24
Altamira outubro09 Nº 76 - OUTUBRO DE 2009 - ANO XXIV Revista Municipal do Concello de Brión Setembro, un mes festeiro para Brión Festa do Cabalo e Romaría de Santa Minia María Belén Sánchez Bugallo A coordinadora do Centro de Saude fálanos da Gripe A PAXS. 12 - 13 PAX. 3 Outono Cultural OUTONO TEATREIRO

76 - ALTAMIRA Nº 76

Embed Size (px)

DESCRIPTION

REVISTA ALTAMIRA Nº 76

Citation preview

Page 1: 76 - ALTAMIRA Nº 76

Altamira outubro09

Nº 76 - OUTUBRO DE 2009 - ANO XXIV Revista Municipal do Concello de Brión

Setembro, un mes festeiro para BriónFesta do Cabalo eRomaría de Santa Minia

María BelénSánchez BugalloA coordinadora do Centro de Saude fálanos da Gripe A

PAXS. 12 - 13PAX. 3

Outono Cultural

OUTONO TEATREIRO

Page 2: 76 - ALTAMIRA Nº 76

2 | Concello de Brión

AltamiraRevista Municipal do Concello de Briónenderezos

os nosos

BIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08Fax. : 981 50 99 69

CASA DO CONCELLOCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 08

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B.Avda. de Santa Minia, nº 7515865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 215856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 89 34 74Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

REPORTAXE

ACTUALIDADE

BRIONESES

SERVIZOS SOCIAIS

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS E LENDAS

PASATEMPOS / HUMOR

CURIOSIDADES / NA PRENSA

Pax. 3

Paxs. 4 - 11

Paxs. 12 - 13

Paxs. 14 - 15

Paxs. 16 - 20

Pax. 21

Pax. 22

Pax. 23

contidos

José Luís García García

Alcalde doConcello de Brión

AVANCE

Edita: Concello de BriónRedacción, deseño e maquetación:Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós ComunicaciónImprime: Litonor Artes GráficasMail:[email protected]

Quero comezar este avance felicitanto REVISTA ALTAMIRA polo seu vixesimo cuarto cumpreanos. 24 anos desta publicación que co-mezou alá polo mes de agosto do ano 1985 e que o longo destes anos foi recollendo as novas máis salientables que se sucederon en Brión.

Por todo elo PARABENS.

Neste número de outono de ALTAMIRA, no seu interese por tomarlle o pulso á actualidade do noso concello, trae en primeiro lugar me-moria do verán que acaba e fai un repaso dos distintos aspectos no-ticiables da vida local: obras públicas municipais, actividade cultural, oferta educativa, servizos sociais, terceira idade...

Trae tamén un adianto da programación que se prepara para as próximas festas do Nadal.

Facéndose eco da preocupación de algúns sectores da poboación pola extensión da gripe A, introduce unha páxina de consellos sani-tarios ao respecto e adica a sección da entrevista á coordinadora do centro de saúde, que trata o tema polo miúdo.

RECIBAN UN CORDIAL SAUDO

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

VISITADurante a pasada Romaría de Santa Minia, un grupo de seis amigos e amigas do Concello de Guillena, tan coñecido polos mozos e mozas de Brión, visitaron Brión para desfrutar da nosa festa máis importante.

Entre estes seis visitantes, atopábase o recén nomea-do alcalde de Guillena, Lorenzo Medina Moya. Para os que non saibades de quen estamos falando, Loren participou como visitante naquel intercambio que se fixo a raíz da Expo ‘92 de Sevilla e o Xacobeo 2003. Anos despois, no 2006 repetíase a experiencia asistin-do tamén este, pero agora xa como tenente de alcal-de do concello de Guillena.

Ademais de para saborear o polvo e o viño tinto, esta viaxe tamén serviu para manter unha reunión co Al-calde de Brión, coa fin de ir sentando as bases para o que será UN NOVO INTERCAMBIO con esta po-boación hispalense.

Polo de pronto, as conversacións mantidas durante estes dias co Alcalde de Guillena auguran unha moi boa viaxe da mocidade para este ano, tanto para os veciños e veciñas de Brión coma para os de Guillena.

Page 3: 76 - ALTAMIRA Nº 76

Revista Altamira | 3

REPORTAXE

Falar de setembro é falar de Brión, pois son dous termos que cada vez van máis da man e que practicamente non poden ir un sen o outro. Non en van, neses trinta días concéntranse no municipio tres grandes xornadas festivas: a festa dos vellos, a fei-ra do cabalo e, como colofón, as festas de Santa Minia. Unha romaría a deste ano que quedará na memoria de todos pola gran afluencia de visitantes durante toda a fin de semana. Disque máis de 50.000 almas lle ofreceron os seus respectos á Santa ou a un prato de polbo, que sobre gustos e crenzas non hai nada escrito.

Pero o certo é que nin os máis vellos do lugar lembran tal afluencia de xente no en-torno da Carballeira. Un regueiro de persoas que non tiveron ningún problema de acce-so, pois tiveron á súa disposición máis zonas de aparcamento ca nunca. Porque se por algo destacan as festas de Santa Minia, ade-mais do fervor que esperta a mártir, é polo bo facer de todos cantos interveñen nela. Un bo facer que ben de lonxe, dunha longa tradición, e comeza nos seus organizadores, con Hipólito á cabeza; sigue polas forzas de seguridade, encargadas de que todo saia a pedir de boca; continúa polos propios fei-rantes e remata nos propios romeiros que acuden ano tras ano. Unha proba máis de que cando algo se fai ben, sae mellor. E os resultados están á vista de todos, mal que lles pese a algúns.

Unha Santa Minia para a historiaTDT EN BRIÓN

E falando de pesos, un moi grande quitaron de enriba os organizadores da festa do cabalo cando os primeiros raios de sol comezaron a sair horas antes do inicio do evento, despois duns días de intensa choiva. Descartados, pois, os cabaliños de mar, máis de do-uscentos equinos e milleiros de persoas tomaron unha vez máis o monte Rañalonga, e van xa vinte e sete anos seguidos. Moitos anos nunha festa que non deixa de reinventarse. Se o ano pasado se organizaba unha carreira de relevos, neste tivo lugar un peculiar partido de fútbol, coa vaquilla coma árbitro. Algún mal pensado dirá que era lóxico: de negro e con cornos....

Despois dun mes de intensas festas é lóxico sentir un certo baleiro nos meses seguintes. Só queda pensar que xa queda menos para o vindeiro mes de setembro que, ademais, este ano chega cun prestixioso apelido, pois será todo un setembro Xacobeo.

Page 4: 76 - ALTAMIRA Nº 76

4 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

EDIFICIO PÚBLICO

O Concello esíxelle á Consellería de Educación unha rápida solución para o edificio do IES de Esparís

Os risos dos rapaces, as “peroratas” dos mestres tentando explicar a lección do día o mellor que podían, todos eses bolí-grafos escribindo a toda velocidade e ese pasar de follas de libros e cadernos no IES de Esparís non son máis que historia den-de a Semana Santa do 2008. Pero no caso deste vello inmoble o Domingo de Resu-rrección non dá chegado e, pese aos inten-tos reiterados dende o Concello, non deixa de sufrir un calvario tras outro.

O estado de abandono no que se ato-pan estas instalacións, que son obxecto continuo de actos de vandalismo a pesar dos esforzos das forzas de seguridade, xa clama ao ceo. Os últimos en unirse: unha asociación de veciños e ex-alumnos do instituto, que pregan por unha pronta solución para non perder un patrimonio máis de Brión. O problema é que a única responsable do IES Esparís, a Consellería de Educación, está a actuar coma o can do

hortelan, que nin come nin deixa comer.

