 40°. A evitar, tamén, aszonas con cambios de pendente (convexida-des), as ladeiras de sotavento, os corredo-res, etc.

O Triángulo dos Aludes

TERREO

MAN

TOM

ETEO

Page 43: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

43

A guía de aludes

43

A guía de aludes

— É interesante buscar indicios de aludes, oude que ladeiras poden estar sobrecargadasde neve, tamén na ruta cara ao punto de par-tida do traxecto. Igualmente, é moi aconse-llable ir testando, en zonas seguras, ladeirassimilares a aquelas polas que imos a transitar.

— No caso de ter que atravesar unha zona dedubidosa estabilidade débense tomar as se-guintes precaucións:• quitar as dragoneras de esquís e paus e os cintos de

cintura e peito e unha correa de ombro da mochila;

• aumentar a distancia entre os membros do grupo deforma que só se encontre en zona perigosa;

• observarse mutuamente entre os diferentes membrosdo grupo;

• en caso de pararse, facelo sempre nunha zona segura;

• progresar con suavidade evitando as sobrecargas nomanto asociadas a xiros bruscos ou caídas.

Page 44: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

44

A guía de aludes

44

A guía de aludes

Checklists (protocolos)

Para avaliar a estabilidade do manto e a probabili-dade de ocorrencia de aludes se poden seguir pe-quenos checklists realizando sistematicamentesobre o terreo determinadas observacións con ele-vada significación en combinación coa informa-ción do BPA. Os principais elementos a considerarson:

• nivel de perigo previsto;

• inclinación máxima da pendente da ladeira;

• orientación da ladeira;

• frecuentación da ladeira;

• tamaño do grupo;

• medidas preventivas (distancia entre esquiadores...).

Ademais, son sinais de alarma que indican eleva-do perigo de aludes os seguintes signos: aludesrecentes, espontáneos ou desencadeados a distan-cia, ruídos de colapso (“whumpf”, “boum”) oude ruptura (“crack”), vibracións do manto nivosoe fisuras a medida que avánzase pola neve.

Outros aspectos a considerar son a cantidade deneve recente presente, un ascenso repentino e xe-ral das temperaturas, a presenza de placas de ventoe diversas formas do manto ventado, convexidadese outras formas do terreo e distancia ás cristas eouteiros.

Page 45: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

45

A guía de aludes

45

A guía de aludes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) emi-te boletíns de observación e predición meteoroló-xicos e nivolóxicos para os principais macizos ecordilleiras españolas. Estes boletíns están dispo-ñibles diariamente na páxina web de AEMET:

www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/montana

Os boletíns nivolóxicos emítense durante a tem-pada invernal en alta montaña, entre principios dedecembro e mediados de maio. Ademais destesboletíns diarios elabóranse boletíns nivolóxicosespeciais para os Picos de Europa e a serra deGuadarrama, con unha periodicidade semanal.

MACIZOS E CORDILLEIRAS BOLETÍNS PERIODICIDADE

Pireneo navarro Meteorolóxico DiarioNivolóxico Diario

Pireneo aragonés Meteorolóxico DiarioNivolóxico Diario

Pireneo catalán Meteorolóxico DiarioNivolóxico Diario

Sistema Central: Meteorolóxico DiarioGuadarrama e Somosierra Nivolóxico (*) SemanalSistema Central: Gredos Meteorolóxico Diario

Picos de Europa Meteorolóxico DiarioNivolóxico (*) Semanal

Sistema Ibérico: Sector rioxano Meteorolóxico DiarioSistema Ibérico: Sector aragonés Meteorolóxico Diario

Produtos meteorolóxicos e nivolóxicos para montaña elaborados por AEMET.(*) Son de difusión restrinxida e non están dispoñibles na páxina web.

FONTES DEINFORMACIÓN

FONTES DEINFORMACIÓN

Page 46: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

46

A guía de aludes

46

A guía de aludes

Cando o perigo de aludes é especialmente eleva-do e xeneralizado, AEMET emite avisos específi-cos para este fenómeno segundo o establecidono Plan Meteoalerta. Estes avisos pódense con-sultar no apartado de avisos da páxina web deAEMET:

www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos

Os avisos categorízanse por cores en funciónda perigosidade e do impacto que poden tersobre a poboación os fenómenos previstos. Osalbores para a emisión de avisos por perigo dealudes son:

AMARELO:

Nivel de perigo 4 (forte) se a cota de saída dosaludes está por debaixo dos 2100 metros, ou ni-vel de perigo 5 (moi forte) se a cota de saída dosaludes está por enriba dos 2100 metros.

LARANXA:

Nivel de perigo 5 (moi forte), coa cota de saídados aludes por debaixo de 2100 metros.

VERMELLO:

Emitiranse en caso de darse unha situación ex-cepcional, con risco xeneralizado de nivel laranxaque afecte a unha ampla zona.

Page 47: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

47

A guía de aludes

47

A guía de aludes

Na web de AEMET hai dispoñible un apartado dedivulgación sobre diferentes aspectos relaciona-dos coa meteoroloxía de montaña e a nivoloxía,así como algúns documentos de referencia para ainterpretación dos boletíns e as observacións:

www.aemet.es/es/conocermas/montana

www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/montana/ayuda

www.aemet.es/es/conocermas/montana/detalles/

Guia_de_montana_AEMET

www.aemet.es/es/conocermas/publicaciones/detalles/

Guia_nivometeorologica

Algunhas referencias bibliográficas básicas son:

• BOLOGNESI, R., 2002.¡Avalancha!: evalúa y reduce los riesgos.Madrid: Desnivel.

• MCCLUNG, D. e P. SCHAERER, 1996.Avalanchas.Madrid: Desnivel/Sua Edizioak.

• MUNTER, W., 2007.3×3 Avalanchas. La gestión del riesgo en losdeportes de invierno.Madrid: Desnivel.

• RODÉS, P., 2002.Aludes.Majadahonda: Ergon.

Page 48: A GUÍA DE ALUDES - aemet.es · Esta guía foi realizada nas Delegacións Territoriais de Aragón e Cataluña. ... manto nivoso estará formado, en consecuencia, por un conxunto máis

48

A guía de aludes

48

A guía de aludes

Outra páxina web de interese é a da Associació

per al Coneixement de la Neu i els Allaus (ACNA):

www.acna.cat

A nivel europeo, a asociación que reúne os servi-zos de predición de aludes é a European Avalan-che Warning Services (EAWS) que dispón taméndunha páxina web de interese:

www.avalanches.org

Teléfono de emerxencia

112