28

A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Actividade do alumnado do CPI Virxe da Cela para a SAME 2012

Citation preview

Page 1: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 2: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 3: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 4: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 5: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 6: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 7: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 8: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 9: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 10: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 11: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 12: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 13: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 14: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 15: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 16: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 17: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 18: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 19: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 20: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 21: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 22: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 23: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 24: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 25: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero

Querida Escola do Xestal:

Levo xa uns cantos anos aquí, que veñen sendo case dez anos, pois cheguei aquí no ano 2002,dunha escola de Lugo chamada CEIP “Illa Verde”. Aquí, ós meus cinco anos, cursei Educación Infantil,recordo á nosa mestra, que se chamaba María José Otero. Tamén me lembro de tod@s @s que estábamosnaquela aula, que hoxe estamos en terceiro e segundo da ESO (sen contar a Thais, que marchou). Taménestaban, nunha mesa redonda, algún dos que agora están en primeiro da ESO. Moito me gustaba a escoladaquela, e aínda me gusta hoxe. O dicir que me gustaba moito a escola daquela é algo sobre o que miñanai e miña avoa poden discrepar, pois os primeiros días, foron elas as que me levaron á forza á parada, eeu ía berrando ou chorando. Mais cando chegaba o autobús á parada, eu calmábame e subía nel.

Durante os primeiros días, para min, o mellor de todo era a viaxe no autobús, pero na clase volvíachorar algo. No cuarto día de escola, eu xa estaba afeito e ía de boa gana. Lémbrome das pelexas quehabía na clase por ver quén era o que tiña o tractor de xoguete, pois tan só había un que coidábamos ben(curioso feito de que hoxe hai varios e están mal coidados). Eu levaba un mandilón de cadros verde.

Hoxe en día a escola gústame, pero é diferente á de entón. Hoxe é algo triste, pois somos centosetenta ou algo así de cativ@s, e daquela eramos cerca de catrocent@s.

Había moita máis xente. Había que agardar na cola para ir ós columpios, que estaban enferruxados.Tamén no tobogán (é preciso apuntar que hoxe o patio non é como daquela). Persoalmente, o parquegustábame máis que agora, porque había máis árbores e estaba ó descuberto, acórdome dun salgueirochorón que había preto do aparcadoiro dos autobuses, ó cal lle colliamos as ramallas e usábamos comolátegos (para andar a zorregadas). Estou falando dos primeiros anos, en primeiro e segundo de Primaria,a nosa mestra foi Teresa Lagares, que foi moi boa con nós. Non só me acordo das profesoras e dosprofesores que nós tivemos, acórdome de case todos (Pereiro, Lagares, Maruja, Mercedes, Noli, Merchy,Mercedes Dosinda, Celia, Luis, Pilar) e dos que daban na ESO (Nieves, Dopico, don José, dona Mercedes).

Acórdome dunha anécdota curiosa, que sendo Alfonso, o de Galego, director da escola, eu funme“chivar” a el por unha pelexa que tiveramos eu e mais outro. O tipo non me fixo caso ningún.

Tamén me acordo de cando se xubilara a cociñeira, das tardes de chuvia, nas que unha pila decativ@s estábamos revolt@s no patio cuberto. Xogabamos á pilla ou, se estaba o chan mollado,“patinábamos” no patio. Outras veces, quedabamos castigados no comedor.

Page 26: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero

Entre @s nos@s profes, están Teresa (1º e 2º), Merchy (3º e 4º), Mercedes Dosinda (5º e 6º e MUS) eJosé Carlos (E.F e MAT), Natalia, Luis e Pilar (ING), Celia (MATE) e Conchi, Belén, Chus, Alberto e Vanesa,que substituíron a algún mestre nunha baixa.

Moito temos xogado nos recreos (ó escondite, á pilla, ó escondite-pilla, ó fútbol, ó brilé, ó fútbol senbalón…). O recordo das tardes de chuvia son moitos, cando nevaba ou sarabiaba tamén nos sorprendíamose alegrábamos; o recordo de cando saían os “maiores” (da ESO), todo está aí.

Todo son lembranzas e nostalxia, pero a estima e amor que che teño eu e outros, non o sabe ninguén.O conxunto de sensacións, emocións e todos os bos momentos que xa pasamos non os podemos volverpasar. Eu, así o desexaría, pero nin eu nin ninguén pode.

Sobre o que levo escrito nesta carta de gran amor pódese deducir que a quen lle remito esta carta noné un edificio, pero tampouco é a miña estancia aquí. Para min, a escola do Xestal éo todo. A miña vida xira óredor dela, non como edificio, senón como o conxunto do tempo que levo nela, as persoas que por aquípasaron (alumnos e profesores), as emocións e sensacións que aquí vivín cos meus compañeiros e as miñascompañeiras, os bos e malos momentos, as anécdotas que aquí escoitei, contei e vivín, o moito que me rin eo pouco que chorei, o conxunto de amig@s e coñecid@s que aquí fixen, e o edificio. Xa dende antes edurante a miña estancia, meus pais, miñas tías e meus tíos, e curmáns deles contaban multitude deanécdotas de cando estiveron alí, a miúdo cun certo ton de nostalxia – contaban cando non había campo defútbol, cando o comedor era máis pequeno, cando o autobús facía unha ruta diferente, etc. – polo que,dalgún xeito, eles influíron na miña actitude cara á escola.

O día que me vaia do Xestal, non sei como farei, pois o ambiente é o mellor posible, estamos cada unde nós, que temos as nosas particularidades, ao igual que os profesores, e por esas particularidades somoscoñecidos entre nós. A miúdo, polo noso sobrenome, que o temos tanto cativ@s como profesor@s. En fin,todo isto é o que digo de ti, escola da miña vida, pero podería dicir e escribir moito máis.

A escola, como edificio, tamén cambiou, pois tamén me lembro de cando, no que hoxe é o aumento dabiblioteca e na aula que hoxe é de usos múltiples, estaban aulas de 3ºA e 3ºB ESO, había moita máis xente.No autobús da ruta Val de Xestoso, hoxe imos dezaoito e dezanove cativ@s, e chegamos a ir trinta e pico oucorenta. Pero iso é igual, pois, ó fin e ó cabo, é a miña vida.

Nunca te esquecerei.Antonio González López

3º ESO

Page 27: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero
Page 28: A Grande Imaxe. Cpi "Virxe da Cela" Monfero