Unha situación que, por desgracia, están a compartir os responsables deste depar-tamento da Xunta, independentemente da cor política de cada un. O alcalde, Xosé Luis García, negociou cos responsables do bipartito para buscarlle unha saída a este inmoble e, a pesar das propostas para convertelo nunha residencia para a terceira idade, Educa-ción comprometeuse a darlle un uso relacionado co ensino. Nada se fixo. E outro tanto semella pasar coa nova Administración, pois tras sete meses gobernando, e despois de ata catro requerimentos urxentes e unha entrevista co Secretario Xeral de Educación, a solución segue sen chegar.

E iso que, a pesar de non ter competencia ningunha sobre o estado e o destino do IES Esparís, o Concello mesmo se ofreceu a buscar financiación privada para sacar adiante o proxecto de converter este inmoble nunha residencia para a terceira idade, se é que a Xunta non o ve axeitado para convertelo nun centro de día. Ademais, trátase dunhas instalacións situadas nunha zona ben comunicada, cunha liña regular de autobús e con amplos espazos naturais para o disfrute das persoas que aló se instalasen. “Sei que hai empresas privadas interesadas en facer en Esparís unha residencia para a terceira idade, unha instalación que non existe nin en Brión nin en ningún municipio da nosa contorna, e por iso mesmo me ofrecín ante Educación a buscar financiación privada”, explica Xosé Luis García.

A pelota está onde sempre estivo: no tellado da Consellería de Educación. E como ese tellado sexa o do IES de Esparís mellor faría apurando, pois tal como están as cousas non vaia ser o demo que nos atopemos sen pelota e sen tellado.

Page 5: 76 - ALTAMIRA Nº 76

Revista Altamira | 5

ACTUALIDADE

Todo o que se necesita saber sobre a GRIPE AINFORMACIÓN XERALA gripe é unha enfermidade que afec-

ta desde a angüidade ás persoas e outras especies animaes (aves, porcos...) e que causa epidemias cada ano, principalmen-te nos meses de inverno. Esta enfermi-dade está producida por distintos tipos de virus que ademais poden combinarse entre eles dando lugar a unha nova gripe.

A gripe é moi contaxiosa xa que se transmite facilmente dunha persoa a outra a través das gotiñas de saliva ou se-crecións que expulsamos ao falar, tusir ou esbirrar.

Os síntomas habituais da gripe son:- FEBRE (máis de 38ºC)- TOSE- MALESTAR XERAL

Tamén se pode ter dor de cabeza, dor de gorxa, esbirros, dores musculares e, ás veces, diarrea e vómitos.SINTOMAS

A Organización Mundial da Saude cua-lifica o estado da nova gripe como o de pandemia moderada baseándose nos se-guintes motivos:

- A maioría das persoas recupéranse da infección sen necesidade de hospitali-zación nen de atención médica.

- En xeral, a gravidade dos distintos países parece similar á observada coa gri-pe común.

- Os hospitais e os sistemas de aten-ción de saúde da maioría de países foron capaces de atender, ata o momento, a tó-dalas persoas que o requeriron.

O contaxio, tal e como ocorre coa gripe común, trasmítese principalmente persoa a persoa polo aire debido as se-crecións que se producen o tusir, falar ou esbirrar

O virus pódese transmitir dende 1 día

antes de empezar cos síntomas ata 7 días despois. Presenta unha capacidade máxi-ma de contaxio os 3 primerios días den-de que empezan os síntomas, pero pode seguir transmitíndose ata 7 días despois, polo que se recomenda quedar na casa para asegurarse de non trasmitilo ás de-mais persoas.

PREVENCIÓN- LAVAR AS MANS... Frecuentemente.

Extrema a limpeza nos espazos de convi-vencia.

- TAPALA BOCA E O NARIZ O TUSIR... ou esbirrar. Facelo cun pano desbotable ou sobre a parte interna do cóbado. Tira o pano nunha papeleira.

- QUEDAR NA CASA... se tes gripe. Esta gripe trátase como calquera outra gripe, con repouso e os antitérmicos e antigri-pais de sempre, pero mellor na casa. Así evirarase o contaxio a outros.

- OBSERVA... se tes factores de risco de complicacións ou síntomas de agravamen-to, chama ó 902 400 116 ou ao 981935400.

Eles orintarante sobre como actuar.- INFORMATE... Tes a túa disposición a

web e o teléfono sanitario 902 400 116 ás 24 horas do día. A mellor forma de pre-vención é a información. Presta atención por se hai cambios nas recomentacións.

TRATAMENTOA gripe A trátase como a gripe común,

con medicamentos que alivien os sínto-mas: baixar a febre, tose, dores muscula-res... e gardando repouso.

FACTORES DE RISCO DE COMPLICA-CIÓNS

Os factores de risco de complicacións son exactamente os mesmos que para a gripe común.

MENSAXE DE TRANQUILIDADEÉ importante estar tranquilos ante a

situación actual, é importante seguir as recomendacións para evitar e demorar a propagación do virus. A gripe A non pro-duce máis complicacións cá gripe común, e íncluso pode chegar a curarse antes do que antes ocorria coa gripe común.

SAUDE

Page 6: 76 - ALTAMIRA Nº 76

6 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

OBRAS E SERVIZOS

Brión garante o seu abastecemento de augaA Xunta e os Concellos de Brión e Ames investirán 8,19 millóns nun novo sistema de abastecemento de auga dende o Tambre.

Brión e Ames contarán en 2011 cun novo sistema de abastecemento de auga potable, cuxas obras comezarán a execu-tarse a principios de 2010. Un investimen-to de 8,19 millóns de euros, dos que o Concello de Brión aporta o 10%, garantirá o abastecemento de auga ao Val da Amaía e deixará no esquecemento problemas de seca como os relatados polos alcaldes de ambos concellos durante a presentación do proxecto, celebrado no pazo da Pere-grina.

“En momentos de seca comproba-bamos ata se o caudal subía un milíme-tro”, lembra Xosé Luis García. Un punto que corrobora o alcalde amiense, Carlos Fernández, quen recordou episodios que deixaron sen subministro de augas a gran parte dos seus veciños hai cinco ou seis anos. Coas obras deste novo sistema de abastecemento estas lembranzas pasarán a ser simplemente iso, recordos.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Her-nández, confirmoulles aos dous alcaldes que as obras comezarán a principios de 2010 e que, aínda que contan cun prazo de execución de 18 meses, farase todo o posible para que estean finalizadas canto antes. Deste xeito, ademais da captación de auga do río Pego e dos mananciais si-tuados preto de Rois, os veciños e veciñas de Brión terán un novo abastecemento de auga do Tambre.

Isto suporá incrementar nun 20% a capacidade de tratamento de auga en ambos concellos, concretamente en 175 litros por segundo máis. Ademais, de le-varse a cabo a segunda fase do proxecto, este incremento podería chegar aos 350 litros/segundo, en previsión dun futuro incremento poboacional ou da execución de proxectos empresariais como os polí-gonos Ames-Brión e Pérros.

NOVA POTABILIZADORA E DOUS DEPÓSITOS

O proxecto inclúe a construción dunha estación de tratamento de auga potable (ETAP) preto de Ponte Maceira, onde chegará o auga do río Tambre a razón de 175 litros/segundo. Esta instalación enviará a auga ata un novo depósito de regulación, con ca-pacidade para 7.300 metros cúbicos. Dende aló a auga será bombeada ata outro depósito de cabeceira, situado en Agrón, mediante unha tubería de máis de cinco quilómetros. Este depó-sito de cabeceira, con capacidade para 10.000 metros cúbicos e situado preto de Leboráns, conectarase por gravi-dade cos depósitos xa existentes en Brión e Castiñeiro do Lobo.

Page 7: 76 - ALTAMIRA Nº 76

Revista Altamira | 7

ACTUALIDADE

Comezan as obras da variante daestrada AC-300

As obras de construción da variante da estrada A Picaraña-Os Ánxeles (AC-300) veñen de iniciarse cos correspondentes traballos de desmonte entre a rotonda de saída da autovía ata o Alqueidón. Unha variante que terá unha extensión de 1,4 quilómetros e que circulará de xeito para-lelo á AC-300, permitindo así evitar tráfico do entorno da igrexa dos Ánxeles.

A nova estrada terá unha plataforma de oito metros de ancho, con dous carrís de 3,5 metros e beiravías de dous metros. Orzamentado en 2,5 millóns de euros, dos cales 780.000 se destinaron ao pago de expropiacións dos 81 predios afecta-dos, este novo vial permitirá diversificar os tráficos procedentes de Padrón, que atoparán un mellor e máis doado acceso á autovía Santiago-Brión.

Ademais, a Xunta non modificará o proxecto de enlace do corredor Brión-Noia coa estrada AC 1302 (Negreira-Urdil-de) e manterá o proxecto inicial, é dicir, cun enlace directo para que os vehículos non teñan que sair á estrada de Noia. Despois dunha visita ás obras do corredor Brión-Noia por parte do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestru-turas, Agustín Hernández, o pleno brionés aprobou unha moción para instar á Xunta a manter o enlace directo e evitar ter que manobrar polo núcleo urbano de Calle, en Rois.

A moción, presentada a instancias do alcalde Xosé Luis García, foi axiña tida en conta pola Xunta, que ademais anunciou unha novidade: a conexión deste enlace coa nova estrada que está promovendo a Deputación da Coruña e que lles ofrecerá unhas mellores conexións viarias aos veci-ños e veciñas da parte alta de Brión.

Aseos públicos para o campo de fútbolO Concello iniciará en breve as obras da segunda fase da cubrición das gradas do

campo de fútbol de Pedrouzos, que inclúen a construción de aseos de 43,5 metros cadrados para o público e a ampliación ao longo da marquesiña para a cubrición das gradas, ata un total de 35 metros de longo. Unha vez executadas as obras da primeira fase, a Deputación da Coruña vén de confirmar un novo investimento de 48.822 euros dos case 60.000 euros nos que está orzamentado este proxecto. Deste xeito, o Conce-llo cumpre cos prazos e fases marcadas para mellorar a dotación do campo de fútbol de herba artificial.

A travesía de Vilar, en marchaA Deputación da Coruña continúa coas obras de mellora da estrada provincial

1301, que une A Gándara coa Amañecida, e nos que está a investir preto de un millón de euros. O alcalde e o presidente provincial inauguraron xa a mellora da travesía de Liñares, onde está prevista a ampliación da estrada e das beirarrúas para o ano que vén e que inclúe tamén a demandada senda peonil ata Os Ánxeles. Nos vindeiros días rematarán as obras na travesía da Luaña, onde se respectaron os carballos centenarios pero que están a resultar moi complicadas tecnicamente pola existencia de vivendas a distintos niveis da estrada. E unha boa nova: a aprobación das obras da travesía de Vilar, cun orzamento de 600.000 euros e que mellorará a seguridade viaria na zona.

Page 8: 76 - ALTAMIRA Nº 76

8 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

Un cuarto de millón de euros para 101 obras de mellora nas parroquias

O alcalde, Xosé Luis García, e o presi-dente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, veñen de subscribir un convenio de colaboración para investir 240.000 euros en obras de mellora de pistas nas nove parroquias. Un total de 101 obras das que a maioría, un total de 91, serán de limpeza de gabias, bacheo e repara-ción con zahorra ao longo de 81,3 quiló-metros de pistas.

Pero non todo será arranxo de pis-tas, tamén se repararán a ponte de Vioxo de Abaixo e a Fonte de Vioxo de Abaixo, que será trasladada ao lavadoiro da zona. Ademais, mellorarase o alumeado pú-blico en Fonteparedes (Ons) e Ons de Abaixo (Ons), e acometeranse pequenas obras de saneamento na aldea de Gronzo (Brión), na fonte de O Rial (Brión) e nun camiño desta mesma localidade.

Por parroquias, o maior investimento adicarase ás localidades da parte alta do municipio. Así, Viceso, con máis de 58.000 euros, e Luaña, con máis de 56.000 euros, encabezan o ranking tanto en investimen-tos como en número de obras contempla-das en Brión. Séguenas Brión e Ons, con 33.000 e 25.000 euros, respectivamente. E se falamos de quilómetros de pistas a arranxar, novamente as máis beneficiadas serán as parroquias da parte alta: 26,3 quilómetros en Viceso; 18,04 en Luaña; 12,2 en Cornanda; 7,08 en Ons e 2,98 qui-lómetros en Boullón.

OBRAS E SERVIZOS

RELACIÓN DE OBRAS

- Luaña: limpeza de gabias e asfaltado das pistas de Moldes-Amañecida e Tourís-depósito de auga. Así mesmo, limpará as gabias, bacheará e daralles un repaso con zahorra ás pistas entre Espiñeiros-Agra de Alfonsín, Nináns-Vexo-A Igrexa, Camiño a Vexo-Pousada, Tourís-Nináns, Camiño do Regueiro dos Vellos, Vioxo de Arriba-Pedreira, Estrada a Tourís, Amañecida-Lousame, Amañecida Ardións, Camiño do Porto-A Cruz, Nináns-Vioxo de Abaixo, Camiño da Revolta de Cobas, Mato-Igrexa da Luaña, Goiáns-Espiñeiros, Vioxo de Arriba-Regueiro, Vioxo de Arriba-A Lagoa e Vioxo de Arriba ata o Camiño das Costas.

- Viceso: asfaltado das aldeas de Mourentáns e Esparís; apertura de tres novos camiños entre Vilar eAgro do Vello, entre Pousada e Vexo, e entre Mirallos e Agro do Vello; e reparación e limpeza das pistas Vilar-Sacramental, Esparís-Estrada da Depu-tación-Mourentáns, Mourentáns-Estrada da Gándara, Monte de Esparís-Estrada da Gándara, Forxán, Mourentáns, estrada sur a Mourentáns e Vilar-Vioxo de Abaixo.

- Cornanda: mellora dos viais en Busto de Frades e da conexión desta localidade con Vilariño, entre o campo de fútbol e Cornanda, Camiño de Vilariño-A Graña, Alfonsín-Goiáns e nalgúns puntos de A Graña.

- Ons: instalación dunha liña de pluviais en Salaño Grande; apertura dun camiño no monte de Forxán e mellora do alumeado público en Fonteparedes. Así mesmo, repararanse os camiños entre Ons de Abaixo-Río Tambre, Ons de Abaixo-pista de Feiraco, pista de Coto Gorea e Salaño Grande-Forxán.

- Boullón: limpeza de gabias dos camiños entre Gundín-Autovía, Cantelar-Auto-vía, Tembra-Cantelar, Liñares-Tembra, Camiño a Gronzo e no Camiño Francés.

- Os Ánxeles: asfaltado da aldea de Piñeiro; limpeza de gabias, bacheo e repaso con zahorra ás pistas de detrás do Cabo e Outeiro, Vilanova-Estrar, Caruncha, Lago-Souto, Saíme e Outeiro-O Rial.

- Brión: saneamento na aldea de Gronzo e no Rial; asfaltado das aldeas da Torre e Boaventura; arranxo das pistas da Restra, Brans de Arriba, O Ríal, Pedrouzos de Abaixo, Brans de Arriba e estrada a Liñares.

- Bastavales: limpeza de cunetas e repaso de zahorra das pistas Coruxido-Outei-ro, Fontao, Caxusa-límite con Rois, Chave de Carballo-Santo Arandel, Xinzo e Coruxi-do-Outeiro.

- San Salvador: limpeza de gabias e repaso de zahorra de tres pistas de concen-tración en San Salvador e das vías Gosende-Saíme, Bemil-Casaldoeiro e Saíme.

Page 9: 76 - ALTAMIRA Nº 76

Revista Altamira | 9

ACTUALIDADE

O paseo dePedrouzos estrea beirarrúas,iluminación e nova praza públicaA urbanización desta rúa mellora a seguridade viaria dos alumnos do colexio edo instituto

O Concello ven de rematar unhas importantes obras de urbanización do Paseo de Pedrouzos e do seu contorno, que incluíron a construción dunha nova praza pública xusto enfronte do centro de saúde. Un proxecto orzamentado en máis de 80.000 euros e que supuxo a reurbanización de toda a zona, que foi dotada de novas beirarrúas e novo alu-meado público, dous elementos que in-crementan a seguridade viaria dos alum-nos e alumnas do IES Brión e do CEIP de Pedrouzos.

Para afrontar estas obras foi preciso derrubar o antigo galpón municipal si-tuado diante do centro de saúde, lugar onde se construiu unha nova praza pú-blica, con dúas alturas e unhas amplas bancadas nas que repousar. Ademais, dispón dun pequeno espazo de apar-camento, que incrementa o número de prazas dispoñibles no entorno do centro de saúde.

As obras tamén incluíron a dotación dunha traída de saneamento na marxe dereita do Paseo de Pedrouzos e a re-habilitación do outro galpón municipal situado na zona, xusto ao lado do IES Brión. O seu destino será albergar o al-macen dos obreiros municipais.

OBRAS E SERVIZOS

Page 10: 76 - ALTAMIRA Nº 76

10 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

EMPRESARIOS

O quen é quen do empresariadobrionésO Concello repartirá unha guía de comercios,empresas, servizos eprofesionais do municipio

A banda sonora dun dos maiores éxitos cinematográficos dos anos oiten-ta preguntaba: “a quen vas chamar?”, e contestaba: “aos cazapantasmas!!!”. Pero o que nunca nos dixeron é de onde tirar o número para facer a devandita chamada. E é que no mundo das comu-nicacións, dipoñer dun teléfono, dunha web ou dun mail accesible ao público é o mínimo para poder ter un negocio.

Por iso o Concello traballa da edi-ción da primeira “Guía de Comercios, Empresas, Servizos e Profesionais” do municipio. Unha iniciativa que nace “coa intención de apoiar o desenvol-vemento económico local, promoven-do o consumo nas empresas do noso concello”, explica Elisa Iglesias, Axente de Desenvolvemento Local de Brión. Un apoio totalmente de balde para as empresas, autónomos e comercios que participan nesta iniciativa, na que po-derás participar se te achegas pola casa do concello.

Os datos que incluirá esta guía son: nome e enderezo da empresa, sector, datos de contacto (teléfono, páxina web, correo electrónico, persoa encar-gada), horario de atención ao público, unha breve descrición da súa activida-de e incluso logotipo da empresa. Unha vez impresa, a guía repartirase gratuí-tamente entre os veciños e veciñas de Brión durante a campaña de Nadal, co obxectivo de fomentar o consumo nas empresas e comercios do municipio, es-pecialmente nestas datas de crise.

A Asociación de Empresarios de Brión celebrará eleccións en decembroMonte Balado acollerá unha nova feira de saldos do 6 ao 8 de novembro.

Decembro. Esta é a data para que a Asociación de Empresarios de Brión “Al-tamira” (AEB) bote a andar dun xeito de-finitivo, pois será nese mes cando teña lugar unha reunión con todos os socios da que sairá unha xunta directiva definitiva, que se encargará de rexer o destino des-ta nova asociación ata xaneiro de 2011. E é que dende a súa constitución, aló por abril deste mesmo ano, esta entidade está operando cunha xunta xestora con-formada porlo presidente José Abelleira Balsa (Restaurante Abelleira), o vicepresi-dente Benito Gendra Picallo (Carpintería La Ventana), o tesoureiro Manuel Bouzas Suárez (Hotel Balneario Compostela), a secretaria María Vidal Ramos (Tenda Sor-tilexio) e o vogal Miguel Riveiro Pensado (Autobuses Modesto Riveiro).

Unha xunta xestora que animan a to-dos os empresarios de Brión a unirse á asociación pois “é o mellor xeito de unir as nosas forzas e así acadar obxectivos que redunden na mellora dos intereses dos empresarios deste concello”. Unha

destas iniciativas foi a I Feira de Saldos de Brión, que reuníu a 50 expositores e máis de 15.000 persoas no centro comer-cial de Monte Balado. Tal foi o éxito desta experiencia que a AEB xa ten en marcha unha nova feira, nesta ocasión de outo-no-inverno, que terá lugar do 6 ao 8 de novembro.

Por todo isto, a AEB quere aproveitar a tribuna que lles ofrece a revista “Altami-ra” para pedir ideas a todos os asociados e animar aos que non o son a que se sumen á asociación. Só é preciso pasar polo lo-cal social dos Ánxeles, que foi cedido polo Concello á asociación de empresarios, calquera luns primeiro de mes ou contac-tar con calquera dos membros da comi-sión xestora. Outras opcións son entrar na web www.feiradesaldosdebrion.com, visitando o stand da asociación durante a feira, enviando un mail a [email protected] ou preguntando á axente de desenvolvemento local do Concello. Por-que, xa se sabe, a unión fai a forza.

Page 11: 76 - ALTAMIRA Nº 76

Revista Altamira | 11

ACTUALIDADE

A nova “autovía” de comunicación de Brión

“Este telecentro está aberto a todos vós, aos vosos compañeiros, profesores e familiares. Espero sinceiramente que o disfrutedes ao máximo”. Con estas palabras, diante de 24 rapaces e rapazas do CEIP de Pedrouzos, o alcalde Xosé Luis García daba por inaugurado o Telecentro de Comunicacións de Brión. Unha infraestrutura que su-porá un salto cualitativo nos cursos formativos que se imparten dende o Concello e no acceso á sociedade da información de todo o municipio.

Aínda que a simple vista poida parecer unha sala de ordenadores máis, o tele-centro vai máis aló. E é que a súa ducia de ordenadores contan cos máis modernos adiantos tecnolóxicos: lector de DNI electrónico, DCD, monitor TFT de 17 polga-das e un Headset con micrófono e control de volume, ademais dos corresponden-tes sistemas operativos e programas multimedia. Así mesmo, dispón dun pos-to de profesor coas mesmas prestacións cos outros doce e cun DVD gravador.

O equipamento complétase con impresora láser a cor, proxector con pantalla de proxección motorizada, pantalla de plasma de 42 polgadas, micrófonos de mesa e inhalámbricos, altavoces, dúas cámaras motorizadas, pantalla táctil para control au-diovisual e de luces, rede wifi e un rack multimedia (que inclúe mesa de misturas de audio, amplificador, DVD-RW con TDT e sistema de videoconferencia). Por certo, esa rede wifi permitirá o acceso libre a Internet dende calquera punto da carballeira de Santa Minia.

O telecentro está ubicado nos baixos da casa do concello, “o que demostra a impor-tancia que ten para nós esta infraestrutura, pois non dubidamos en renunciar ao salón de plenos, o salón máis noble deste Concello, para poder contar con esta instalación”, explica Xosé Luis García. Un recinto no que a Secretaría Xeral de Medios investiu 120.000 euros.

Un salto de calidade nos cursos formativos

O novo telecentro suporá un salto de calidade nos distintos cursos formativos que organiza o Concello e nos que parti-ciparon máis dun milleiro de veciños du-rante o último ano e medio. “Co telecen-tro poderemos mellorar tanto o contido como a propia realización dos cursos, xa que contaremos coas últimas tecnoloxías a disposición dos alumnos”, explica Anto-nio Casal, responsable xunto a Xulio Mallo do telecentro brionés.

Así, o telecentro centralizará unha va-riada oferta de cursos ao longo de todo o ano, dende os de iniciación á informática ata cursos especializados no manexo de programas do entorno Windows (como o Word, o Excel, o Explorer ou o Access) ou mesmo programas de edición de vídeo.

Pero este salto cualitativo é só o primei-ro paso da aposta do Concello pola forma-ción. De feito, estase a traballar na incorpo-ración de Brión ao programa “Aula mentor”, un sistema de educación a distancia a través de Internet que permitirá aos veciños e ve-ciñas facer todo tipo de cursos e obter un título homologado polo Ministerio de Edu-cación e Ciencia.

O telecentro conta coa última tecnoloxía da comunicación, con 12 ordenadores, wifi, sistema de videoconferencia...

NOVAS TECNOLOXÍAS

Page 12: 76 - ALTAMIRA Nº 76

12 | Concello de Brión

BRIONESES

- Falar de sanidade hoxe en día é facelo da Gripe A. Entre todos (medios de co-municación, autoridades, cidadáns...) non temos creado unha bola de neve de-masiado grande?- Máis que crecer de máis, eu diría que a cuestión é que a incidencia da Gripe A vai ser moito menos do que se prevía. Den-de o mes de xullo estabamos preparados e advertidos, poñendo plans en marcha a tenor do que se veía noutros sitos. Pero a día de hoxe podemos dicir que ven máis tranquila e que é de menor envergadura do que se prevía, o cal é moi bo.

- Pero non se ten asustado un pouco a xente con iso de “que vén a Gripe A” coma se do lobo se tratase?- Asustou á xente, aos profesionais e aos

responsable da sanidade. Penso que é moi importante ter previsións feitas polo que poida pasar. Puxémonos no peor dos casos e entón dixemos como debemos ac-tuar. Se, como é o caso, hai que rebaixar, pois será máis doado que facelo ao revés. O importante é que se informe dun xeito adecuado, nin por defecto nin tampouco sobreinformando, pero sobre todo tran-quilizando a todos, xa que os recursos e os dispositivos estaban preparados para un caso moito peor.

- Como é, pois, a situación actual ao falar da Gripe A en Galicia?- A situación actual é de tranquilidade, con procesos gripais e pseudogripais. Hai que ter en conta que a gripe prodú-cese por un virus determinado e que nel

hai varias cepas. En cambio os procesos pseudogripais non son exactamente o vi-rus da gripe, pero o tratamento é o mes-mo. E a Gripe A compórtase como a gripe común e incluso hai moitos casos que son máis débiles que na gripe común. De fei-to, antes daba máis febre e agora son só picos de febre que despois desaparece. Polo tanto se desenvolve dunha forma benigna pero, ao igual que foi sempre a gripe común, é incapacitante, pois deixa-te en estado de prostración.

- Sen embargo coméntase que coa Gripe A non se pode ir traballar nin ao colexio, cando antes poucos pedían unha baixa por unha gripe.- Non é exactamente así. O problema é que levamos chamando gripe ao que non

COORDINADORA DO CENTRO DE SAÚDE DE BRIÓN

“Tranquilidade”. Esta é a palabra máis repetida pola doutora María Belén Sánchez Bugallo, coordina-dora do centro de saúde de Brión, ao falar da Gripe A. En “Altamira” non podiamos deixar pasar un dos “culebróns” deste verán e, diante da expectación xerada nos últimos tem-pos, quixemos pulsar a opinión dos profesionais que tratan as doenzas dos veciños de Brión. Con máis de vinte anos de experiencia, Sánchez Bugallo cumprirá en xaneiro catro anos no centro de saúde brionés, á fronte dun equipo de doce profe-sionais: catro médicos xerais, unha pediatra, catro enfermeiros, unha matrona e dous administrativos. Asegura que “a Gripe A compórta-se como a gripe común, incluso en moitos casos moito máis feble” e recomenda que a xente que teña calquera doenza “acuda ao centro de saúde con tranquilidade, non aos servizos de urxencias”

María Belén Sánchez Bugallo

“Os veciños poden estartranquilos: a Gripe A compórtase

como unha gripe común”

Page 13: 76 - ALTAMIRA Nº 76

Revista Altamira | 13

BRIONESESo é, como simples catarros. E, ademais, ás veces atopámonos con que a gripe vén máis amortiguada, porque a xente utiliza a típica botica caseira con xaropes ou ibu-profeno.

- Entón, cal é o risco para unha persoa san?- Calquera persoa san pode enfermar e os que xa están enfermos son máis ende-bles fronte a outra doenza. Estou falando de poboacións de risco como os casos inmunodepresivos ou algúns rangos de idade, como os nenos ou os anciáns, con sistemas inmunitarios máis febles. Unha persoa normal pode enfermar pero non é para que vivamos con medo. Sería como ter medo a subir nun coche porque hai accidentes.

- Falemos, pois, das recomendacións que se fan desde as autoridades sanitarias: lavar as mans, tapar a boca e o nariz ao tusir, quedar na casa se tes gripe, obser-var a súa evolución e informarse. Moitas delas semellan simple sentido común, cando non normas de boa educación.- Pola situación de alarma que se ten creado estamos esforzándonos en ache-gar os principios básicos á xente. As me-didas preventivas son o arma máis útil e por iso insistimos en que hai que lavar as mans, non só agora, senón que isto xa era importante antes da Gripe A e o será despois dela. Ademais, esa hixiene non só serve para protexerse un mesmo, senón tamén a outras persoas.

- Como debería actuar un veciño de Brión que empeza a atoparse mal ou que ten algún síntoma característico da gri-pe?- Eu penso que as febres deben ser valo-radas na súa xusta medida, estudar a súa urxencia. Con isto quero dicir que hai que unha persoa con 37.2º ás oito da tarde non é para crear alarma. Outra cousa dis-tinta é se leva 24 horas seguidas con ela ou ten outro síntoma, coma dor de gar-ganta. Nese caso si que compre dirixirse ao centro de saúde para que esa sinto-matoloxía sexa tratada de forma obxec-tiva por un profesional porque, ademais, non ten nin por que ser Gripe A, pode ser outra doenza, pois hai moitos pro-cesos cunha sintomatoloxía parecida. O que recomendaría, fundamentalmente, é tranquilidade. A xente ten que acceder ao sistema sanitario de forma tranquila, pois o noso sistema de atención primaria ten unha accesibilidade total. Ese ten que ser o primeiro paso e non ir a uns servizos de urxencia. No centro de saúde tomaremos unha decisión se hai algo preocupante, daremos un tratamento e decidiremos se vai para a casa ou se deriva a outro esca-lón terapéutico.

- Deixemos a un lado o tema da gripe, como é a saúde de Brión?- Pois non é diferente ao que atopamos noutras zonas. Traballei 15 anos en Lugo e vexo que a xente enferma das mesmas cousas e nas mesmas proporcións que noutros lugares: patoloxías crónicas como diabetes, problemas cardiovasculares, bronquiopatías, etc

- Moito se ten falado dos cambios na re-lación entre o médico e o paciente. Com-pórtanse ben os veciños de Brión cando van ao centro de saúde?- En primeiro lugar gustaríame dicir que o propio ambiente no que viven xa é paci-ficador en si mesmo. O ambiente xeral é de tranquilidade, hai unha boa dinámica entre o profesional e o paciente e iso fun-ciona gracias ás dúas partes. É unha rela-ción baseada no respecto e na confianza, que en ambos casos é mutuo. Termina sendo unha relación moi personalizada pois, despois dun tempo, xa coñeces ao paciente, á súa familia, o seu ambiente,

o seu traballo... Ao final non queda só na relación estrictamente profesional, senón que se crea unha interrelación persoal, case familiar. Neste centro de saúde esta-mos moi satisfeitos con isto, e esa boa di-námica transmítese tamén entre os pro-fesionais que traballamos aquí. E a xente tamén o percibe.

- Nestes catro anos que levas á fronte do centro de saúde brionés seguro que se tería producido algunha anécdota curio-sa.- Anécdotas sempre hai. Lembro que hai dous anos tiñamos un canciño que estaba na entrada e nos preguntabamos de quen sería. Cando pechamos, o can seguía alí e mesmo comprobamos de novo os baños por se quedara alguén dentro. Pero pare-cía que non era de ninguén. O can seguíu por aquí unha semana e despois soube-mos que era dun paciente que viñera ao centro, fora ingresado e morrera. Ao final resulta que o canciño botaba de menos ao seu dono e viña buscalo aquí porque sabía que era un lugar ao que adoitaba vir.

EN POUCAS PALABRAS

“Brión é un lugar de luxo”

- Para vostede, Brión é...- Un lugar de luxo, onde todo é moi bonito e cun microclima moi agradable, con moitas horas de sol incluso en inverno. E paisaxísticamente é moi bonito.

- O seu lugar favorito.- A zona de Luaña e Vioxo. E tamén Cornanda.

- Cal é a súa mellor lembranza en Brión.- O conxunto. Non vivo en Brión, onde desempeño o meu labor profesional, pero encántanme as visitas a domicilio porque así vou coñecendo o municipio.

- A Brión fáltalle...- Ao non vivir aquí non son a máis axeitada para responder. Pode que mellorar algún vial a pequenos núcleos de poboación.

“En Brión hai unha boa relación entre osprofesionais e os pacientes”

Page 14: 76 - ALTAMIRA Nº 76

14 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

Novas axudas: bono social eléctrico e transporte adaptadoNo Centro Social Polivalente informaranche sobre os requisitos e axudaranchena tramitación

Nestes tempos de crise nos que mira-mos ata o último peso a oferta de calque-ra tipo de axuda é ben recibida, a pesar das reticencias iniciais diante da falla de información ou as complicadas tramita-cións administrativas. É o caso do deno-minado “bono social eléctrico”, do que moitos falan pero poucos saben o que é exactamente, ou das recentes axudas para o desprazamento de persoas depen-dentes ou con minusvalía.

Dous programas do Goberno de Espa-ña e da Xunta de Galicia dos que podes recabar toda a información acudindo aos Servizos Sociais de Brión, situados no Centro Social Polivalente. Aló, ademais de asesorache sobre os requisitos preci-sos, axudaranche na tramitación do expe-diente para vencer ese medo ao papeleo administrativo. De todos os xeitos, dende “Altamira” xa che damos algunhas pince-ladas dos requisitos precisos para acceder a estes dous programas.

APOIO AOS MAIORES

BONO SOCIAL ELÉCTRICO TRANSPORTE ADAPTADO

QUE É? Trátase dunha medida social do Ministerio de In-dustria polo cal ao beneficiario non se lle subirá o recibo da tarifa da luz ata o ano 2012. É dicir, non é un desconto sobre o que se paga agora, senón un compromiso de que non che subirán o recibo ata o 2012.

É un servizo da Consellería de Traballo e Benestar para axudar ás persoas dependentes ou con min-usvalía nos seus desprazamentos, programados e non urxentes, a través de vehículos adaptados e cunha persoa acompañante en cada vehículo.

QUEN O PODE PEDIR? Hai tres clases de bonos:1- Para pensionistas. Dirixido a pensionistas da Seguridade Social maiores de 60 anos e cunha pensión non superior aos 579 euros/mes; e tamén a pensionistas do Seguro Obrigatorio de Vellez e invalidez ou de pensións non contributi-vas maiores de 60 anos.2- Para familias numerosas.3- Para desempregados, no caso de que todos os membros da unidade familiar estean parados.

Poderá solicitalo calquera persoa que cumpra un destes dous requisitos:1- ter recoñecida a situación de dependencia, en calquera dos seus graos.2- ter recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 65% e con recoñecemento de imposi-bilidade de utilización de transportes colectivos.

REQUISITOS Os solicitantes deberán cumprir tamén as se-guintes condicións:- que o subministro para o que se pide o bono social sexa para a vivenda habitual- que a potencia non supere os 3 KW- que o solicitante sexa o titular do subministro- que o subministro estea acollido a tarifa do último recurso

Os desprazamentos para os que se poderá solicitar esta axuda son:- acudir a citas médicas ou tratamentos sanitarios- traslados a residencias, centros de día/noite e outros centros sociais- desprazamentos para a realización de actividades formativas ou educativas.- trasladarse para a realización doutras actividades como asistencia a xulgados ou notarías

DOCUMENTACIÓN 1- DNI2- Certificado de empadroamento3- Fotocopia da última factura4- Cumprimentar unha solicitude segundo a clase de bono que solicite5- Documentación que xustifique a situación de pensionista, familia numerosa ou desempregado

1- DNI2- Certificado do recoñecemento do grao de minus-validez e/ou dependencia3- Copia da declaración da renda ou xustificante de ingresos

Page 15: 76 - ALTAMIRA Nº 76

Revista Altamira | 15

SERVIZOS SOCIAIS

ACTIVIDADES

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

De luns a Venres - 8:00 a 15:00Avda. de Santa Minia, nº 4615865 - Brión

Tel.: 981 50 99 10Fax.: 981 50 99 78e-mail: [email protected]: [email protected]

PERSOAL

2 Traballadoras sociaisAuxiliar administrativoTécnico en intervención familiarMestre da aula de aduntosTaller de memoriaDocente dos cursos de informaticaMonitora de manualidades

Page 16: 76 - ALTAMIRA Nº 76

16 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

ACTIVIDADES PREVISTAS

O Nadal chama ás nosas portasDin que o tempo é relativo e o mellor

exemplo témolo no Nadal. Aínda faltan case dous meses e xa semella que en calquera momento vai saír da esquina un Papá Noel a soltarnos un “Ho,ho.ho!” mentres os andeis das tendas comezan a encherse de turróns, mazapáns e de-mais lambonadas típicas. Pero antes de facerlles sitio, haberá que dar boa conta do magosto con chocolatada que terá lugar nas inmediacións da carballeira de Santa Minia a finais de setembro.

Despois do éxito do ano pasado, haberá chocolate, churros, castañas e mesmo unha pulpería, para que nin-guén quede sen fame. Iso si, de balde só o chocolate e as castañas. Iso a primeira hora da noite, pois xusto antes haberá xogos populares e a actuación da cha-ranga “Vai de roda”, coas súas muiñei-ras, mazurcas e pasodobles.

Pero como non se vive só de papar lambonadas, o Concello ten programa-do tamén outras actividades para ali-mentar outras facetas das nosas perso-nalidades. Así, para os máis pequenos están previstas as tradicionais visitas de Papa Noel e os Carteiros Reais polos distintos centros educativos do munici-pio ou a gran cabalgata do 5 de xaneiro. Ademais, este ano, aproveitando o novo telecentro de comunicacións, os pe-quenos mesmo poderán entablar unha videoconferencia con Papá Noel dende Laponia. Rudolf e compañía xa andan con medo diante do avance das novas tecnoloxías.

Ademais dos tradicionais obradoiros de Nadal para nenos (cuxa inscrición abrirase o vindeiro mes de novembro) e dos concursos infantil e xuvenil de Pos-tais de Nadal, Brión despedirá o ano a ritmo de marionetas, coa decimotercei-ra edición do Festival de Títeres. Toma nota: o luns 28 de decembro (e non é unha inocentada) A xanela do maxín presentará “Chincha Rabiña”. Un Día despois, a compañía Duende Sico repre-sentará “A detective da Torre de Hércu-les viaxa polo Tempo”. Títeres Cachirulo, con “Catro contos sobre a China”, pe-chará o festival o mércores 30 de dec-embro.

En definitiva, un amplo programa de actividades para todos os gustos e ida-des que é un auténtico regalo de Reis por adiantado.

Acuarelas para inaugurar oficialmente o “Espazo das artes”

Decembro. Esa é a data escollida para a inauguración oficial do “Espazo das artes” que o Concello de Brión vén de construir na segunda planta da escola muncipal de mú-sica. Dúas salas de exposicións que xa foron utilizadas provisionalmente pola mostra itinerante “O cambio climático”, que visitaron todos os nenos e nenas do municipio.

Mais a inauguración oficial deste recinto, no que aínda se están a pulir os últimos detalles, terá lugar cunha gran exposición de acuarelas a cargo dos artistas Xosé Váz-quez Castro e María Manuela. Nese día, o Concello organizará unha xornada de portas abertas para que todos os veciños e veciñas poidan coñecer non só este novo recinto, senón achegarse tamén á arte de dous pintores de prestixo como Manuela e Vázquez Castro.

Page 17: 76 - ALTAMIRA Nº 76

Revista Altamira | 17

CULTURA E DEPORTES

ACTIVIDADES

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICODe luns a Venres - 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00Sábados - 9:30 a 14:00 h.Carballeira de Santa Minia, nº 515865 - Brión

Tel.: 981 50 99 08Fax.: 981 50 99 69

e-mail: [email protected]

PERSOALAnimador sociocultural2 Animadores deportivosTécnico do voluntariado e formaciónDocente dos cursos de informáticaTécnico bibliotecario

SERVIZOS DA CASA DA CULTURA:

omix

aula de informática aberta

cursos de informática

biblioteca

Departamento de Cultura

Departamento de Deportes

Oficina Municipal do Voluntariado

Departamento de formación

Page 18: 76 - ALTAMIRA Nº 76

18 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

ESCOLA DE MÚSCA MAGARIÑOS

A escola de música estrea sede e nome

As obras de remodelación do edificio no que ten a sede a Escola Municipal de Música de Brión fixeron que os seus inte-grantes tiveran, literalmente, que irse coa música a outra parte. Concretamente ata un local cedido polo Concello nos Ánxeles. Agora, unha vez rematados os traballos, volven a unhas remozadas instalacións no centro de Pedrouzos e cun novo nome: “Escola Municipal de Música Magariños”.

Como en cursos anteriores, a escola de música ofrece tres niveis académicos: acercamento á música, desenrolo inicial da práctica instrumental e afianzamento das habilidades musicais e instrumentais.Ademais, forma aos alumnos maiores de 8 anos no manexo de instrumentos como: piano, guitarra, trompeta/fliscorno, trom-bón, trompa, tuba/bombardino, clarine-te, saxofón e frauta traveseira.

Este ano, como gran novidade, Con-cello e escola de música organizan as pri-meiras “Xornadas musicais Santa Cecía”, que terán lugar no mes de novembro. Trátase de catro xornadas, de doce horas de duración cada unha, nas que poderán participar ata oitenta veciños e veciñas de Brión. Os prezos de inscrición son de 15 euros por curso (menores de 30 anos) e de 30 euros por curso para os maiores de trinta anos. Unhas anotacións que poden formalizarse na Casa da Cultura, na sede da escola de música Magariños ou cha-mando ao teléfono 981 50 99 08, exten-sión 31.

Os dous primeiros cursos, “Iniciación á percusión” e “Orquestración e instrumen-tación”, terán lugar na fin de semana do 14 e 15 de novembro. As xornadas “Inicia-ción á harmonía” e “Educación auditiva”, terán lugar na fin de semana do 28 e 29 de novembro.

Este ano, como grannovidade, Concello e escola de música organizan asprimeiras “Xornadas musicais Santa Cecía”, que terán lugar no mesde novembro.

Page 19: 76 - ALTAMIRA Nº 76

Revista Altamira | 19

CULTURA E DEPORTES

OUTONO CULTURAL

O outono arrecende a teatro en Brión

Non son profesionais, pero o parecen. Non cobran un peso nin contan cunha es-cenografía de milleiros de euros, máis o compensan con traballo e ilusión. Unha ilusión que lle souberon transmitir hai un ano ao público brionés e que derivou na organiación da segunda edición dos ciclos de teatro afeccionado “Carballeira” e “Pe-dra do Moucho”, integrados no programa “Outono Cultural”, elaborado polo Conce-llo en colaboración coa Federación Gale-ga de Teatro Afeccionado, as asociacións culturais Carballeira e Pedra do Mouco de Ons, a Deputación da Coruña e a Conse-llería de Cultura e Turismo.

Unhas citas co teatro que terán lugar durante todos os sábados, ás 20:30 horas,

Pedrouzos e Ons acollerán a segunda edición dos ciclos de teatro afeccionado“Carballeira” e “Pedra do Moucho”

ben no centro social polivalente, ben no teleclube de Ons. Este ano, o encargado de abrir o telón foi unha das compañías de teatro afecionado con máis avoengo: “Tiruleque Teatro”. Esta compañía de O Carballiño púxolle un toque picante ao auditorio de Pedrouzos coa obra “Club PK2”, chea de diálogos mordaces e con dobre sentido co sexo como gran prota-gonista. “Nova Escena Teatro” e “Atlántica de Matamá” completaron as actuacións do mes de outubro.

As tres primeiras citas do mes de no-vembro servirán para pechar a segunda edición do ciclo de teatro afecionado “Carballeira”. Así, o 7 de novembro, “O Trasno Novo” presentará “Conversas na

cuneta mentras a vida pasa alá fóra”; o sábado 14 será o turno da compañía “Vi-chelocrego” con “A visita da vella dama”; e “Axóuxere” pechará o ciclo “Carballeira” con “A gata sobre o tellado de zinc quen-te”, o 21 de novembro.

Unha vez rematado o ciclo en Pe-drouzos, terán lugar as tres últimas se-sións en Ons. Así, “O Bordelo”, coa obra “RIP Marandaina”, pechará o mes de nov-embro coa súa actuación o sábado 28. En decembro será o turno para “A Mámoa”, con “Só unha noite”, o sábado 12; e para os locais de “Trangalleiro Teatro”, que te-rán a honra de pechar o “Outono Cultu-ral” coa representación de “A tía Lambi-da” e “Os casados de pouco”.

Page 20: 76 - ALTAMIRA Nº 76

20 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

AXENDA CULTURAL

Unha axendapara que non se che pase nada

O Concello regala este mes canda a re-vista “Altamira” unha axenda de peto que recolle un avance de todas as iniciativas que se van ofertar aos veciños e veciñas durante o curso 2009-2010. Así pois, nela poderás atopar toda a información sobre cursos de formación ou actividades cultu-rais e deportivas que están previstas para os vindeiros meses, aínda que para estar permanentemente informados sempre é bo botarlle un ollo á web municipal (www.concellodebrion.org) ou estar atentos aos bandos.

Esta pequena e manexable axenda, que poderás levar contigo onde desexes, inclúe unha presentación de todas cantas iniciativas se organicen na área de cultu-ra, deportes, na biblioteca, na escola mu-nicipal de música Magariños e nas áreas de mocidade-voluntaria e formación-alfa-betización dixital. Canda elas figura un in-teresante calendario anual coa previsión de actividades para os próximos meses, así como un útil directorio telefónico no que resolver calquera dúbida.

“Altamira” inclúeeste mes un pequenoboletín que recolle toda a información cultural e deportiva para os vindeiros meses

Máis de douscentos veciños participan nas escolas deportivas

Máis de douscentos veciños e veciñas de Brión participan este ano nas escolas de-portivas municipais. Unhas actividades entre as que destacan especialmente o fútbol sala e a patinaxe, que con 38 e 33 anotados respectivamente son os que congregan un maior número de adeptos.

Tamén é significativa a participación en ximnasia rítmica (25), iudo (27) e fútbol-7 (27), que este ano se imparte por segunda vez despois da construción do campo de herba artificial de Lamiño. Completan a oferta deportiva deste ano os 18 alumnos da escola municipal de tenis, os 17 pequenos de predeporte e 17 aspirantes a emular os éxitos de Pau Gasol baixo os aros.

Destacan especialmente o fútbol sala e a patinaxe

Page 21: 76 - ALTAMIRA Nº 76

HISTORIAS E LENDAS

Na última ALTAMIRA – o número 75 de xullo de 2009- adicabamos este espazo de “historias e lendas” ao santo Arandel e á súa festa. Por un descoido, non puxemos o lugar da Telleira entre as aldeas bastavalei-ras que organizan a festa, cousa que axiña nos censuraron -con razón- os veciños. Ao tempo que nos escusamos, traemos algún retallo da “historia” do lugar, que tamén a ten interesante.

É unha aldea de preto dunha ducia de casas no extremo leste do concello de Brión e lindeira co lugar de Sisalde, da parroquia de Ortoño-Ames. É un dos cinco lugares (A Telleira, Chave de Ponte, Chave da Carballo, Beca e Xinzo) da parroquia de Bastavales situados na marxe esquerda do río Sar. O nome de “A Telleira”, “A Tilleira” ou “As Ti-lleiras” (que das tres maneiras se dicía) venlle dunha barreira existente no lugar e da que se extraía dende hai alomenos do-uscentos anos material para abastecer os talleres artesanais de fabricación de tella que alí había. Un destes artesáns da tella, co tempo, montou un establecemento de alimentación no lugar de Casalonga, na ve-ciña parroquia de Calo, e aínda hoxe corre co nome de “Casa do Tilleiro”.

Estas pequenas fábricas de tella eran frecuentes por toda Galicia, pois por todas partes abundan as terras arxilosas suscepti-bles de seren empregadas para este tipo de cubrición das edificacións. En Brión sábese de outra telleira que funcionou ata os anos da acordanza dos máis vellos nos montes da Rañalonga, entre as parroquias de Brión, Viceso e Ons.

Nesta telleira de Bastavales instalouse en 1975 unha importante fábrica de ladri-llo refractario –Refractarios Sant Yago-, que elaboraba un material de primeira calidade e exportaba a toda Europa. Converteuse nunha das industrias máis importantes da comarca e funcionou moi ben durante me-dia ducia de anos, ata que a crise induscrial de principios dos anos oitenta a levou por diante. Logo, nas súas instalacións mon-touse unha fábrica de cartón, de curta vida, e agora é almacén dunha empresa de mu-danzas.

Como lugar habitado, A Telleira denomi-nouse en tempos “lugar de Bellavista”. Con este nome pretencioso bautizou un rico emigrante de Cuba a mansión que constriu no lugar polo ano 1860. Chamábase Jorge

Tojo Bustelo e foi deputado provincial. Tal como investigou o crego José Pumar, nesa casa de Bellavista viviu e bautizou aos seus fillos. Despois, a súa viúva vendeu as propie-dades e morreu no veciño lugar de Sisalde.

En Sisalde nacera tamén unha velliña que vivía na Telleira e morreu arredor de 1940 pedindo que a soterrasen no cemi-terio de Ortoño, a súa parroquia de nace-mento, cousa que autorizou o párroco de Bastavales. Dende aquela, e a chaque da maior proximidade a Ortoño, todos os veciños do lugar comezaron a pediren os servizos relixiosos nesta parroquia e fóron-se integrando na veciña aldea de Sisalde, fixéronse de Ortoño e incluso se mudaron a todos os efectos para o concello de Ames (padrón de habitantes, catastro, impostos municipais, etc.). E así ata que, polos anos oitenta, os habitantes da Telleira comezaron a reivindicaren o seu lugar e as súas orixes bastavaleiras. Hoxe o lugar da Telleira é un dos vintecatro núcleos que forman a parro-quia de San Xulián de Bastavales, cousa que os seus habitantes levan con orgullo. Tamén participan con entusiasmo na organización da festa do Santo Arandel... Para que sirva de desculpa, queda dito.

Revista Altamira | 21

O lugar da Telleira

Page 22: 76 - ALTAMIRA Nº 76

22 | Concello de Brión

PASATEMPOS

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU DIFICIL

Un pouco de humor...

Page 23: 76 - ALTAMIRA Nº 76

Revista Altamira | 23

ULTIMA PÁXINA

BRIÓN NA PRENSA

20/10/2009 | Novo telecentro con doce postos para levar a aula mentor ata Brión.

06/10/2009 | Brión promoverá o consumo local cunha guía de empresas e servizos.

06/10/2009 | O Outono Cultural brionés trae dez obras ata decembro.

24/10/2009 | Todos os escolares de Brión visitarán a exposición sobre a incidencia do cambio climático.

15/10/2009 | Brión estrea un telecentro con doce ordenadores que ocupa o antigo salón de plenos en Santa Minia.

06/10/2009 | Un alumno do Rosalía de Castro gana o certame nacional de investidagores (Miguel Más - Brión).

17/10/2009 | O Concello de Brión quere reconverter o antigo IES de Viceso nunha residencia da terceira idade.

15/10/2009 | Brión poderá optar á Aula Mentor co telecentro inagurado onte.

05/10/2009 | Juan Pablo Fernándes leva a Pedestre de Brión batendo a marca de Pedro Nimo.

COUSAS DO MUNDO ANIMAL

HAI QUE CHAMAR AS VACAS POLO SEU NOME !!Un estudo realizado no Reino Unido indicou que as vacas que son tratadas cariñosa-

mente polos seus donos, producen maís leite cás que permanecen no anonimato.

O estudo foi levado a cabo por científicos da Universidade de Newcastle e nel parti-ciparon máis de 516 granxeiros do Reino Unido, revela que as vacas que recibiron nome polos seus propietarios producen 214 litos mái que o resto.

Dous de cada tres gandeiros asegurararon que coñecían a tódalas vacas do seu esta-blo e un 48 por cento concordaron que o contacto humano positivo era beneficioso para a produción leiteira.

“O importante é tratar as vacas coma se foran persoas” afirma Dennis Gibb, propie-tario de vacas nas proximidades de Newcastle upon Tyne.

SPIDERMAN EXISTE!!O “lagarto de lume (Agama)” procede de kenia, pode crecer ata 38 cm de longo e

converteuse nunha boa mascota por que é bastante manso e dócil. Sen embargo, son moi delicados e fai falta ter un equipo especializado para manter a súa temperatura ideal.

O lagarto é incapaz de lanzar telas de araña, pero pódese poñer de pé nas súas patas traseiras, e - como Spiderman - pode escalar paredes verticais.

Page 24: 76 - ALTAMIRA Nº 76

Concello de BriónCarballeira de Santa Minia nº 21

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org

sabias que...sabias que...

24anos

En marzo deste ano cumplironse 20 anos dende que se inventase o INTERNET que hoxe coñecemos e que cambiou radicalmente amaneira de comunicarnos.

A estrutura WWW (World Wide Web) foi ideada en 1989 por Tim Berners-Lee, e naceu como un coto pechado á comunidadeuniversitaria, pola sua complexidade e costo.

O Concello de Brión, que conta na actualidade con tres páxinas web: www.concellodebrion.org, www.infobrion.com ewww.briondixital.org, é un dos poucos concellos españois que posue tal infraestrutura web.

No que vai de ano as páxinas web do concello rexistraron máis de 55.000 visitas, o que equivale a unhas 6.100 visitas mensuais,é dicir que un 84 % da poboación que ten actualmente Brión.

Internet avanza, e en Brión avanza case o 100 %

FOTOGRAFÍA: POMBAL DA CHICA en Pedrouzos